Proezas de Galicia, explicadas baxo la conversación rústica de los dos compadres Chinto y Mingote


PROEZAS
D E   G A L I C I A ,

EXPLICADAS BAXO LA CONVERSA-
CION RÚSTICA DE LOS DOS
COMPADRES

CHINTO Y MINGOTE
 
       
Por D. José Fernández y Neira,
Oficial que ha sido de número de la
Secretaría de la Junta Suprema del
Serenísimo Reyno de Galicia, y ac-
tual tercero de Contaduría de
la Real Fábrica de Cigarros
del mismo.
         
CORUÑA MDCCCX [1]
EN LA IMPRENTA DE VILA
Con licencia.
 



Proezas de Galicia, 1810 (PDF).

                                                                      Omnia vincit labor.




                                             PRÓLOGO.


Si mi corto talento, y pequeña instruccion se presenta á tu vista, lector amado, para graduar de poco mérito esta obrilla, te ruego muy encarecidamente tomes esto mismo en consideracion para dispensarme los defectos que notares. Las noticias que he tenido, y lo que observé por mi mismo quando despreciando las comodidades de mi casa, y los emolumentos de mi empleo he abandonado todo por no estar baxo el infame yugo de los franceses, y transité la mayor parte de Galicia para presentarme en el Exército del Excmo. Sr. Marques de la Romana, como lo he verificado; han sido para mi el estímulo mas grande que me ha obligado á referir baxo una conversacion rústica una pequeña porcion de la multitud de echos héroicos que hasta ahora ignoran muchas personas, y harán eterna la gloria de mis caros compatriotas los Gallegos. Me lisongeo de haber sido exâcto en la relacion de los hechos y sus circunstancias, aunque he omitido por varias consideraciones nombrar los pueblos y señalar los sugetos; pero luego vendrá el dia en que puedan marcarse todos estos héroes para admiracion y modelo de la posteridad.

       Presta pues con gusto tu atencion, lector amado, y conserba siempre en tu memoria tan grandes proezas, para imitarlas como debe todo buen español, mientras yo me congratulo con la satisfaccion que recibirán los que han tenido parte en tan héroicos sucesos.


                                             ADVERTENCIA.

       La diversidad que se observa en la pronunciacion y significacion de términos en cada una de las siete Provincias del Reyno de Galicia, me ha precisado á omitir muchos, que ciertamente no se entenderian, y solo me valí de aquellos mas claros aunque del país, á fin de que con la mayor facilidad puedan todos comprender su lectura.


                                             CONVERSACION.


Chinto. ¡Dame meu querido Mingote, dame ese abrazo para min tan deseado nestos cinco meses que fai que nonos bimos!

Mingote. ¿Como che podrei negar amado compadre ese abrazo, si pensei que entoda à miña vida para min abia consolo hasta que te non vise?

Ch. ¿E cómo che foi por acá con esos diabros de esos Gabachos?

Ming. Ome nonme fales deso, porque se me encrechan os pelos da cabeza solo en pensar nas cousas que fixseron. As de saber que carta feira da primeira semana de Frebeiro chegaronche á este lugar vinte è catro ¿qué eu inda dudo aora si eran omes? porque che trahian na cabeza por sombreiros ùn-as da quelas que son coma as bacias da feitar que teñen os barbeiros das Vilas de laton, è logo ninche sey si era cola de besta, ou rabo de boy ò que trahian colgando nelas, porque asi como chos bin escapeiche para ò monte, aunque despois bolbin.

Ch. Pero....

Ming. Agarda un pouco que che bou á decer ò que fixseron. Dempois que rexsistraron todo, colleronche as galiñas que puideron, repelaronchas, derreteronche nùn-a caldeira canta graxsa è pingo encontraron, è meteronchas ali, desorte que se pasaron è coceron seique mais cá manteiga, sin botarlles miaxsa de auga, è correndo banchese à bodega, abrironche as pipas, è sacaronche cheos de viño os caldeiros è olas, deixsando abertas as villas, de maneira que todo ò viño se foi pola bodega; desque sopetearon (que os sopetee Satanás) todo ò dia, foronse à graneira, è sacaron en cestas todo ò trigo è centeo que lles dou à gana, è ceibaronllo diante os cabalos: ¡ah! faltabacheme decir que para facer ò lume partironche as uchas è tabo-retes todos, de sorte que abia ùn-a fogueira que non deseaba eu sinon belos nela. Asi que anoiteceu bolbenche à poñer ò lume os caldeiros con viño, è cando eu pensaba que seria para bañar os cabalos, è mais à eles ¡bin morte que me deixsou! que me deron cò mel, è botaroncho todo rebolto cò viño, è dempois beberon da quelo hasta que ò dexsaron de sobro.

Ch. E ti non....

Ming. Ome cala, que eu che contarei por punto è coma ò que pasou. Cando pensei que se deitasen, bexso que me agarran, è que xsuro à Dios lles abia de traer ali Piculinas: amin que me abian comido todas as galiñas (que esto crehin querian decir) fixsenlles señas (porque esto de tratar con xsente que non fala como os christianos, xsa ti me entendes ò traballo que è) que non tiña mais ¡quen tal lles dixso! pegaronme ùn-a soba, que nin aquelle deron à Christo: à la dempois que mo acabaron de espricar por señas, (que sempre eu pensaba que eran diabros porque che facian ùn-as caretas como ti xsa verias) por berme libre deles, dixsenlles que lles iba buscar as Piculinas ¿pero non sabes ò que fixsen? bendome xsa sin cousa ningù-a, è que cando asi comenzaban coas felecedades que decian, que tal seria ò ultimo; xsunteiche us cantos veciños, è cando estaban mais desprocatados (¡baya pareceme que estou na festa!) entramosche na casa, è á un por un lles fomos cortando as cabezas ¿que tal non fixsemos ben?

Ch. O mesmo que si un Anxsel bolo dexsera, ¿è os cabalos?

Ming. Eses coma seus compañeiros, tamen lebaron ò mesmo camiño: desque acabamos, collemosche todo, è poñemolos en carros para lebar ò rio. Cando che estabamos celebrando esto, oimosche ùn-a bocina, ou trompeta; bolbemos à cara ¡è vimos! tantos soldados que trahian nus paus ùn-as paomas cos brazos abertos. Botamosche à fuxsir, para ò monte è eles tras nos; pero no nos colleron, mas lebaron todos os bois è carros cargados, è puxseron lume à casi todo ò Lugar. Nosoutros que andabamos como ò paxsaro de seca para meca, logo que soupemos que se foran, bolbemos para ó Lugar, è bimos chegar un amigo noso, que se xsuntou cun Frade que tiña corenta è nobe omes xsunta Ourense, è contounos que abian feito tres descargas contra ò Exsercito de Sul, è dempois que lle mataron us poucos dos seus ladrois, que asi lles chamo, è ei de chamar, é se retiraron para outra parte ¿ti bes como brua un xsabalín cando se be acosado dos càs? pois asi dice que che bruaba, è pateaba ese Sul, è que falaba “Une Fraire con cinconte omi tenibii el atreviman de facer frent aun exsercite vitorioso, como el de moa: esti seti farsa futre, è de afusilé tuti.” Pero que burro è ome, coma si lle abian de pordiante, ninlle abian de ter medo. Estubemosche, ome de Dios è Maria Santisima, nobe dias sin ber mais gabachos, aunque tiñamos noticia, que en tal parte bulrraran as mulleres de fulanos, que aculà puxseran fogo as casas, è lebaran ò gando, è as bestas, matando tantos nenos, que ali afusilaron estes, è aquelles omes, é enfin todos os dias oiamos campanas, que este foi ò albitrio que se tomou para que cando biñesen fuxsise à xsente para ò monte. Un dia de madrugada bemos chegar un Cabaleiro, que cuidamos que biña fuxsindo, como todos os dias chegaban Frades, Cregos, Señoras, nenos &c., cando nos ben coa embaixsada de que no nos fosemos do Lugar que chegaban Franceses, sin que fixsesen à ningun mal, è que do contrario queimarian as casas !quen tal oyeu! amarramoscho, fixsemoslle decir à confesion, è logo dimoslle pasaporte. O anoitecer chegaronche outros vinte è dos diabros das colas, pedendo racions para os compañeiros: meu compadre ò Xsuez foise à casa do tio Cristobo, è dixsolle: “Ome teño na casa esta noite vinte è dos Dragós, non hay comodidad para tantos, si me fixseras ò fabor de aloxsar na tua casa algus estimariacho,” è dixsolle Cristobo ¿si ome, si, mandame os que queiras, aunque sean todos? O Xsuez mandoulle catorce, admeteunos con moito agrado, doulles de cear ó que quixseron, è tamen de beber, è eles loucos decian “ser bon Patron, ser bon Patron.” ¿Pero non sabes ò que fixso Cristobo?

Ch. ¿E que fixso?

Ming. Como nonche tiña na casa si non aquelo mas preciso, foise à eira, trouxsoche para facerlles as camas toda à palla que tiña, è dempois que estaban durmindo, pegouche fogo à palla, è él escapou deixsandos fechados. El è verdad que quedou sin casa, pero botou de conta que si dempois lla abian de queimar eles, tibo ò gusto de que ardesen nela. ¡Vallame Dios que gusto todos tiñamos ò ber desde lexsos arder à casa, relinchar os facos, è gruñir os diabrillos de dentro! O resultado foiche, que os catorce ficaron, é os oito da casa do Xsuez tamen pereceron alà de noite, ¿queres creer que despois non beu mais ningun à este Lugar anque pasaron por cerca? Pero tí pensarás que non fixsemos mais nada (¡ò que te engañas!) Douchese en reunir à Paisanage mandada por algus Cregos, è particulares, è ibamosche ò camiño real, eùs poucos poñianse tal como daqui un quarto de legua, è si era pequeno numero de Franceses deixsabamolos entrar, è os da diante empezaban ò fogo, è mentras ibamos outros por detras, è empezabamos à gritar como nùn-a monteria, rendibú, rendibú, è coma eles bian tanta xsente, tiraban de armas, è poñianse de rodillas para que no nos matasemos; pero aunque foran os que foran todos nos parecian nada à sede quelles tiñamos. Nùn-a ocasion entre eu è outro, estubemos axsexsando para un Frances que biña solo polo camiño, anque atras ò seguian moitos mais, obserbamos que mirou aùn-a parte è à outra, è que se deitou, è nos fumonos agachadiños à rentes do balo, è saltamos dun golpe sobre del, que cando quixso recordar xsa se encontrou sin fusil; amarramolo ben, è subimolo à un cerro, è mentras que ò meu compañeiro ò escabechaba, fun aber si biñan mais, òu que rumbo tomaban, cando oio ò meu compañeiro, que me decia ¿Mingote, Mingote, cata aqui que dice este demonio? bolbin ¡è que decia! estabache co as maus lebantadas[2] gritando “seti Aleman, seti Aleman christianus,” es dentonces espriqueille ò meu compañeiro que decia que era Aleman, è él dixsome ¿è que xsente è esa? respondille eu son os compañeyros dos Fra[n]ceses que beñen à axsudalos; è salta ò meu compañeiro, (baya que me dou ùn-a gana de rir) ¿esos son os que eu busco? pois xsa que è Aleman que diga ò credo, que si fora Frances, nin astra eso lle deixsaba, porque xsa estan condenados. Acabado esto notamos cos que biñan atrás se dirixsiron ò Conbento de Tenorio, din recado os xsefes, xsuntámonos, é fomonos alá, è collemoschos coma ò rato na rateira, porque anque fixseron fogo, arroxsámonos con tal furia à eles, que nin un escapou.

Ch. ¿E donde tiñades as municions para todo eso?

Ming. Un-as sacabamolas os Franceses, è outras dabannolas nos Portos de mar aquelas boas almas dos Ingreses, que Dios lles faga tanto ben como eles nos fixseron. Dempois que dimos en reunirnos à catro mil omes, è mais, porque ò mismo era oir á campana concurriamos coma as moscas ò mel, dimos na traza de facer cañons ¿è sabes como? colliamosche un tronco de calquera arbol, escababámoscho por dentro cò seu oido, logo poñiamoschelle ùn-as abrazadeiras gordas de ferro, è desta sorte resistia hasta doce cañonazos. Cando asi nos bimos, xsa nin à toda à Francia lle tiñamos medo. ¿Queres creer que tal foi ò que cobraron os gabachos, que nin por Dios, nin por Xsudas querian subir à montaña, nin pelear cos Brigantes, que asi nos chamaban à todos? pero con todo eso que burros eran, cuidaban que seique no nos abiamos de ir abuscar aunque non biñesen aqui; el è verdad que non se presentaban, pero ibamos nos à seis, è oito leguas no seu encontro, è cando tiñan que pasar algun-a ponte ¿ali era à de S. Quintin? porque se armaba ùn-a estraleria que nonche digo nada: solo podo asegurarche, que se han de acordar das Pontes de Ledesma, Cesures, Ulla, Bea è outras moitas, è en especial da de San Payo; pero ò noso mayor gusto era cando sabiamos que tiñan as racions xsuntas para lebar os campamentos donde estaban, irllas à sacar ¿qué tomabamos ùn-as lupandas de mi alma? è desde que quenciamos ¿à eles que son de Pavia? Ali pillabamos è matabamos catro, acolá colliamoslles un carro de municions, aqui pescabamos outros cinquenta, desorte que tan enfaenados andabamos que nin cuidabamos de semente, nin de nada, sinon pescar è saquear Franceses. Có estas cousas nonche podo ponderar ò medo garrafal que pillaron, porque nin dormian nas casas sinon no monte, non pasaban por camiño algun, sinque aqueles renequajos, que chaman Bultixsures non rondasen un quarto de legoa os lados, pero ò cabo caian moitos, porque si ò tiro non era nùn-a parte, era noutra; pero nosoutros mais ben nos tirabamos os Dragons que ò mismo era coller un que aber disputas sobre quen lle abia de tirar mais polo rabo de besta quelles colgaba na quelas que son coma as bacenicas dos Barbeiros.

Ch. Esos chamanse Morrions.

Ming. Non quero saber como se chaman, porque para min non teñen mais nome que bacenicas. Pero antes de que eu checonte todo ò de S. Payo, dime ti que biche è fixseches por alá.

Ch. Eu, como ti sabes, teño dos fillos no Exsercito, è que me acababa de morrer à miña muller, por non estar nesta escrabitud dos Franceses, tratei de irme xsunta eles, que tuben noticia estaban en Ourense, ò chegar cerca dali bin que toda à xsente fuxsia decendo: que beñen, que beñen, non deixsei de facerme de cargo quen serian. A noite funme cùn bò ome que me lebou consigo, è achamos na sua casa tres Franceses con tanto ribete branco pola chaqueta, è ùs bigotazos retorzidos, que tan lexsos de asustarnos, enfundianos coraxse ¡pero si os biras abrir è cerrar as lacenas è uchas, è rexsistrar todo! nonche parecian sinon que eran amos; non sey ò quelles quixso decir ò dono, que ò agarraron, sacaronlle à chaqueta, zapatos è botis, facendo decontado ir à fonte descalzo, è chobendo, decendolle mil pestes, y que tuti ser dellos. ¿Pero ti cuidarás que amin me deixsaron? ¡busca! ¿tamen corrin igual sorte? Biñemos da fonte, è pensando que xsa abiamos acabado à comision, bimoslles ceibar à auga os cabalos que nonlles chegou à media merenda, è que nos fan bolber à ela, como fumos mais de oito veces, è eles mentras enchendose coma porcos de pernil, castañas, galiñas, è todo ò demais, é como por aquela terra hay pouca leña, queimaron toda à madeira das divisions, deixsàndo rasa à casa.

Ming. Eso nono estrañès, que segun dempois soupen, era porque ò fume non marchitase aquelas pelras asquerosas.

Ch. Como digo de mi cuento, desque se emborracharon, deitaronse á larga, e nosoutros fumonos para fora à falar destas cousas, è das felecedades que nos prometian, cando bimos baixsar un soldado disperso aquen lle contamos todo ò que pasaba, è él dixso: “xsuro à Deus que eses non han de ir resucitar à Paris.” Entramos caladiños na casa todos tres, è botamonos sobre deles, que nin siquera os deixsamos folguexsar: tratamos de rexsistrarlos, è encontramoslle moitos calis, patenas, relicarios è outras cousas de Igresia emboltas en follas de Misales è escrituras, que dempois se restituiron; atamos os cadáveres cos cabalos, baixsamolos ò Rio miño, é ali ¿tumba con todo? que seique foi à pirmeira bisita, anque ò lexsos oimos ùs ayes, que parecian de algun que iba à probar à misma fortuna que os nosos tres, è segun dempois soupemos, foran once, que noutro lugar apiolaron aquela misma noite: bolbemos à casa, è pola mañan temprano tocaron un clarin, è foron à chamar polos tres, è contestamoslles muy serios, ya salir, ya salir, hay une ore; eles contodo eran pillos que belberon à mirar Segunda vez. Como por alá fixseron as mesmas cousas que por acá, è ainda mais, que pedian diñeiro de contribucion, è derramaban todo ò biño, deuse en xsuntar à xsente rabiosa coma serpentes por baixso de corda, que facia neles ùn-a fieiteira tremenda.

Ming. ¿E ti logo non siguiche?

Chint. Si, ome, tomei ò camiño de Monterey, è ò chegar cerca dali tiben noticia que se acababa de dar un ataque polo Señor Romana, è que por ser moitos os Franceses se retirará á Portugal, polo qual tiben que dar à bolta; ¡pero que gusto era cando se esparcian os gabachos que iban de camiño po las casas dos Paisanos, que anoitecian è non emanecian! eu digoche aberdad, que moitos eran os que mataban. Dempois tratei de birme ò Ribeyro, que decian non abia Franceses ¡ali nonche digo nada! porque lles deron ùn-as entradas por tantas veces, que sirviron de minorarlles en gran parte ò numero, è de collerlles moita prata è boas cousas: ¡non quererás creelo!; pero eu bin polos meus ollos algùn-as mulleres acabando de matar os gabachos, cos maridos deixsaban tendidos à medio morrer, ¿è ùn-a ome? quelle deron à noticia de cò seu marido abia morto nun ataque, ela mui resolta dixso; “quixsera ter tamen un fillo para que dese asua vida pola Relixsion, è pola Patria, acabando co esas langostras.” Tiben noticia cò Exsercito se biñera de Portugal, è que se dirixsia à Villafranca: boucheme ali, è en efecto encontreicho, pero nonche chegaba à mil omes, è eso desnudos, descalzos, è sin municions ¿pero quenche dixso ati que por eso estaban cobardes? ò contrario, que apesar de que abia en Villafranca un Rexsimento, composto de nobecentos è tantos omes, è todos cun-as barbas largas coma os Capuchinos, porque dicen que eran da guardia de honor de Napoleon; foronse è escolleronche us poucos da queles soldados bellos, (cos mais eran bisoños) è nun dacame acá esas pallas, de tal sorte os dispuxseron os Señores Mendizabal è Pol, que encerraron dentro do castillo os Franceses, è logo como che hai ali ùn-as bocas calles, mandaron asomar à tropa por todas elas, è como biron esto os gabachos, è que selles disparou un cañonazo cùn-a bala da doce, (porque non abia mais prebencion) pensaron que era un gran Exsercito, capitularonche, é entregaronchese prisioneros; pero cando eles souperon apouca xsente que eramos, è que non tiñamos municions, creo que se sacaron de rabia as barbas largas, con que parecian à aullar diabros predicadores, è que quixseron que non, foron andando para Asturias, à embarcarse prá ó Ingres.

Ming. Ti as de saber como foi ò conto da bolta dos Diputados.

Ch. ¿Toma si osey? como que me encontrei nela, ó principio è este: Cando biñeron acá (que nunca chegaran esos enemigos) deron en irse esparcindo hasta à Pobra de Sanabria, Fonsagrada, Buron è outras partes, è como estas son ùn-as montañas ásperas, pouco è pouco bendo as suas maldades que son xsenerales, trataron de ir escabechando neles, de maneira que chegou amatanza à tanto que se xsuntaron os da cà de Samos, Triacastela, Neyra de Rey è outras partes, è ibanse ò camiño real que bay da Coruña para Castilla, è ali cantos iban, è biñan fosen correos, fosen Franceses facianlles cortesias de fusil. Dempois que xsa se fixseron con moitas armas è municions, pardiez, banse arriba de Cruzul donde os gabachos tiñan almacenados mil è tantos fusis, colleronos è repartironos entre elles, de maneira que xsa se xsuntaban à tres è catro mil omes, armando disputas porque todos querian bir. Como esto era diario, porque us remudaban outros, nonseche escapaba ùn-a rata: bimos que un dia de niebla po la mañan asomaban ùs Coches è caballerias con ún-a escolta de Franceses ¿pegamos có elles ira de Jesus? por mais que adiantaban para abrir paso, non facian nada, porque cando iban diante, dabamos nos abolta pordetras; e bendo eles tal granizo de balas que caia nos Coches, è en todo ò camiño, tomaron á determinacion de bolberse à todo escape para atrás cò rabo entre as pernas, deixsando por reliquias algus cádaveres, è outras cousiñas.

Ming. ¿E ali tocaban as campanas para saber cando eles biñan?

Ch. Non, que ali trazaronche outra cousa millor. Comoche abia abanzadas de paisanos en todas partes as alturas, cando sabian cos diabrillos biñan, encendianche us fachucos de palla, è erguianchos nus paus altos, è dùn-a noutra altura faciase esto con tal presteza, que no espacio dùn-a ora sabiachese no contorno de cinco è seis legoas, è co esto prebeniachese toda á xsente, enterrando primeiro ò que podia, è logo ibase á reunir os puntos señalados. E cando che biñan mil ou dos mil Franceses, è os nosos Paisanos eran poucos, estabanche agachadiños, è ò millor da conta ceibabanlles ùn-a boa descarga, è fuxian para outra altura, è eles decontado botaban à correr para ò monte, è encontrabanchese co bento, (¡pero quen os bia rabiar!) decianche eles: “ò futre dele leñe de la montan salite vali, muchi vali; tuti France estar perduti, muchi Brigan, muchi Brigan,” è desta disposicion che estaba toda aquella terra, cando ò noso Exsercito baixsou por ali para recoller xsente, è engrosarse. Neste estado quixsen bir à dar ùn-a bolta acá ¡pero non sabes ò que pasey! à todo bicho viviente que transitaba prendiancho os Paisanos por espia, è si conocian nel à mais pequena sospeita, decontado ò mataban; (¡eu à berdad alabolles ò feito, porque che abia è hay moito picaro!) pero anque fose un que xsustificase ser bo Español noncho deixsaban pasar, hasta lebalo amarrado coma un Christo os xsefes, è estos tamen che procedian con moito escrupulo co eles, sin respetar charreteras nin galons.

Ming. Eso tamen por acá faciámolo ò mesmo, è foinos mui bo, que por moitos papeis, è correos que pescamos soupemos os seus prans.

Ch. Chegueiche por fin ó Riveyro, è acheiche naquel campo do Carballiño ¿tanto paisano reunido que non podo figurarche? è todos xsuntos alegres coma cucos, guiados por Cachamoiña, Munin è outros particulares, è Cregos, tomamosche ò camiño de Vigo, donde abia outros tantos gabachos como en Villafranca, è asi que eles biron tal caterba de xsente, encerraronse dentro, que nonlles faltaba mais que poñela nos calzos: (xsa ti me entendes) con todo apesar de que selles entimou à rendicion, non quixseron sinon facer fogo; pero colleu un machado Cachamuiña, é empezou á derribar con outros á porta, esdentonces capitularon; entramos dentro, sacouselles todo, è entregaronse ò Ingres; pero ò chiste foi que biñan 400 mui frescos de Tuy para reforzar os de Vigo, è pegamos con eles, desorte que tamen caeron; mais dempois foron os nosos à darlles[3] tentatibas á Tuy que sinon fuxsiran os que ali abia para Portugal tamen caian. Non quero decirche nada da nosa fachenda, è entusiasmo, è moito mais desde que ò Ingres nos[4] dou armas è municions, ese empezaron à facer Rexsimentos, porque che era mui grande. Aqui tratey de deixsalos.

Ming. ¿E adonde te fuches?

Ch. Bolbinche xsunta os fillos, è ò chegar aun lugar soupen que abendose aloxsado na casa dum Crego dous Dragós entraron nela ò tempo que ò patron non estaba ¿pero baya que non adiviñas ò que fixseron? bironche ùn-a paxsareira con canarios, abrironche á porteliña, esdentonces escaparonseche todos, è tan pronto beu ò Crego dixseronlle “Pastor le petit que estar prisioner, bù.. bù..” que è ò mismo que decir boaran; pero ò bo do Crego disimulando ò sentimento que lle causou, contestoulles “no importar, no importar”, mais dixso para consigo, tamen vosoutros abendes de boar para ò inferno: (¡meu dito meu feito!) douchelles ben de cear, fixsolles à cama separadamente, è alá de noite cando estaban roncando coma os porcos, pegou co eles acompañado do criado con tal disimulo, que dentro de pouco fixseron boar os dous para resucitar no París de Lucifer; sacoulles ò diñeiro que tiñan, é os corpos coas sillas dos cabalos è roupa, ceibounos nùn pozo. Noutro lugar tamen che entrou un Frances nùn-a casa veu ùn-a costureira boa moza, è decontado empezou à quecer, formando empeño en que se abia dir à cuxse (que che hè à cama) co el: à pobre da rapaza ¡miña xsoya! resisteuse un pouco, è baise collea en brazos, è iba el mui teso à bulrrarse de la, cando un mozo que lle deran noticia do que pasaba estubo asexsando, è ò tempo que iba achegar à ùn-a pouca palla, baise por detras, è cùn-a visarma que lebaba doulle tan gran golpe na cabeza quella divideu en dous añicos, è dentro dun instante toda à calor do Frances bolbeuse en frialdad; enfin siche oubera de contar destas cousas nunca acabaria, è asi bou ò asunto. Cheguei à Vila de Mónforte, cando neste medio tempo empezan à decir, que beñen os Franceses: à Xsunta que abia, eos prisioneros forense para á outra banda do Sil, è nos que como tibemos noticias do Sr. Martinengo que nos defendesemos que biña el para batirse, puxsemos ùn-as cubas, è outros atrancos no ponte da Vila, por donde eles segun asua ruta debian pasar (parecendonos que ò rio nono podian badear por ir grande) è subimos un cañon que tiñamos da catro á altura de S. Vicente, è nesta disposicion agardamolos con moita resolucion, mirando ó mesmo tempo como se iban coronando as alturas de paisanos, armados con gadañas, fouces, escopetas, machados è outras armas: ali como cousa das sete da mañan ben muy fresca á pirmeira abanzada Francesa, è desde que à tubemos à tiro, ceibamoslle un, que non deixsou de barrer algus Franceses: è les que biron à resistencia, è que abia artillería, mandan recado atras, è beñen sobre Monforte mais de tres mil enemigos, descargamos outro cañonazo, è bimosche caer ò Comandante dun batallon; desde que obserbamos tanto Frances, è nos eramos poucos, empezamos tiro bai, tíro ben, mentras cus cantos paisanos estaban con fusis facendo fogo na ponte para impidirlles ò paso, è desde quelles encaixsamos trinta è nobe cañonazos, que non abia mais prevenzon, tratamos de escaparnos polo outro lado ¿pero pilleiche un medo garrafal? porque os grandes diabros nomentras que nos estuberon entretenendo polo lado da ponte, vadearon ò rio, è cercaronos dentro da Vila, mais sinembargo cuidando que de todas sortes acababa as miñas aventuras, puxsen ò corazon en Dios, ¿è pes para que vos quero? peguei à fuxsir, è encontro cinco demos, que estaban ò lado dun camiñiño por donde eu iba, rexsistrando us carros de roupa, è tan pronto me biron correr, empezaronme por detras à facer (cos diabros llas fagan) cortesias de fusil, è ún-a foi tan cortés que me abreu un-a orella ò medio, pero eu nonche sintin astra dempois que bin caer à sangre, porque os rios, silveiras balos, viñas è todo para min erache mel: unime cos Paisanos è conteilles ò que pasara; ena sua compañia estiben dia è medio agardando polo Sr. Martinengo, que nin beu, nin pareceu, è pola conta tibera orden para unirse co Exsercito, è desque ò soupemos, foise cada un para sua casa ¡pero que desconsolo! ber tanto ome, muller è nenos mortos, porque como selles fixso resistencia, è biron tanto diluvio de Paisanos os Franceses, á todos mataban, è ibanchese os castañales, è como estaba ali agachadiña á xsente, facian ùn-a carnicería tremenda, basteche ò decer que en vinte è catro oras que estiveron na Vila, mataron nela, è nos seus contornos mais de mil personas, è puxseron fogo amoitos lugares, lebando os bois è bestas cargados con todo canto acharon, ¡eu na miña vida bin tal, porque pensei que era ò dia do xsuicio! Dempois que soupen que marcharan, bolbin à Monforte para seguir amiña ruta, pero ainda quedei mais asombrado ò ver entrar ùs acabando de morrer, outros sin pernas è brazos, è outros chorando po los pais, hermanos &c.

Ming. ¿E que preparativos abia ántes de entrar ali os Franceses para armar à xsente?

Ch. Cando eu cheguei todos os dias biñan mozos da queles contornos è ùs poucos de Oficias que ali abia eran os que enseñaban ò exsercicio, è para mantelos xsunto cosque tiña ò Sr. Martinengo, recolliase diñeiro de todas Xsurisdicions que estaban libres, è para calzalos è vestilos abiache no Convento de Santo Domingo ùn-a porcion de zapateiros è xsastres traballando baixso à direccion do Prior, è dous Diputados da Xsunta, è tamen che abia un taller de carpinteiros facendo caixsas de fusis, è cureñas para os cañois, de sorte que estaba tan ben ordenado, que non parecia si non ún-a Maestranza do Rey, è si nonche biñeran os Franceses, fariase ali ùn-a artillería terrible, porque se iban aconstruir cañois de madeira, como ti xsa me dixseches, è as de saber que ali nonse andaba con chiquitas, porque aqueles berrugos que tiñan moito diñeiro è nono daban sacaballo à Xsunta à forza, è nonche chegaba ali soldado ningun que decontado non se armase è vistise. Pero volvendo ó meu conto, tomeiche ó camiño de Neyra de Rey para dar cos meus fillos, mais acheiche cinco mil farrucos que estaban ali acampados; è eu que xsa tanto medo lles tiña coma ò vento que solo fai ruido, pasei as doce da noite por entre eles, è boteime do outro lado da baixso cò ánimo de chegar à Meyra, donde me dixseron que estaba ò Señor Mahy; pero cando cheguei, xsa este se abia retirado à Pobra de Sanabria, collin ò camiño para ela, è por todas as partes que pasei abia tal entusiasmo que nonche podo espricar, è eso que toda à terra estaba asolada: arribei atempo que xsa viña trasmin ò renegado de Ney, que iba para Asturias, è sime descuido un pouco péscame; pero eu era tan arteiro como él. Xsa ò Exsercito se abia ido para à Fonsagrada, è asi que pola mañan me erguin, tomei ò camiño, è tampouco achei ali mais que ò Parque de Artillería un pouco mais abaixso, donde chaman Buron, è ò mismo foi velo que me alegrei coma un cuco; tomei ali indagazon, è par diez aseguraronme que toda à xsente estaba nas ribeiras de Piquin ¡aqui achei tanto ome que nonche digo nada! pero veras ò que me sucedeu: as duas horas beñen os Franceses, è principiase un ataque tremendo donde sahiron ben escamados, porque verás como os colleron: eles coa fachenda que acostumbran baixsaron ùn-a costiña hasta ò rio, è vendo esto ò Sr. Mendizabal, foise por detras è cortounos. Como tiñamos poucas municions, è se estaba ò Exsercito organizando, xsunto con que se viña anoite, determinouse po lo Sr. Mahy temendo malograr à accion, porque eran muy bisoños os soldados, è os que tiñan fusis ben poucos, ò deixsalos, dempois que pagaron en forma ò pato ¿pero ti non creerás ò que che bou à decir? pois teñoche testigos delo. Cando estaban nùn-a ponte facendo ún-a guerrilla enemiga fogo con outra nosa, pasou ùn-a muller fuxsindo, è salese decontado un frances tras dela, è dempois que fixso ò que quixso volveuse para à guerrilla, cuidado que ò vin po los meus ollos, è tamen andar un oficial frances à sabrazos co eles para que abanzasen, porque xsuro abrios temblaban de medo: aora considera que cando coa morte à vista, ofendian à ira de Dios tanto ¿que non farian noutras ocasions que puidesen?.. Achey por fin os meus fillos è ò Girgorio ferido dun muslo tan contento como si non fora nada: estibenme co eles algus dias; pero erache un alabar á Dios ò ver chover xsente nosa coma moscas, coma que oubo dia de cerca de mil os que biñeron, esto sin contar cos oficias que chegaban feitos ùn-á miseria, è cando estos estaban asi mira que seria dos pobres soldados: baya digoche à verdad, parecian tizós de negros, flacos è desnudos ¡mais corazons coma leons! Dali à algus dias chegaron de Asturias vestuario, municions è catro cañonciños, que fixso vir con diñeiro ò Sr. Romana è desque se vistiron è calzaron ardian de coraxse coma Tigres para ir à batirse: doulles este gusto ó Sr. Mahy, è camiñanos co él ò frente para Lugo: biñeronos os franceses à esperar muy satisfeitos, pero foron tales os pirmeiros encontros que tuberon co à segunda division è coa caballería, que botaron à fuxsir para xsunto à Lugo, è ali nun sitio muy ventaxsoso para eles como acostumbran fixseronse firmes coa artillería: chegamos nosoutros à cousa das duas, é chovendo, principian os indignos con tal fogo vivo de cañon que dun tiro barreron tres paysanos xsuntos ¿pero quenche dixso à ti que se acobardaron? cerraron ò flanco con tal primor que me rio eu da tropa mais veterana, è quedeime pasmado à tal ver, cando antes nas marchas á moitos cobardes todo selles iba quedarse à facer as suas necesidades, è ò ver tal postura, era capaz de desanimar ò millor xseneral, pero neste acto desengañeime de que aquel aspecto era efecto dos traballos è miseria; dempois que os enemigos fixseron à pirmeira descarga, animados os nosos polo Sr. Mahy, que diante estaba gritando “viva Fernando Setemo, Religion y Patria” Amigo arroxsamonos con tal furia sobre de les que nin Lobos nos ganaban, è à presteza con que á artillería maniobraba non parecia sinon que era divina: véndose asi bulrrados, è que si se descuidan non escapa un, botanche à correr para Lugo coma as Ovellas cando as persigue ò Zorro, cerranche de portas, è nos rodeamolos dentro, en terminos que as nosas centinelas estaban falando coas deles, dicindose trescentas mil pestes. Intimouselles à rendicion, pero non quixseron entregarse porque tiñan trazado ó que bou à contar: Pensando que toda à tropa nosa estaba descuidada, salenche ò terceiro dia de sitiados xsa desesperados con tal impetu, que à no ser ò noso valor è lixseireza dos xsefes, pode, pode que nos fixsesen correr; è de repente volvemos à pegar co eles, dandolles tal soba que se volveron à encerrar dentro co ànimo xsa de entregarse dempois que botaron un bò granizo de balas, que ùn-a fixsolle ùn-a contusion pequena ó Xseneral Mendizabal ¿si viras concurrir Paisanos armados á axsudarnos, è traer racions? ¡baya aquel era un pasmo! Esperaronche à noitiña à queimar as casas dos arrabales con outras cousas, de maneira que non parecia sinon que ardia à Ciudad, cando neste estado chegou ùn-a espia nosa (que nunca parecera) decendo que biña Sul de Portugal con doce mil homes, è que xsa estaba cerca, es dentonces coma as nosas forzas eran pequenas (porque non sabiamos que estaba derrotado da sorte que beu ¿que si non, non escapaba?) Tratou ò Sr. Mahy de retirarse à Villalba como ò fixsemos, è soupemos que ò dia siguiente foron ò noso campamento, queimaron as barracas, mataron os soldados que atoparon cansados, è enfermos, è cometeron outras perrarias terribles na queles lugares. Dempois fumos á Mondoñedo à xsuntarnos co Sr. Romana, è dali volvemos à Meyra, Samos, Monforte è Ourense, è eles tras nos coma os cas, sin atreverse achegarse moito. Sahimos à atacar à Sul, que decian estaba cerca; pero botou à correr para Baldeorras. A este tempo biñeron à Celanoba os Xsenerales Ingres è Portugues à acordar co Sr. Marques da Romana ò modo de pescar à Sul è Ney, cando neste estado tibemos á noticia de San Payo, que quero que me contes.

Ming. Bou à eso; pero pirmeiro tomemos un polvo que ainda puiden gardar con outro pouco nun promo con que socorrin ò meu Crego en algun-as ocasions, porque os diabrillos cando lle rexsistraron à casa lebaronlle canto tiña, como facian en todas partes.

Ch. Tibeches fortuna, que eu sinon que fose us poucos de cigarrillos que me tocaron na refrega dos que ceibamos ò Rio Miño xsunta Ourense, que partin cos meus fillos, adoecia; pero volvamos ò conto, que ò teu polvo alvendoume,

Ming. Dempois, que como xsa me dixseches, te marchaches de Vigo, deronse en ir formando Rexsimentos, è recollendo todos os soldados que abia dispersos; logo presentouse ali un Comisionado po la Xsunta Central, que lle chamaban Murillo, è era un ome que eu inda non vin outro de mais fídagos que él, porque fose con moita xsente, ou con pouca, ala iba os Franceses, é tirabase à eles, como os rapaces à froita, como que vendo esto fuxsian de nos coma do lume, anque non facian nada, porque os ibamos à buscar à Pontevedra, Caldas, Padron, è cerca de Santiago, mais non se atrebian apresentar diante nos, si non que fosen miles, è trouxsesen moitos cañons, è metralla.

Ch. Non eso creocho ben, porque estando coma oitocentos durmin-do nun Convento de frades Bernardos, oiron ala de noite tocar ùn-as bocinas (que xsa sabes ti se tocan os porcos bravos para que fuxsan) é tal pavor lles entrou, que se levantaron á media noite, colleron os fusis, è botaron á correr; ven que á verdad esto non debia estrañarse, pois poucos dias abia que alá xsunta à Bacelo biñan sesenta de acabalo, è preguntaronlle á un paysano por donde era ò camiño para Lugo, é él guiounos para donde estaba ùn-a gran braña, co mismo foi chegar à ela espetaronse de tal sorte cos cabalos, que anque traballasen toda ùn-a mañá inda non sey si sahirian; pero no mentras que sucedeu esto, foise ò bon do Paysano tocou de campanas, xsuntouse à xsente, é pegaron co eles de tal modo que hasta que os despacharon non pararon.

Ming. ¿Eso supo entendela? fixso coma ò meu veciño Fuco, que abendolle embargado à Xsusticia ó seu carro para bagaxse, foi co él ò sitio señalado, è ali achou ùn-a caterba de ladrois Franceses que lle facian ùn-as carantoñadas terribles, decendolle si era dos brigantes; por último fixseronlle cargar de prata, diñeiro è outras cousas, è tomou ò camiño mais humildiño que à terra, anque lebaba ò corpo cheo de veneno: desque andubo un pouco, sacou ùn-a navalla do volsillo, è ò descuido con cuidado foi abrindo un saco è quitando diñeiro, è dempois que encheu os petos à seu gusto, botou à fuxsir, deixsandolles carro è bois; pero volvendo ò meu conto, cando à terra estaba toda asi levantada trouxso Dios ò Xseneral Carrera con dez ou doce cañons grandes, è algu-a tropa, è pardiez arreglou à xsente de tal sorte, que xsa dempois era un Exsercito composto, porque se lle presentaron moitos oficias veteranos, è Rexsimentos. Desque asi nos vimos collemos para Santiago co ánimo de tomar à Cruña tamen: abanzamos por fin, è entramos en Santiago ò remate dun tiroteo terrible, verdad que si non fora ùn-a Vila aberta como è colliamos todos cantos gavachos è traidores nela abia.

Ch. Pois ne se mesmo tempo que tomastes à pirmeira vez à Santiago era cando nos tiñamos encerrados os de Lugo ¿mira como andaba à festa?

Ming. Como beu Sul de Portugal è Ney de Asturias desque se reforzaron è uniron à xsente, tiñan tramado ò vir à collernos; pero nos que ò chegamos à oler, retiramochenos para S. Payo, è eles tras nos, è de todas as barcas que abia fixsemos ùn-a Ponte, porque à antigua estaba cortada, è desta forma se estubo à xsente embarcando toda à noite, tocando à gaita è divertindose no mentras que nún-a encuberta se colocou toda à artillería. O dia siguiente presentouse Ney coà sua division, è empezamos nos tal fogo de cañon que barria neles que era un gusto, mentras que por outra parte ùn-as lanchas que lle chaman cañoneras tamen zorregaban balas nos Franceses, que era un primor; nosoutros que nunca tal nos abia sucedido, porque nas refregas que tiñamos diarias non abia aquel órden, estabamos pasmados; pero à alegria que tiñamos en ver caer franceses, mentras que por outra parte à nosa mùsica resonaba no medio dos vivas à Fernando setemo, facianos olvidar todo canto viamos tocante ò temor, è infundianos à porfia ganas de arroxsarnos coma Leos à eles ¿pero si viras à Ney? espumaba pola boca mais que ò mar, è desque veu que todas as tentativas que facia para pasar eran coma botar ó aire à pólvora, nonlle faltava sinon tirarse un tiro, è á fe que si se detuvera un pouco mais, pode que non fose necesario, porque dun matamoslle ò cavalo, è doutro tiramoslle ò sombreiro da cabeza, è vendo èl que acousa non era chanza pegache à fuxsir ¡ira de Jesus! ò mismo que un touro cando ò aferretan, è à sua imitazon ò resto da division fixso ò mismo, è entonces sairon à acompañalos, è gardalles as espaldas os tiradores dos Rexsementos que abia, è us poucos de Catalans, pero eles marcharon tan agradecidos que non agardaban nada, porque che corrian coma un barco cando hay tempestad, hasta que se encerraron na Cruña.

Ch. ¿E vosoutros porque nos seguiches para collelos à todos?

Ming. Hay home que nos dixseron lles biña reforzo atras, è que volvian à atacarnos, è asi non quixsemos perder à posicion, nin espoñernos; è as de saber que os que nos atacaron eran mais de dez mil, è nosoutros anque eramos doce mil útiles de armas, solo abia catro mil ¡pero ò ver à axsilidad, è ò valor do Xseneral Carrera era un pasmo! è co seu exsemplo no nos conociamos à nosoutros mismos, como que anque se nos presentasen para cada un catro Franceses, tendriamos amenos contestarlles à non ser que biñesen, ó menos media ducia, ¡mira que tal estabamos! Desque eles trataron largarse à toda prisa da Galicia: (que ainda Xsudas nos largue à esta hora) camiñamos para Santiago è Cruña, è os pobres dos habitantes (¡miñas almas!) choraban de alegria, è non sabian ò que nos fixsesen; pero ahora asme de decir ¿porque nonlles fostes à cortar ò paso è sacarlles as riquezas que lebaron?

Ch. Cando ò Señor Romana estaba combinando ò pran para eso (que meu amor ben traballou) foi ó picaro de Sul, è tomou as alturas de Larouco è Baldeorras, único paso que tiñamos, è de tal forma che son que un ome que estéa no alto ceibandoche ùn-a pedra derriba ùn-a ducia: ¿è á vista desto como abiamos de temerariamente empeñarnos nùn-a cousa en que de precision saiamos mal? as ganas no nos faltaron, mais millor foi volvernos, como ò fixsemos à Ourense, è desde aqui os meus fillos marcharon na banguardia para Villafranca, è outra division baixsou à Lugo, de cuyo modo se foron repartindo; mais eu hasta que non vin ningun na Galicia non quixsen dar à abolta: ahora ben, xsa que ti me fixseches esta pequena reconvencion queroche preguntar ¿porque deixsastes vir à Sul por Ourense, è meterse en Lugo? ¡desta pilleite!

Ming. Ome non seas burro, è perdona, si foi no mentras que tomamos à pirmeira vez à Santiago, è non sabiamos que tal ome viña ¿como abiamos de ir batirnos con èl, è mais traendo à tropa que se decia?

Ch. Si eso era asi, non digo nada; pero non sey coma os da que- las cercanías nos saludaron nos tránsitos. Ming. ¿E logo ti inda estás neso? desde á salida de Portugal hasta chegar cerca de Lugo donde lles volveron á pasar revista, faltaronlles mais de tres mil homes ¡considera ò camiño que levarian!

Ch. Pode ser verdad, porque po la beira da quel Rio Miño, que pasa por Ourense, non se via outra cousa mais que cavalos mortos, pedazos de sillas, morrions, è hosos, era tal ò cheirume que abia que che bastaba para matar à xsente.

Ming. Con todo eso gana de volver acá pareceme que nona han de ter.

Ch. ¡Do demo! pois si de cerca de setenta mil que entraron, non foron mais que vinte mil en tan pouco tempo, è eso que non tiñamos aquel valor que agora, porque estabamos amilanados è sin armas ¿cantos eran necesarios desque nos adorna todo? ò menos doscentos mil.

Ming. Pero baya que non sabes ùn-a cousa.

Ch. Sabrey sima contas.

Ming. Que he tal à tristeza que teño desque estou imposibritado de matar franceses, que apenas como nin durmo, è pareceme que si agora tibera diante anque fose un exsercito de les, iba alá decontado.

Ch. ¡Mira que adefecio! à moitos lles sucede ò mismo, è eu sò un deles; pero por non ver os destragos que fixseron, vale mais que se estean por alà que siquera non sementan aquelas xsudiadas de meter os Cavalos nas Igresias, queimar os Santos, cortarlles as cabezas, levar as cousas sagradas; è en fin, os omes que poñen un cavalo no medio da Igresia nùn-a tumba con fachas ò rededor, cantando coma os Cregos, tocando todas as campanas, è facendo outros escarnios na Magestad de Dios (como sucedeu en Santiago) sin duda non pode menos que deixsar escomulgada toda á terra que trepen.

Ming. Ome è verdad, pero ò acordarme de semexsantes cousas, ò ver os Lugares enteiros è Vilas que queimaron cos demais destragos ¿como queres que me conteña? Con decirche que na Vila de Cé entraron na Igresia, apuntaronlle á custodia, è acertaronlle de tal maneira que buou à Santisima Ostia, levandose en seguida ò viril, ¿esto non è canta xsudiada se pode discurrir è facer? pois todo xsunto ten infundido tal rabia á xsente desta terra, que dará mil vidas, ántes que suxsetarse á menor cousa que toque à francesa, porque temos por feitos infernales as cousas de les.

Ch. Por todas partes estan todos do mismo modo de pensar. Queira Dios conservémos os mismos sentimentos, è que sinembargo de que estamos libres non desmayémos, sinon sempre ánimo, ánimo, ¿y à eles que son de Pavía? Agora meu compadriño xsa que tiben à felecedad de que te acreditases non ser cobarde, è ser un bò Español, moito mais te ei de querer. A Dios astra que axsa mais bagar que che ei de contar algunas mais cousiñas con que nos queria engañar ò gabacho Napoleon coma fixso alá nesos Reynos do Norte; eu no me pasmo de lo, que como él ten tanta artimaña non è moito que os engañase; ¿pero él biña à nosoutros con eses contos? ¡mal pocadiño que pouco sabia quen eramos os Españoles! Tibera presente alguns romances dos que contamos no inverno xsunto à lume, pareceme que algo lle darian en que entender. A Dios volvo à decer, co demais è conto de nunca acabar; memorias à miña comadre Xsacota è Martiño.

Ming. Pois logo à Dios astra mais ver.



ERRATAS.
Pág. 
13...
27...
Id...
Lín. 
18.
15.
20.
 Dice.
Lebandas. 
Darlle...
Non...
 Debe decir
Lebantadas
Darlles...
Nos...


Notas editar

  1. Hai unha edición de 1893, miniaturizada, prologada por Andrés Martínez Salazar, con ilustracións de Román Navarro e Urbano González, e outra de 1984, dentro da colección da Editorial de los Bibliófilos Gallegos.
  2. No orixinal lebandas, corrixido para lebantadas na fe de erratas.
  3. No orixinal darlle, corrixido para darlles na fe de erratas.
  4. No orixinal non, corrixido para nos na fe de erratas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


  Tódalas obras orixinais deste autor atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 80 anos.
As traducións poden non estar en dominio público.