Wikisource:Texto destacado

(Redirección desde «Wikisource:TD»)
Atallo:
WS:TD

O texto destacado é unha sección mensual da portada.

Actualmente o texto destacado é:

Texto destacado

O avellón. — Alfredo Brañas. 1884.


   Unha noite de inverno en que eu estaba
nun tallo xunto o lume e me quentaba
maus e pes, dito seia con perdón,
sintín petar con forza á miña porta,
e coidando que houbese algunha liorta,
fun abrir cun fungueiro e cun tizón.



   Desfechei e atopeime co fociño
de Alifonso, do fillo de Goriño,
que é por certo un garrido e bon rapás.
Viña calado e feito un churumicas
porque morrera a tía das Furricas,
que ó amañecer lle dera un paratrás.



   Falamos da difunta, que era boa,
e morreu sin caérselle unha moha,
e deixa algúns cartos e un cebón.
Dimpois que de este xeito parolamos,
dixo moito Alifonso: Agora vamos
a velala esta noite no avellon.



   Moitos cicáis non seipan cuasemente
ó que chama avellon a nosa xente
das Rías no país encantador.
Como unha forma abonda para proba,
contareiche o que vin en Vilanova
un día do avellon, caro lector.



   Tremando co friaxe, eu e Alifonso
dempóis de marmullar dentro un responso,
botamos a correr hastra abafar,
e chegamos á casa da difunta,
onde estaba á familia toda xunta
con mantelos coberta ó pé do lar.

Outros textos destacados na portada

Mes Texto seleccionado
Xaneiro: Proezas de Galicia (Xosé Fernández Neira, 1904)
Febreiro: Campaña da Caprecórneca (Luís Otero Pimentel, 1898)
Marzo: Os probes de Deus (Luís Amado Carballo, 1925)
Abril: O avellón (Alfredo Brañas, 1884)
Maio: Contos da miña terra (Rosalía Castro de Murguía, 1864)
Xuño: A lama dos preitos (Luís Otero Pimentel, 1907)
Xullo: O Pintureiro (Eugenio Carré Aldao, 1911)
Agosto: Ana María (Xuan Xesús González, 1925)
Setembro: Maxina ou a filla espúrea (Marcial Valladares, 1880)
Outubro: Conto de guerra (Camilo Díaz Baliño, 1928)
Novembro: A nosa língua (Xoán Vicente Viqueira, 1918)
Decembro: Ir por lan... (Bernardo Rodríguez Ribeira, 1904)

Todas as páxinas con prefixo "Texto destacado"

Modelo

A continuación, móstrase o modelo que deberán seguir as subpáxinas que conteñan os textos destacados:

<center>'''''[[TÍTULO]]''. — [[Autor:NOME_DO_AUTOR|]]'''. [[ANO]].</center>
{{Prose}}
TEXTO
<div style="text-align:right;">'''[[TÍTULO|continuar lendo...]]'''</div>
</div>
<noinclude>[[Categoría:Textos destacados]]</noinclude>