¡¡Reerguervos!!


¡¡REERGUERVOS!! FALA UN LABREGO D'A CRUÑA       Juan Fernández Merino       1898
 


¡¡REERGUERVOS!! [1]
___


FALA UN LABREGO D'A CRUÑA
______


Ao xigante e festivo vate E. Larbarta Pose
N-a redació de Galicia Moderna

Pontevedra


         Véndovos en roda diante das grorias da pátrea, os meus ollos verten bágoas de agradecimento, o meu peito se axiganta e o meu curazón late e sinto a miña sangue envermellarse polas traiciós dos fillos espúreos. Ninguén pode aventaxarme no querere e nos sentimentos patreótecos, pero véndovos hoxe en rode e facendo unha fortísima muralla, recórdome daqueles celtas corpudos e guerreiros, daquelas ialmas nascidas ó pé do Miño, do Sil e do Sarela, xigantes homes que batallaron pra nos dare unha terra fermosa e cheia de encantos de de marabilleiros feitos.

         Fumos os máis traballadores e os máis hercúleos homes. Fundamos pobos na antigüedade; fixemos monumentales cousas, e tivemos unha ademirada puxanza.

         Hoxe quédanos moito dos tempos millores; ¡quédanos a sangue daquela forzuda raza! ¿Quen dixo que non temos hoxe o que tivemos cando fumos os reises do mundo? ¡Moito ollo, aínda hai glóbulos roxos nos curazós do pobo gallego! Si hai tantas testas baixas e tan mortas paxiós, non rebulen éstas nos pobos dos celtas. Aló hai xigantes guerreiros; aló viven pra groria da Nación española os fillos da guerra e os héroes dos feitos brilantes.

         Déronnos língoa, costumes e relixión nosos millores homiños: Pelayo, Pardo de Cela, Andrade, Rodríguez de Padrón, Conde de Lemos, Feijóo, Sarmiento, Aguirre, os precursores, e os que máis traballan hoxe polo rexionalismo gallego, xa nos dixeron quen era Galicia e quen foi ese pobo galaico na antigüedade: ¡o máis guerreiro, libertador da raza celtíbera!

         ¡Poetas, collede a lira pra cantar de novo as grorias gallegas! Non temos medo ao estranxeiro. Cando á pátrea pide peitos fortes e varoniles e pra loitar pola groria, e pra demostrar aos aventureiros que non se mofa ninguén da raza ibérica, sempre vencedora, sempre groriosa. Cinco anos de guerra, non é nada pra nosa xente: ¡pode guerrear, sin medo á morte, dous centos anos!

         En África, Puerto Rico, Cuba, Filipinas e demais terras fixermos ó que faremos mañán con xente porca.

         Os gallegos de Cuba foron os pirmeiros que fixeron brincar de rábea aos porcos do Novo Mundo. Mariños e mariñeiros gallegos foron os pirmeiros que dispararon seus cañós contra tantos larpeiros, novos gabachos, porcos, pelendres. Os mares das antillas e a brisa das praias cubanas refrescaron as fisonomías dos valentes Suances Barcáiztegui, Enríquez, Manterola, Lahera, Rodrigo, Moreno, Pastor, Villalba, Aguirre, Calvar, e moitos máis capitás e tinientes de pirmeira, náuticos gallegos que honran a terra galaica.

         ¡Eulate, Deschamps, Montojo e Boado!, catro mariños inmortales na historia gallega.

         ¿Quen lle nega á nosa terra unha das máis brillantes páxinas no ano de mil oito centos noventa e oito? ¡Ninguén, porra, pode negarlla! É menester que Galicia teña súa boa groria nesta guerra que comenza para ben da pátrea e dos seus fillos.

         Non deben calarse os millores feitos gallegos;

         E temos dereito a loitar contra quen quer terra do pobo ibérico. ¡Veñan, veñan, e xa verán quen pode vencer pola pátrea!

         O noso goberno non ten pizca de vergoña, é menester que o noso pobo se lle impoña agora como se lle impuxo na guerra da Independencia española. Entendan os gobernantes espúreos da terra norte americana, que á pátrea de Gonzalo, de Vivar, de Prim, de O’Donell e do primeiro guerreiro do mundo civilizado, ¡Pelayo!, non baixa á cachola pra que lle den na testa; que ten boas fouces pra lles facer cóchegas nos seus corpos.

         Mentras haxa sangue gallega teremos pátrea galaica e Nai Española.

         As mulleres gallegas, cando morran pola pátrea e os seus homiños, viran a Cuba pra lles dar puxanza e pra axudar a seus filliños. Cuba ten que ser sempre de España, queiran o non queiran os porcos do Novo Mundo.

         ¡Galicia, pátrea dos grandes feitos e das potentes forzas; xardín do ceo e fror cheirosa nos eidos nosos; garradiña e meiguiceira señora nas chouzas de Castela; filla a máis calada e recollida das millores e máis garridas fillas; folla fermosa do lugar máis ademirado entre os lugares máis fermosos do Cantábrico; centinela xigante nos mares do vello mundo; virxen pra nosoutros inmaculada posta polo Redentor entre palmeiras, vals e rías douradiñas; menxaxeira pombiña que do ceo baixaches pra brilar no mundo polos teus feitizos; Galicia, Galicia adourada, deixa que fale este probe galego na léngoa que falaron teus millores xenios; deixa que che ensalce, deixa que che bique, deixa que che mande unha aperta e un suspiriño do fonda da súa ialma!

         ¡Ti non morres, miña vidiña...!

         ¡¡Reerguervos, galaicos, que o demo non trunfa!!

Fernán Minero

Notas

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar


  Tódalas obras orixinais deste autor atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 80 anos.
As traducións poden non estar en dominio público.