Constitución española de 1978/Preámbulo
Este texto precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo de Wikisource. Pode axudar a mellorar este texto e outros en condicións semellantes. |
Constitución do Reino de España
|
|
Preámbulo
editarA nación española, desexando que se estableza a xustiza, a liberdade e a seguridade e que se promova o ben de cantos a integran, no uso da súa soberanía, proclama a súa vontade de:
Garantir, dentro da Constitución e das leis, a convivencia democrática, conforme unha orde económica e social xusta.
Consolidar un Estado de dereito que asegure o imperio da lei como expresión da vontade popular.
Protexer tódolos españois e pobos de España no exercicio dos dereitos humanos, das súas culturas e tradicións, das súas linguas e institucións.
Promover, para asegurarlles a todos unha digna calidade de vida, o progreso da cultura e da economía.
Establecer unha sociedade democrática avanzada, e
Colaborar no fortalecemento dunhas relacións pacíficas e de eficaz cooperación entre tódolos pobos da Terra.
En consecuencia, as Cortes aproban e o pobo español ratifica a seguinte Constitución.