Portada

Campaña da Caprecórneca. — Luís Otero Pimentel. 1898.

I

NOS MONTES DE LESTEDO

Onde fago memoria de como me perdín nas brétemas dos montes de Lestedó, unha ves que, sendo mociño, volvía da feira de Mezonzo, acabalo do meu faquiño e acompañados do meu can.

  Cando un é mociño pásanlle cousas do trasno.
  Un día que fun á feira de Mezonzo, cando volvía prá miña casa, montado no meu faquiño, cerráronse de brétemas os montes de Lestedo, e colléronme as tenebras neles.
  Botouse a noite encima, negra como a concenza do usureiro, chovía moi miudiño, e eu non vía o camiño que levaba o faco, nin siquera as orellas deste. Xa perdera o tino, non sabía si iba ben ou mal, e deixei que a besta me levase pronde ela quixese.
  O cabalo tampouco debía estar moi seguro do camiño da nosa aldea, porque andaba perguiceiro e receloso como quen non sabe onde pon o pé: despois de moito tempo que anduvo de este xeito, non quixo andar máis e parouse.
 Eu xa levaba medo, pero aquela parada, púxome os pelos de punta, facéndome voar a monteira.
 Faleille polo baixo ó cabaliño, pra que seguise andando, pero el sigueu parado.
 Chamei por Palomo, o can que viña con nosoutros, pero non me respondeu.
 Porta, casa nin aldea non había, porque non se oía cousa viva. Non se vía lume, non cantaba o galo, non roncaba o porco, non bruaba o xubenquiño, nin ladraba ningún can. Eu nunca vira cousa semellante.
 Abrín ben os meus ollos, pra ver que había diante; pero non vin máis que si os tuvera pechados. Botei o pé á terra. Abracei a cabeza do faco, dándolle un bico na frente, e despois baixeime e tentei o chao, pra ver si tramos camiño ou carreiro; pero non topei unha cousa nin outra: alí non había máis que fieitos, toxos e carpazas. Estábamos perdidos nas soedades da montaña.
 De súpeto chegou ós meus oídos facéndome estremecer, un triste méeee, de unha ovella, presa nas espiñas das silvas ou noutras uñas peores; e arrimándome ó meu cabaliño, sentín que el tamén tembraba morto de medo.
 Volvím a chamar por Palomo pero tampouco contestou. Un lóstrego alumeou o monte, e vin que o can estaba moi caladiño debaixo da barriga do cabalo.
 Estonces eu escramei: ¡Probes de nosoutros, meus filliños, esta noite teñen festa os lobos!


Sobre Galicia

Outros textos

Índices

Autores:
A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z

Obras:
A  B  C  D  E  F  G  H  I  J  K  L  M  N  O  P  Q  R  S  T  U  V  W  X  Y  Z

Séculos:
s. XII   s. XIII   s. XIV   s. XV   s. XVI   s. XVII   s. XVIII   s. XIX   s. XX   s. XXI

Participación

Podes consultar a Axuda para obter máis información de como participar, na que atoparás información de como comezar a colaborar. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 3 553 contas de usuario rexistradas en Wikisource, e entre elas 4 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan en Wikisource son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos e espazos de conversa.
Afonso II · Agostiño de Hipona · Francisco Añón · Xela Arias · Aristóteles · Ramón Armada Teixeiro · Emiliano Balás Silva · Pedro Boado Sánchez · Alfredo Brañas · Xosé Manuel Cabada · Amado Carballo · Martín Codax · Conan Doyle · Martín Balza · Baudelaire · Roberto Blanco Torres · Bernal de Bonaval · Bécquer · Beethoven · Edward Bellamy · Carré Aldao · Castelao · Rosalía · Diego Antonio Cernadas · José Cornide · Curros Enríquez · Alphonse Daudet · Patricio Delgado Luaces · Camilo Díaz Baliño · Anselmo Feijoo Montenegro · Juan Fernández Merino · Xosé Fernández Neira · Engels · Johan de Cangas · Alain-Fournier · Piotr Kropotkin · Xoán Xesús González · Urbano González · Lago González · Valentín Lamas Carvajal · Manuel Leiras Pulpeiro · Xosé Lesta Meis · Lorca · Enrique Labarta · Antonio López Ferreiro · Losada Diéguez · Machado de Assis · Manuel Antonio · Marx · Ángeles Maestro · Vladimir Maiakovski · Mendinho · Amador Montenegro · Nan de Allariz · Nietzsche · José Noguerol y Camba · Airas Nunes · Luís Otero Pimentel · José Pardiñas y Villalobos · Poe · Valentín Paz-Andrade · Xosé Pérez Ballesteros · Pessoa · Heraclio Pérez Placer · Pero da Ponte · Xoán Manuel Pintos · Pondal · José María Posada · Eugène Pottier · Bernardo Rodríguez · Ruiz Aguilera · Sá de Miranda · Sarmiento · Johan Servando · Walter Scott · Joseph Smith · Bram Stoker · Sun Tzu · Marcial Valladares · Valle-Inclán · Antón Villar Ponte · Vicente Viqueira · El Viejo Pancho · William Butler Yeats
Wikipedia
Wikipedia

Galipedia
Enciclopedia

Meta-Wiki
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary
Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks
Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikiquote
Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies
Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews
Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity
Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage
Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata
Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki
MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento

Lingua