Abrir o menú principal

A filla da patrona

25 A filla da patrona Xuan Xesús González.jpg
A filla da patrona, 1926, Xuan Xesús González, Lar.jpg
A filla da patrona, Rogamos a vostede nos axude.jpg
A filla da patrona, páxina 1.jpg


A filla da patrona       Xuan Xesús González       1926
 


L   A   R

    REVISTA MENSUAL    
Direitor: LEANDRO CARRÉ

Administrador: ANXEL CASAL
Ano 3

Setembre de 1926

Núm. 25

A   FILLA   DA   PATRONA

NOVELA ORIXINAL E INÉDITA

POR

Xuan Xesús González

(Portada de CAMILO DÍAZ)



IMPRENTA LAR

Real, 36 -1.º

A CRUNA
A filla da patrona, derradeira.jpg
A filla da patrona, traseira.jpg




Rogamos a vostede nos axude


   Coa presente son 25 as novelas que levamos pubricado. Ninguén ata o de agora fixo un esforzo tan grande para arrequentar a prosa galega; un esforzo que vai dando o seu froito, pois non sômente algúns vellos escritores escribiron novas obras, senon que un númaro non pequeno de literatos mozos acodíu ao campo das letras cunha importante engadega de páxinas ben trazadas.

   O noso esforzo, en troques, anúlase ante a indiferencia dos libreiros, salvo honrosas esceicións, que non atenden as nosas pubricazons nin as espoñen nas suas vidreiras, impedindo así que os lêtores poidan saber cando aparez un novo número das novelas LAR. Esto réstanos difusión; a difusión que por comenencia de todos convén que teñan as novelas galegas.

   Por esto rogamos aos nosos lêtores, aos nosos amigos, que propaguen as pubricacions LAR antre as suas amistades e parentes, cô que farán unha obra de cultura e patriotismo contribuíndo ao espallamento e progreso da literatura galega.

   As novelas de LAR póñense â venda o derradeiro sábado de cada mes.




A   FILLA   DA   PATRONA


I

PELEXA, lacoeirona, pulpón, cara labada, cara negra, sin vergoña! ¡Tés ben pouco senso lercha dos demos!

   Entramentes tua nai se mata, afoga e se mirra co traballo, ti fundida no leito, durnindo. Son as dés da mañán, cando tod'o mundo anda pol-as ruas e a miña filla nas mantas. Non hai millor vida que o non ter nada, ladran os cáns; eu estoume na cama. ¡Inda ti durmas o xuicio, meiga dos demos! ¡Imposibre que non te ollara unha bruxa; ¿Qué soberbia botaría eu, meu Deus..?

   Iste era o rezario de improperios, de verbas grosas e pesadas que todas as mañáns a miña patrona, a Señora Andrea da Rúa Travesa, lle rezaba a sua filla Mercedes pra que saira do leito no que se estomballaba âs oito da noite e do que non saía deica o día seguinte âs dés e meia da mañán despois do correspondente sermón da sua nai, que cuase todos os días viña a ter moito do que mais arriba finamos de ouvir.

   Un pouco, Mercedes, queixábase de que Ile doía

- 1 -




[...]




da rua e ao despedirme bicoume amistosamente nos labres. Non tiñamos emoción. Aperteille unha man e sain en silenzo. Comenzaba o abrente a espallar a sua prata lumiosa sobor da fidalguía da cibdade.


VIII

   A miña vella amiga Mercedes. aquela muller, que, non cabe dúbida, estivera namorada de min, e eu de ela, estaba amancebada con un vello millonario que lle daba o que ela queria, que a dreizaba co-as millores xoias, e as millores regalías. Un vello que ao colleta de sirventa namorárase de ela e a trasformara en unha princesa.

   Durante aquel mes que eu pasei na cibdade, o amante de Mercedes, viaxaba pol-o sur atendendo negocios de moita importancia.

   Todos os atardeceres iba tomar o te co-a miña amiga que n-outro tempo fora miña pousadeira, miña sirventa e poidera ser miña compañeira. Todos os días conversábamos das mesmas cousas pero sin emoción, sin calor espiritual, sin a inquedanza do recordo. Ao finar o mes de permiso que tiña, sain da cibdade, sin despedirme siquera de aquela muller que me amara e que me apreciaba aínda.

   Dendes daquela non voltei á saber mais nada de ela, nin pra ben nin pra mal.

   Xamais voltamos a nos tropezar no camiño da vida.

   Eu hoxe creio que son mais filósofo que médico.


Xuan Xesús González

Compostela 15 de Maio de 1926.




EX LIBRIS
LAR