A tecedeira de Bonaval


A tecedeira de Bonaval       Antonio López Ferreiro       1894
 


"Aa mamoria" - "Un aviso ao bondoso leutor" (páxinas 5-15)



    [páx. 5]


AA MAMORIA

DOS MEUS QUIRIDOS E INOLVIDABRES PAIS


         Perdonade, sombras quiridas, si eu ouso turbar o tranquilo sosego que nas rexiós celestiales vos mereceron a vosa fe e as vosas vertudes da gran Misericordia do noso Dios. Nestas páxinas escritas naquel mesmo lenguaxen que eu deprendin a tatexar cando me tiñades no voso regazo, intento recordar os mais dooces e soaves recordos da miña vida. É un grau de incienso que quero queimar na ara que nun rincon do meu peito vos adiquei, e a lume da cal aspero que nunca s' apagará.
         Acordádevos de voso agradecido e amante fillo

ANTONIO



    [páx. 7]


UN AVISO AO BONDOSO LEUTOR



    POR si che pega a ventoleira, leutor amabre, de recorrel-os catro borranchos estampados nestas brancas follas, no-me leves a mal que eu d' anteman che diga algunhas poucas parolas acerca do caletre desta pequena obriña. Ben sey que, ao soilo vel-a, machiscarás e darás aa cabeza; e sóbrache razon, poisque tal é o milagre das do seu pelo, que non merescen outra cousa; que calquera home de seso, ao caerlle entr' as maos unha obra de tal caste, ten moito de que escamarse.
         Non pretendo eu que a miña seya millor, nin siquera tan boa, com' as suas compañeiras. ¿Qué xuncras ha de valer unha obra feita sin


    [páx. 8]


    pran, sin concerto, sin a necesaria sabencia, escanaveirada e que se cay a pedazos? O unico títolo que poida teer esta zaragallada para a tua benévola acollença, é que ti, leutor humano, queiras folleal-a por consideracion ao autor, que é un vello cansado, que, para tranquilar as inquietudes e as acias do esprito, púxose a estribillar ca pruma engaduxando unhos cantos párrafos na nosa dooce fala gallega. Alomenos, algo che debe mover a circustancia de que hachase bálsamo pra as suas fridas, nos recordos, na estorea, nas cousas da patria quirida, espricadas cas mismas frases e cos mismos vocables con que alá noutro tempo nosos abóos parolaban e se entendian.
         E, neste particular, non che digo mais. Agora perdóname si ainda che deteño outro pouco para decrararche as razoos que tiven pra adoutar a ortografia que notarás neste escrito.
         Un dos distintivos mais propios da fala gallega, é que na composicion das palabras, mormentres na fala familiar, manden as vocales sobre as consonantes. Ningun outro dioma, sacando o grego, abunda tanto en vocales como o noso. Temos tritongos e ditongos a barullo, e vocales largas ou dobres, ou compostas, ademais das comuus ou breves, quer abertas, quer cerra-


    [páx. 9]


    das (1). Na trascricion dos tritongos e dos ditongos pouca dificultá pode haber; porque, espresando as vocales de que se compoñen, xa estamos fora do paso. O conto é cas vocales largas ou dobres. Si tiveramos, como os gregos, sinos distintos pra espresar as vocales largas ou breves, entonces xa non habia costion; pero como tales sinos ¡quénol-os dera! hay que acudir a outros medios. Os medios hastra agora empregados pra o caso, redúcense a dous; ou repetir a vocal breve cando ten o valor de larga, ou marcala con un acento ou cousa semellante. A min paréceme preferible o primeiro medio, porque o acento sol facer mais cortados e irtos os sonidos, e, por consiguente, failles perder aquela pastosidá e aquela moleza que está tan ben na nosa fala. Este, por outra parte, é o recurso que empregaron os nosos vellos, como se pode ver poI-as escrituras antigas.

    ————
    (1) Ainda o dioma portuxés, que é noso hirman, ou, por mellor dicir, noso fillo algo olvidadizo, non pode competir con nos neste punto. Asi por enxemplo, eles dicen Bento (Benito) e nos Bieito; eles fento (helecho) e nos fieito, etc.
    Non se me esquence que n' algunhas comarcas de Galicia dicen fento (helecho) ao que en outras se chama fieito, mais aquí non habemos de ir tomando nota das diversas formas que poidan usarse en cada país, sinon do que é mais usual e correuto en toda a rexión gallega.


     

    [páx. 10]


         Ainda n-alguns ditongos tropézase ca mesma dificultá. Tal é o ditongo que resulta da xuntanza da perposicion a co artícolo a, o (Ia, el). Agora douse en escrebir este ditongo ao estilo dos Portuxeses. Non me meto cos Portuxeses, porque eles terán as suas razoos para obrar asi; mais, ao meu pouco entender, este modo de trascribir o tal ditongo, si que mete moita confusión e destroi a sintaxis, deixando no tinteiro partes tan prencipaes na oracion como son as perposicios. O caso é q' os mismos Portuxeses, cando se trata do ditongo que forma a perposicion a co artícolo masculino o (él), entonces déixanse de acentos e estampan as duas vocales ao unha tras d' outra. Eu, que son tradicionalista hastr' os miolos, atéñome tamen nesto ao que nos insinaron os nosos abóos.
         A trascricion do sonido tan carauterístico do dioma gallego que equivale ao da g francesa siguida de e, ou de i, fíxome cavilar non pouco. Nun prencipio pareceume que debia aterme aas regras que tan sabeamente sentou o Sr. D. Marcial Valladares no seu Dicionario gallego; e os argumentos que me movian a opinar asi, ao meu xuicio, non eran froxos. É verdá que alguns prifiren a letra x pra a representacion do dito sonido, fundados en que esto facelita moito


    [páx. 11]


    a comprension e escritura do Gallego. Esto é indudabre; mais ¿é o bastante pra resolver a costion? ¿non é de sumo interes o conservarlle a cada palabra a sua propia forma e filausia, e a forza nativa e íntima do seu sinificado? O certo é que a ningun pobo culto lle deu, que eu saiba, por romper na escritura da propia fala cos antecedentes etimolóxicos. E si consultamos a ortografia que siguiron os nosos antigos, nos seus escritos, tamen temos o mismo.
         Pero (e este é un triste pero) ¿hay esperanza de-que a nosa faliña seya algunha vez estudiada e cultivada con todo aquel aparato de nocions filoxíxicas, etimolóxicas e gramaticaes que hoxe se estila? Paréceme moito pidir; e non lle votemos toda a culpa aos estraños, pois os da casa podiamos facer algo mais. Pol-o cual dicidime ao fin a adoutar a x. E esta letra ten pol-o menos a seu favor a autoridá do noso insine e malogrado mayestro Saco e Arce.
         D' outra particularidá do noso dioma debo enxergar unhas cantas palabras. De tal modo conserva a nosa faliña a vertú qu' os filólogos chaman aglutinante, que moitas diciós para poder millor, como si dixéramos, encolarse cas que lle siguen, ou cas que van rixidas delas, perden ou cambéan a letra ou letras derradei-


    [páx. 12]


    ras. Nótase esto especialmente nas perposicions en e con; a pirmeira, para quedar máis solta e libre para xuntarse co artícolo que dela vay rixido, íspese da e do prencipio; e a segunda, pra o mesmo fin, despréndese da o e da n. Asemesmo, a r con que rematan os infinitivos, cambéase en l, que é consonante líqueda mais mol, cando ten que xuntarse cos pronombres personales de terceira persona; e a s final dos pronombres de plural da primeira persona, cambéase tamen en l, cando detrás do pronombre vay enseguida o artícolo correspondente; por enxemplo: nol-os gallegos por nos os gallegos.
         Pra indicar esta propiedá do gallego, e ao mesmo tempo pra evitar a oscuridá e a confusion, meto, como xa fan moitos, entre as palabras encoladas ou aglutinadas, ora o guion, ora o apóstrofo. Por eso, estos sinos conomízoos canto mais podo, para non darlle a escritura a traza de un papel de múseca.
         Ben sei que n-algunhas cousas destas apártome da Ortografia hoxe xeneralmente siguida no escribir o gallego; pero como estamos no periodo costituente, falemos com-os políticos, creyo que cada un pode espoñer franca e lealmente as suas opinions. Pero, pol-a miña parte, protesto que estou prestes a adoutar e siguir ao


    [páx. 13]


    pe da letra as regras que d' algun modo oficial se poñan e establezan.
         Agora fáltame dicir algo sobre o acento, ou seya o tono e infleusion da voz conque falamos os gallegos. Moito se nos apopea e desprecia aos gallegos; poI-o noso acento, sin facérense de cargo os que nos critican, que tamen eles neste punto teñen bastante que rascar. É certo co noso acento (e agora non falo dos defeutos na pernunciacion) é algo froxo, e, si se quer, arrastrado, e que, pol-o consiguente, forma un vivo contraste co dos castellanos, que é seco e súpeto como un estalo (1); pero non ten as afeutaciones e os finxementos dos d' outros sitios. Recórdese a propósito desto, o que dice Cervantes da Gitanilla, que falaba ceceoso, non porque esto nas xitanas fose naturaleza, pois era artificio. Pero como nos Madriles, que é a corte, se da a pauta pra o gusto, e aló impera o artificio e non o que é naturaleza, de aqui é que fagan bulra e mofa do acento gallego, e, en cambio, dean as laudes e poñan nas nubes a outros mais viciosos e defeutuosos.
         Non é de estrañar, pol-o tanto, que o noso

    ————
    (1) Deles xa dixo o autor do Poema d' Almería: Illorum lingua resonat quasi timpano tuba.

        

    [páx. 14]


    dioma, aquel dioma a quen en outro tempo tanto respetaron e apreciaron D. Afonso o Sabio, o Arcebispo de Toledo D. Gonzalo de Palomeque, o Marqués de Santillana, e outros insines literatos, teña que retirarse agora avergonzado, e esconderse, e, a portas cerradas, para que naide o vexa, atender aas suas cousas. E sin embargo, desta fala tan aldraxada, hoxe vense craros refrexos n-aquela obra inmortal que é o representante mais xenuino e lexítimo da literatura española.
         Tarde piache, así espresamente decia Sancho Panza, cando os paveros aqueles da insula Barataria o importunaban para que non-os deixase. E o famoso D. Quixote, n-aquela improvisada Arcadia con que topou, indo pra Barcelona, ao dar as gracias poI-os ousequios que lle fixeran, dixo, como os nosos labregos, que de desagredecidos estaba o inferno cheo (1). E o mesmo Gobernador da Barataria, n' outra ocasion, contestándolle ao amo nas refleusios que estaba facendo, despois de reconocer unhas imaxees de santos a cabalo, como si quixera arromedar aos nosos paisanos —Dios lo oiga —dixo moito— y el pecado sea sordo (2).

    ————
     (1) De los desagradecidos está el infierno lleno.
     (2) En boa hora sea dito, e o deño sea sordo.

     
    [páx. 15]


         Secos como arestas (aristas) tiña os ollos a Condesa Trifaldi; e D. Quixote matou, que non apagou, as duas velas que lle puxeran no castillo do Duque, pra que se ispise e deitase a noite que a bromista Altisidora lle dou a serenata. Non se lle cocia o pan no corpo aa Duquesa hastra que leyeu a carta de Teresa Panza; e D. Quixote n-aqueles tan bóos consellos que lle dou a Sancho pra gobernar a insua, encargoulle moito que non arrotase (eructase); que non quixo valerse da palabra regoldar, porque este é un dos vocables mais feyos que ten a lengoa castellana.
         Esta lista ben-a podiamos alargar moito mais; pero acabarei con aquel, Eu ben sey-o que me compre (Yo bien sé lo que me cumple) con que D. Quixote lle tapou a boca a ama e a sobriña, pouco antes de caer enfermo da sua últema enfermedá.
         Algúns outros puntos podia tocar aqui; mais esto xa se vay facendo moi pesado, e asi, ca paz de Dios despídome de ti, leutor amabre.