A terra chama
A terra chama Uxío Carré Aldao
UNHA leda e xuguetona rayola meteuse es-
trevida pol-as regandixas das mal pe-
chadas contras d'unha fenestra e, cal se
quixera que non tardara en se recrear
coa visión do ben que lle agardaba, veu
á lle bicar agarimosa nas meixelas espertando do
doce son coa sua morna quentadura.
Medio abertol-os ollos e coma quen de pronto se
non dá boa conta do sitio onde se atopa, ollou,
cursidoso e coma recordando, á seu redor, inda non
vencida de todo a preguiza do sono.
O ledo chiar dos paxariños acabouno de espavilar
e tivo d'aquela o acordo de que non estaba xa á
bordo do barco no que retornara das Américas se
non que era na vella casona dos seus pais e na
pintoresca aldeia de Sergude, o sitio no que pasara
a noite.
Erqueuse de medio lado no leito, axexou no seu
torno e, aos poucos, foron saíndo da penumbra
en que estaban envoltas cousas conocidas abondo
e que, malia de non habelas visto facía tempo, lle
falaban de outros día.
Eisalou un forte salayo de home satisfeito e logo
marmulou coma para sí:
Notas
editar- ↑ Iglesias, Xabier: Os libros de Ánxel Casal 2/9/2012.