Abellas de ouro/A siña Gabriela


ABELLAS DE OURO       Xosé Lesta Meis       NÓS - VOLUME XXXVI - A CRUÑA - 1930
 




A SIÑA GABRIELA


I


   Esa vella, velliña, que vedes tódolos días pla mañá cedo, moi cedo, pouco despois de canta-lo galo a derradeira vez, pola eira adiante, e da eira para a casa, e da casa para a eira, e da eira para a horta, e da horta para o curral, é a siña Gabriela.

   Non hai rapaz na aldea que non conoza a súa voz e os seus berros, nin que algunha vez non tivera que saltalo portelo da súa eira fuxindo do can e das amenazas da siña Gabriela, por defende-los figos, e as peras e mailas cereixas, da rapiña do rillotes.

   ¿Por que a siña Gabriela madruga tanto e por que cando outros se erguen xa ela está chea de traballar? ¿E por que, sendo tan vella, velliña, e non tendo máis que catro ósos que terman dela está decote traballa que traballa, sin dar descanso ó seu corpo?

   Pois veredes.


II

   A siña Gabriela tiña unha filla casada. Esta filla tivo catro fillos, varóns todos eles. Púxose mala, levouna











<<<< >>>>