Ano Novo       Antón Losada Diéguez       Nadal, 1926
 



Publicado postumamente no n.º 71 da revista Nós o 15/11/1929.[1]


Ano novo, vida nova
Ano novo ¿qué traerá?
O vello sospiros leva
O novo ¿qué levará?
Ano que de festa naces,
O pasado xa pasou
Y-a primavera enverdece
O xardín que se murchou,
Mais sei d'abondo ano novo
Qu'o tempo que se vai indo
Pra sempre leva o cheirume
Das froles que van caíndo.
Ano novo, vida nova;
Ano novo, outro virá;
O vello sospiros leva,
O novo xa os traerá.


Notas editar

  1. Páxina 191 do n.º 71 da revista Nós en Galiciana, Biblioteca de Galicia.

Véxase tamén editar