As almas da noite
As almas da noite(Con anacos do meu interior) Manuel Antonio 1920
As almas que levamos
van de noite e trasmigran
Véñennos outras novas
de tono menor
máis axeitabes e ben guiadas
Imos coa auto cárrega
e axúdannos
rexémo-la mellor.
Xa coñecen as roitas
os descansos
e os paisaxes presintidos
Acenden lámpadas nas nosas devocións
E sonnos un fanal de vidros mansos
E sabémo-lo seu leit-motiv
Adiviñámo-las cando dialogan
Queren suavizarse si presinten o agarimo
Por compracernos
inda que solaguen
unha lonxá merancoría
xogan.
Pola mañán
vánsenos despedindo
anestesiándoos co seu arrecendo
Quén pode unxir a súa pesadume?
A nós déixannos durmindo.
<<<< | >>>> |