Axuda:Control de autoridades

Atallo:
A:CDA

O control de autoridades é unha forma de asociar un identificador único aos artigos na Wikipedia. Isto resulta útil para diferenciar artigos con títulos iguais ou moi semellantes, así como para establecer un título único para un mesmo artigo coñecido por máis dun nome. As ligazóns de datos do w:control de autoridades poden atoparse ao final dos artigos da Wikipedia, ligando cos rexistros correspondentes de diversos catálogos mundiais como VIAF, LCCN, ISNI, GND, SUDOC, BNF, MusicBrainz, NKC, BNE, Dialnet, IMDb etc.

O control de autoridades permite aos investigadores facer procuras de forma máis sinxela para un determinado tema ou artigo, sen necesidade de diferenciar temas homónimos de forma manual.

O modelo empregado para incluír o control de autoridades nos artigos é {{Control de autoridades}}. Os valores e códigos para cada identificador que aparecen neste marcador edítanse e/ou engádense na páxina do Wikidata correspondente ao propio artigo.

Exemplo

editar

Dado un artigo calquera:


 


pasamos a Wikidata, onde engadimos os datos, por exemplo o identificador LCCN:


 


 


ou a Dialnet author ID:


 


 


Ao volver ao artigo da Wikipedia e limpar a caché (ou facer calquera edición) automaticamente aparece o Control de autoridades e os códigos:


 

Véxase tamén

editar