Calquera entende este enredo


Calquera entende este enredo, sainete nun acto       Euxenio Charlón Arias e Manuel Sánchez Hermida       1916
 


Calquera entende este enredo


Sainete comico, en un acto, por los Sres. Eugenio Charlón y Manuel Sánchez Hermida.


Estrenado en el "Teatro Jofre" del Ferrol, la noche del 12 de Marzo de 1916.


Reparto
Vicente                                Charlón (E)
Anestasio                                Sanchez Hermida (M)
Guardia                                Charlón (E)
Borracho                                Sánchez Hermida (M)


La acción, en El Ferrol. Epoca actual


[f. 2]

Calquera entende este enredo


Escena 1ª


Vicente

Coidado comigo, què é moito conto co-a xenta esta. Ven un cô seu nagocio pra ver de ganar catro cartos, é solo atopa disgustos, porque ¡douna o demo! si vin xente con mais vento; en canto mangan un traxe de picorros nin xudas para con eles... pois valgalle que mo fixo aquí... si me fai tal aución, aló pol'a Mourela ou pol'a Cruz d'o Pouso, iva levar que rascar... xa lle diria eu si ese e xeito de tratar co-a xente; ou pensan que somos carneiros porque vestimos de lan; e ademais que non habia razón pra me agarrar d'aquela maneira; con me decir que non fora pol'o Andén xa estaba todo romatado pro, asi e todo, el ven via que pol'o medio d'a rua ainda non anadan os cas. E como un non ten o xenio gardado díxenlle o que viña a-o conto... abíades de ver aquel home como se puxo avinagrado; hastra me meteu as maus n'os petos pra ver si lebaba farramenta. Eu non estou moi caido en leises, pro, parceme que a ordenanza non lles manda ir a-os petos de naide, e iso... mirando ven por onde apalpan... porque hay partes moi res- [f. 3] petadas que non son pra manosear ningun home por moita seguridá que manteña.


Escena 2ª


Anestasio

¡Trage un rayo! ¡Coiro! que si soupera quen foi... aseguro a Dios mi alma[1] si non'o habia de peneirar ben

peneirado...

Vicente

Que che pasa Nestasio? ¿onde vas tan enfurruñado?

Anestasio

Home, mesmamente iva pra casa d'Angelito aver si t'atopaba pra que viñeras canda min

Vicente

Pois, aqui me tes; ti dirás o que queres

Anestasio

Pro ti saves o que me pasa? Vicentiño...

Vicente

Eu non, namentras non mo digas

Nestacio

Pois que teño a beta no untamento...

Vicente

¿E por iso te desgustas? non teñas pena, home, que ali tratanas ben, ¿E como foi parar ali?

Anestasio

Pois veras; boteina a pacer n'aquel souto que hay enfrente d'Angustia, e por cuaselidá, disque pasou un municipal, que sin mais acá nin mais alá, lebouna [f.4] mira ti que mal facia alí!

Vicente

Pro ati, tentaronte os demoros! ¿non sabes que aquelo e un xardín?

Anestasio

Sei, home, sei, si ven vin as pilas, pro eu precurei de poñela no lugar mais limpo, pra que non se m'embarroara

Vicente

Non, home, non, si non é dises xardís que ti pensas, e un xardín de recreo pra respirar aires saudabres

Nestacio

Saudabres de donde, Vicente, pro ti viches aquelo, pra falar asina, si aquelo imbra; pouco lle falta pra lle igualar a-o rio de Figueiras, e xa ves que ali... paxaro que se pousa, paxaro que queda embisgado...

Vicente

Si, pois vaite con esas andrómenas a eles que has de sacar bo pelo

Nestacio

Logo, e mentira o qu'eu digo

Vicente

Mentira non pro aquelo consta como recreo por que hay xente pra todol'os gustos [¿]ti non sabes que hay a quen lle gusta ter o esterco dentro d'a casa[?]

Nestacio

Ti que me dís!

Vicente

¡O que oies! Aqui nin o demo entende este enredo, sacannos d'e vender na praza de Arm[as] por que din que lixuga a nosa mercancia y en cambio, meteste neses que lles chaman xardis é non ves mais que queixos de periquito. Tamén a min sin razon ningunha por nada me fan a santísima

Nestasio

E logo ¿que che pasou?

Vecente





  1. Subliñado no orixinal


BibliografíaEditar


  Tódalas obras orixinais deste autor atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 80 anos.
As traducións poden non estar en dominio público.