Campaña da Caprecórneca       Luís Otero Pimentel       1898
 



Campaña da Caprecórneca, PDF.

Biblioteca do semanario gallego FOLLAS NOVAS, da Habana

CAMPAÑA
DA
CAPRECÓRNECA
NOVELA GALLEGA
HESTÓRECA, FANTÁSTECA E POÉTECA
POR
Don Luis Otero y Pimentel
(L. DE OUTEIRO)

___ * ___
HABANA
___
Imp. "El Comercio Tipográfico," Amargura 32
1898.




ADVERTENCIA DE LOS EDITORES


[...]



I

NOS MONTES DE LESTEDO


Onde fago memoria de como me perdín nas brétemas dos montes de Lestedó, unha ves que, sendo mociño, volvía da feira de Mezonzo, acabalo do meu faquiño e acompañados do meu can.

  Cando un é mociño pásanlle cousas do trasno.
  Un día que fun á feira de Mezonzo, cando volvía prá miña casa, montado no meu faquiño, cerráronse de brétemas os montes de Lestedo, e colléronme as tenebras neles.
  Botouse a noite encima, negra como a concenza do usureiro, chovía moi miudiño, e eu non vía o camiño que levaba o faco, nin siquera as orellas deste. Xa perdera o tino, non sabía si iba ben ou mal, e deixei que a besta me levase pronde ela quixese.
  O cabalo tampouco debía estar moi seguro do camiño da nosa aldea, porque andaba perguiceiro e receloso como quen non sabe onde pon o pé: despois de moito tempo que anduvo de este xeito, non quixo andar máis e parouse.
 Eu xa levaba medo, pero aquela parada, púxome os pelos de punta, facéndome voar a monteira.
 Faleille polo baixo ó cabaliño, pra que seguise andando, pero el sigueu parado.
 Chamei por Palomo, o can que viña con nosoutros, pero non me respondeu.
 Porta, casa nin aldea non había, porque non se oía cousa viva. Non se vía lume, non cantaba o galo, non roncaba o porco, non bruaba o xubenquiño, nin ladraba ningún can. Eu nunca vira cousa semellante.
 Abrín ben os meus ollos, pra ver que había diante; pero non vin máis que si os tuvera pechados. Botei o pé á terra. Abracei a cabeza do faco, dándolle un bico na frente, e despois baixeime e tentei o chao, pra ver si tramos camiño ou carreiro; pero non topei unha cousa nin outra: alí non había máis que fieitos, toxos e carpazas. Estábamos perdidos nas soedades da montaña.
 De súpeto chegou ós meus oídos facéndome estremecer, un triste méeee, de unha ovella, presa nas espiñas das silvas ou noutras uñas peores; e arrimándome ó meu cabaliño, sentín que el tamén tembraba morto de medo.
 Volvím a chamar por Palomo pero tampouco contestou. Un lóstrego alumeou o monte, e vin que o can estaba moi caladiño debaixo da barriga do cabalo.
 Estonces eu escramei: ¡Probes de nosoutros, meus filliños, esta noite teñen festa os lobos!


II

LOBOS E MEIGAS


Como soupen por que se parou o meu cabalo, o medo que tiñamos os tres viaxeiros de ser comidos polos lobos, ou levados polas meigas; e como o meu Palomo ganou unha batalla, sin eu saber con que crase de enemigos pelexara.

  Galicia ten catro montes moi famosos en lobos e meigas...

       Son o Faro eo Farelo
       Pico Sagro eo Bocelo.

  Pero eu sin quitarlle o seu méreto ós que o merecen, direi que:

     Pra brétemas que meten medo
      están os montes de Lestedo.

  Cando non morrín naquela negra noite, que, xunto co meu nobre cabalo e co valente canciño, estaba ben perdido nas tebrosas ladeiras de tan triste e muda montaña; xa podo pensar que moito tardarei en morrer.
  Si non fora polos lóstregos que, de cando en cando, rachaban aquelas apretadas brétemas, en que os tres viaxeiros estabamos envoltos, sería cousa de temer que aquela perfunda e loitosa soedade, fose o limbo dos inocentes neniños que morren sin bautizarse.
  Despois de ver eu que o faquiño pensaba que non debíamos andar como tolos de unha parte pra outra, sin saber si adiantabamos ou atrasabamos, co perigro de non saber onde poñíamos os pés; e vendo tamén que o cadelo tiña o mesmo pensamento, pois poñíaseme diante das miñas pernas, pra que eu non camiñase; tomei o consello que, con máis aloquencia que moitos deputados, me daban os meus, non escerentísimos, pero sí escerentes amigos.
  Outro lóstrego, mudo como os primeiros, pero que chegou polo noso frente, alumeou aquela parte do monte, e entonces vin ¿que vin? unha ancha faixa de prata, atravesada diante de nosoutros, semellando unha carreteira moi branca e luxosa. Non quedei ben certo do que era, e pra sabelo baixei as maus ó chao, estarriquei o brazo dreito, andei un pouquiño, e cando pensaba sentir nos meus dedos o tento da area e do polvo da brilante carreteira, sentín que a mau se mollaba na auga fresca que, mansiña, conría.
  "¡Un río!" —escramei—. "¡Ah! por eso o meu cabaliño se parou..." Por eso o can me decía que non anduvese. ¡Que vista e que entendemento! Saben e ben máis que eu! Sentín non poder verlles a cara, non poder mirar nos seus ollos o espello da alegría tan grande que debeu darlles o espremento que fixen, pra saber a causa da súa parada, que eles non podían espricarme.
  Pero esto non me empedeu que lles falase de este modo: «¡Gracias, meus filliños, por este grande servizo! Ti, meu faquiño, si foras outro, co deseo que tes de chegar á túa corte, e sabendo como sabes nadar, meteríaste no río, anque eu me afogase; pero o cariño que me tes pudo máis que a túa comenencia. Sempre te quixen como si foras meu hirmán, pero dende esta noite, si non nos comen os lobos, ou non nos levan as meigas, heite de querer moito máis. Nunca me dormirei sin darche o penso, e cando vaiamos ás feiras, ou ás romerías, beberás en tódalas fontes e regueiros que atopemos; andarás pouquiño a pouco, baixareime nas costas, descansarás nos soutos, parvearás coa erbiña dos valos e comerás do meu pan».
  «A ti, meu cadeliño, non teño que decirche, porque ti xa traballas pouco e comes, bebes e descansas cando queres; pero o meu cariño non che ha de faltar: arrímate ben ós meus pés, que eu me sentarei ó lado do cabalo, pra que si veñen os lobos, nos coman ós tres xuntiños».
  Acabei de falar; quedamos todos caladiños, e cando os ollos empezaban a pechárseme, o can ergueuse de súpeto, e saleu correndo polo monte, empezando logo a pelexar non sei con quen. Eu púxenme de pé, arrimei a espalda ó peito do cabalo, empuñei ben o pau, e berrei: «¡Arriba meu Palomo!» «¡Agarra ben cadelo
  'O térmeno da pelexa, o enemigo ou quedou morto, ou fuxeu, porque o meu can volveu moi contento pró noso lado, espricando sin mentir, que el había ganado aquela batalla. Entonces eu faleille tanto ou máis do que antes había falado ó cabalo. Era xusto.
 Volvín a sentarme no chao, e estando ben esperto, vin, algo lonxe, un fato de pantasmas aldraxadas, que camiñaban polo monte, con grandes fachucos de palla encendidos, semellantes a borreas que unhas veces alumeaban, e outras apagábanse co vento. Non me quedou dúbida: era a compaña...
  Fíxenlle a signal da crus, rezando pra que non pudese chegar xunto de min; e despois dixen: «¡Que demo! si vén fará de min o que queira, pero tamén espantará os lobos.»
  Por fertuna, ou desgracia, alonxouse, e perdémola de vista sin que ela nos vise.
  Pechábanseme de novo os ollos e, rendido polo sono, arrimei a cabeza a unha pedra, decíndolle antes ó can: «Non te dormas Palomo, asexa ben, pra avisar si hai perigro; pero non te metas ti solo na boca dos lobos.
  Gardado polo millor dos amigos, que se sentou novamente ós meus pés, pra defendelos e quentalos; rendeume o sono e dormín.
  ¡Máis me valera estar esperto, porque logo corrín perigros, e pasáronme cousas tan espantabres que non me pasarían con ollos abertos!


III

AS COMPAÑAS



Do soniño que tuben pensando nas miñas nóvias, é como logo chegaron os lobos: quen nos librou das gorxas dos feros animás; é como despois salimos voando xuntos coas "compañas" de meigos é meigas da terra é do mar.........

   Ben faley cando dixen que no tempo que un é mociño, pásanlle cousas do trasno.
   Si eu non tuvera ó perigro eo medo que tíña, cando fixen determenazon de deitarme, é de pasal á noite no punto en que se parou ó meu cabalo; alí, co corpo no chao da montañia, que sempre é mais areoso mais espiñoso que as outras terras, tendo, á miña cabeza, sobre unha dura, pena; descansaría mais sosegado que o emperador de marrocos, na branda ferpa das suas arfombras, é na finiña pruma dos seus cabezás.
  Certo é, que tocante a luxo e refocilamento, non ten comparanza unha cousa con outra; pero eu tiña dous amigos en quen confiar, e o emperador, pode que non tuvese ningún.
  Eu, polos meus tesouros, non tiña envidosos dos moitos que dá o mundo, e el estaría moi asexado polos seus eunucos e daliscas, pra ver quen podía facerlle máis gatadas.
  Carceleiro e tirano do seu serrallo, as delizas de tantas mulleres xuntas, pra un solo home, non podían ser máis que delizas finxidas, enganosas, que o demo converte en mágoas moi doentes.
  Mentras que eu sin ser emperador, nin califa, nin siquera marroco, xa tiña quen me quixese, quen me cantase, quen me esperase, quen me mimase e quen me amase. Xa tiña, non unha, sinón dúas mociñas, máis brancas, máis encarnadas e máis doces, que dúas guindas.
  ¡Que ben parrafeaba eu con elas! As dúas xuntas, ou unha sola, valían máis que tódalas marrocas da mourecla.
  Sin eu facer xuramento, poden vostedes crerme que, desde que me sentara, anque tembraba de medo, como unha vara de xunco, púxenme a pensar nos meus amores, por temer que non os vería máis; e pensando nos seus cariños, nas súas cántegas, nas súas risas e nas súas delizas, quedeime dormido. ¡Que soniño tan mimoso! Pero logo fuxeu o xéneo do meu amor; deixándome cautivo de outros pensamentos ben alcontrados e, —como xa dixen— ben espantabres.
  Non lles podo decir canto tempo levaría dormido, nin si algún betanceiro pasaría por alí, pra cantarme como eles cantan ós que non son espelidos:


[...]



Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar


  Tódalas obras orixinais deste autor atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 80 anos.
As traducións poden non estar en dominio público.