Abrir o menú principal

Cantiga VIII : A Virgen Santa Maria


Cantiga VIII (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é como Santa Maria fez en Rocamador decender ha candea na viola do jograr que cantava ant' ela.

A Virgen Santa Maria
todos a loar devemos,
cantand' e con alegria,
quantos seu ben atendemos.

E por aquest' un miragre | vos direi, de que sabor
averedes poy-l' oirdes, | que fez en Rocamador
a Virgen Santa Maria, | Madre de Nostro Sennor;
ora oyd' o miragre, | e nos contar-vo-lo-emos.
A Virgen Santa Maria...

Un jograr, de que seu nome | era Pedro de Sigrar,
que mui ben cantar sabia | e mui mellor violar,
e en toda-las eigrejas | da Virgen que non á par
un seu lais senpre dizia, | per quant' en nos aprendemos.
A Virgen Santa Maria...

O lais que ele cantava | era da Madre de Deus,
estand' ant' a sa omagen, | chorando dos ollos seus;
e pois diss': «Ai, Groriosa, | se vos prazen estes meus
cantares, ha candea | nos dade a que cemos.»
A Virgen Santa Maria...

De com' o jograr cantava | Santa Maria prazer
ouv', e fez-lle na viola | ha candea decer;
may-lo monge tesoureiro | foi-lla da mão toller,
dizend': «Encantador sodes, | e non vo-la leixaremos.
A Virgen Santa Maria...

Mas o jograr, que na Virgen | tia seu coraçon,
non quis leixar seus cantares, | e a candea enton
ar pousou-lle na viola; | mas o frade mui felon
tolleu-lla outra vegada | mais toste ca vos dizemos.
A Virgen Santa Maria...

Pois a candea fillada | ouv' aquel monge des i
ao jograr da viola, | foy-a põer ben ali
u x' ant' estav', e atou-a | mui de rrig' e diss' assi:
«Don jograr, se a levardes, | por sabedor vos terremos.»
A Virgen Santa Maria...

O jograr por tod' aquesto | non deu ren, mas violou
como x' ante violava, | e a candea pousou
outra vez ena vyola; | mas o monge lla cuidou
fillar, mas disse-ll' a gente: | «Esto vos non sofreremos.»
A Virgen Santa Maria...

Poi-lo monge perfiado | aqueste miragre vyu,
entendeu que muit' errara, | e logo ss' arrepentiu;
e ant' o jograr en terra | se deitou e lle pedyu
perdon por Santa Maria, | en que vos e nos creemos.
A Virgen Santa Maria...

Poy-la Virgen groriosa | fez este miragr' atal,
que deu ao jograr dõa | e converteu o negral
monge, dali adeante | cad' an' un grand' estadal
lle trouxe a ssa eigreja | o jograr que dit' avemos.
A Virgen Santa Maria...

Anterior:
Cantiga VII : Santa Maria amar
Cantigas de Santa María Seguinte:
Cantiga IX : Por que nos ajamos