Abrir o menú principal

Cantiga XXII : Mui gran poder á a Madre de Deus


Cantiga XXII (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é como Santa Maria guardou a un lavrador que non morresse das feridas que lle dava un cavaleiro e seus omees.

Mui gran poder á a Madre de Deus
de deffender e ampara-los seus.

Gran poder á, ca sseu Fillo llo deu,
en deffender quen se chamar por seu;
e dest' un miragre vos direi eu
que ela fez grande nos dias meus.

Mui gran poder á a Madre de Deus
de deffender e ampara-los seus.

En Armenteira foi un lavrador,
que un cavaleiro, por desamor
mui grande que avi' a seu sennor,
foi polo matar, per nome Mateus.

Mui gran poder á a Madre de Deus
de deffender e ampara-los seus.

E u o viu seu millo debullar
na eira, mandou-lle lançadas dar;
mas el começou a Madr' a chamar
do que na cruz mataron os judeus.

Mui gran poder á a Madre de Deus
de deffender e ampara-los seus.

Duas lançadas lle deu un peon,
mas non ll' entraron; e escantaçon
cuidou que era o coteif', enton
mais bravo foi que Judas Macabeus.

Mui gran poder á a Madre de Deus
de deffender e ampara-los seus.

Enton a ssa azca lle lançou
e feriu-o, pero nono chagou;
ca el a Santa Maria chamou:
«Sennor, val-me como vales os teus,

Mui gran poder á a Madre de Deus
de deffender e ampara-los seus.


E non moira, ca non mereci mal.»
Eles, pois viron o miragr' atal
que fez a Reynna esperital,
creveron ben, ca ant' eran encreus.

Mui gran poder á a Madre de Deus
de deffender e ampara-los seus.

E fillaron-sse log' a repentir
e ao lavrador perdon pedir,
e deron-ll' algu'; e el punnou de ss' ir
a Rocamador con outros romeus.

Mui gran poder á a Madre de Deus
de deffender e ampara-los seus.

Anterior:
Cantiga XXI : Santa Maria pod' enfermos guarir
Cantigas de Santa María Seguinte:
Cantiga XXIII : Como Deus fez vo d'agua ant' Archetecro