Constitución española de 1931/Título preliminar


Constitución Española: Título preliminar       Cortes Españolas      
 


Título preliminar: Disposicións xerais

editar

Artigo 1

editar

1. España é unha República democrática de traballadores de toda clase, que se organiza en réxime de Liberdade e de Xustiza.
2. Os poderes de tódolos seus órganos emanan do pobo.
3. A República constitúe un Estado integral, compatible coa autonomía dos Municipios e as Rexións.
4. A bandeira da República española é vermella, amarela e morada.

Artigo 2

editar

1. Tódolos españois son iguais ante a lei.

Artigo 3

editar

1. O Estado español non ten relixión oficial.

Artigo 4

editar

1. O castelán é o idioma oficial da República.
2. Todo español ten a obriga de sabelo e dereito de usalo, sen perxuízo dos dereitos que as leis do Estado recoñezan ás linguas das provincias ou rexións.
3. Salvo o que se dispoña en leis especiais, a ninguén se lle poderá esixir o coñecemento nin o uso de ningunha lingua rexional.

Artigo 5

editar

1. A capitalidade da República fíxase en Madrid.

Artigo 6

editar

1. España renuncia á guerra como instrumento de política nacional.

Artigo 7

editar

1. O Estado español acatará as normas universais do Dereito internacional, incorporándoas ó seu dereito positivo.

Anterior:
Constitución española de 1931 Seguinte:
Título I