Ensaios e poesías/Exaltaciós




E X A L T A C I Ó S

(PROSAS LÍRICAS) ([1])



1

ALMA GALEGA

I

    Antre as novas expresiós nascidas co'o progresivo desenvolvimento do noso espíritu coleitivo xurdiu derradeiramente unha —a persoalidade galega— reveladora da consciencia que de si mesma vai adquirindo Galiza; porque expresiós como esta emergen do fondo do espíritu dos pobos. Certo que baixo a uniformidade da organizaión hispánica perduraba unha persoalidade galaica, hoje en rápido espertar, expresándose na lingua, nos costumes
e no arte. Onde radica? Pois ten d'esistir un rasgo psicológico fondamental da alma galega co'o que se hachen os outros acordados ou non seria o espíritu unha maravillosa e fina armunia.

II

    Morna, n'unha nota gris resoando, veu a Primadeira. Sobre do mar plumbeo que ensaña-se contra da costa, as anduriñas revoan a traves do encanto da soave luz crepuscular, bela durmente deitada nas ondas e na irta gándara. As liñas son esvaidas, somellan difumar-se no puro colorido, como unha grande melodía; porque no mundo visto, o musical é a cor, cadoiro sonoroso inundando o valeiro. Cando de mais cor alagado no espazo, mais musicalidade, o cualitativo incomensurable enchendo o esprito como intimo deleite. A terra galega é todo musicalidade; a alma galega é música e lírica porque aquela (hai unha musica interior sen tonos) nasce do lirismo. Dicia Schiller: Unha disposición do espirito emerge e desta origina-sea ideia poética". E o lirismo é algo mais que fonte de poesía lírica: consintindo na animica subjetividade, canto interior, fruir e acougar no mundo interno, produce tamen unha pintura, un drama lirico ainda que non puramente lirico (só a musica e a poesía poden traducir totalmente a interioridade). Cando se considera que o lirismo (como o facía a retórica tradicional) mera fonte d'arte, pode ser paradóxico afirmá-la existencia d'un caracter lirico; non po-lo contrario cando considérase aquil unha disposición do esprito todo. A nota fondamental de que temos falado difúnde-se a través da vida humá revelando-se na espiritualidade calada, reflexiva, intima, pasional e romántica.

III

    Modelo:Incompleto

IV

    Queredes unha verba que vos diga en resume o noso lirismo e a nosa alma? Ahí a tendes; saudades ou como tamén dixo Rosalía d'elas predilecta, soidades. Nota conquerimos de saudosos e morriñentos, e milleiros de íntimos grandes e pequenos dramas ve cada día a nosa raza desa cubiza do longe. Bentas de min sejades saudades creadoras de tantas cousas nobres; porque no home o mais nobre é desejar algo formoso e amado que sendo noso non é noso!

V

    P'ra Heraclito d'Efeso "o carácter é o fado do home" e eu entrevejo o provir da nosa alma galaica latitando no seu lirismo.


    Publicado en "A Nosta Terra" o 15 de Agosto de 1919.


  1. Baixo deste título deixóu o autor reunidos os sete artigos que se insertan a continuación. Quezáis pensase inxerir nesta serie outros artigos que forman parte deste volume e que son de carácter semellante.