Ensaios e poesías/Longe
!Meu doce ben, meu lindo amor,
longe de tí que triste estou!
Ou, paxariños, alén dos montes
que camiñades, bos voadores,
eu ben quixera convosco ir
ao pe d'aquela que pensa en mín!
—¡Mais que aquí fico!— Si alá cantardes,
decí que morro de soidades
nos vosos trinos enmeigadores,
longe, mui longe!
S'eu fose vento, iría
alén e sempre alén,
as serras pasaría
e os vales tamén.
E cando alá chegara,
onde está meu amor,
ser a brís me deixara
da primaveira en flor.
Soave, os lindos cabelos
en torno a seu movera.
n'os seus ollos tan belos
néctar d'amor bebera,
bicaralle as fazulas delicadas
cal vento bica as rosas suas amadas!
S'esta cabeza cansa miña
deito
sobre o teu peito
—¡Ou queridiña!—
o mundo dá en sorrir, é d'alegría
mais refulguente o día!
Se os beizos teus, d'aquela, dín douzura,
entón
sinto qu'eu son
—¡Ou gran ventura!—
soberbamente grande e forte
no misterio da vida e no da morte.