Ensaios e poesías/Nacionalismo e socialismo



NACIONALISMO E SOCIALISMO


I

    Eis dous têrmos que non se poden contrapôr: nacionalismo, socialismo. E máis: o segundo é probablemente un aspeito do primeiro. Nacionalismo é irmandade na patria, é sentimento de comunidade ideial, é vontade de vida unánime traballando nun momento da humanidade.

II

    O fondo de todos os socialismos di: que a ninguén lle falte pan dabondo, que todos teñan un fogar sob a garimosa teitume, que a escola sexa igual para todos, que non haxa fame nin tiranía. No que non se entenden os socialismos é nas fórmulas, nos planos para arranxar a sociedade de maneira que aquele estado xusto realíce-se.

III

    Mais ¿cómo sentindo a ideal comunidade de patria, pode se tolerar que haxa cidadáns de duas clás, os probes e esfameados e os ricos e privilexiados? ¿Cómo non sentir noxo, en que para os uns sexan todos os bens da vida e para outros nada? O nacionalismo non ve máis que irmans na patria, e ele quere que todo o ben común pártase entre irmáns. ¡O nacionalismo é o santo calor, pai do socialismo!—

IV

    Os pobos en que unha loita civil (de probes e ricos) separe aos cidadáns, cedo ou serodiamente morrerán; mais os que se sen ten en irmandade santa (onde as diferencias sociaes son pouco notábeis ou non existentes) non teñan medo á eternidade!

V

. . . . . . . . . . . . . . . .