Ensaios e poesías/O meu castelo
De ouro e brilante pedrería
acugulado,
eu fixen un castelo, no que vivo
agachado!
N'el soño, n'el levo unha existencia
sobrehumana,
amiga d'as estrelas que tremelen
na bóveda uraniana
N'el canta miña alma os meus amores
qu'alumean meu mundo,
cantiga qu'atopa no universo
eco profundo.
Non quero m'espertar. No meu cstelo
misterioso e forte,
soñarei hastra que a min chegares
ou, negra morte!