Ensaios e poesías/Ser ou non ser
Ensaios e poesías Xoán Vicente Viqueira 6 de xaneiro do 1919
Modelo:Incompleto
(*) O que sigue é unha nota de Viqueira á traducción galega do seu artigo Ser o no ser publicada en "A Nosa Terra" o 15 de xuño de 1919:
Os pluraes en aes como universaes teñen duas pronunciaciós en galego que eu escribo d'esta única maneira. Podense pronunciar remantando en as; p. ex. universás. Ou podense pronunciar terminando aproximadamente, en ais; p. ej. universais. Do primeiro plural nada hei de dicir. O segundo (aínda que se negue) existe, como o proban os seguintes versos de srosalía. (Follas novas):
Que s'el me chama sin parar eu teño
unhas ansias mortais d'apousar n'el!
D'os trinos matinais dos paxariños.
Os meus leitores poden pois pronunciar os pluraes en aes en as ou en ais. Eu prefiro a segunda forma como máis melodiosa, máis antiga e máis literaria. A forma ortográfica aes é útil pol-a sua somellanza co'o portugués. Ao meu ver non abonda oubir falar os labregos para escribirmos galego, senon que fai falla estudar os clásicos medioevaes e posteriores. O galego para facerse língua culta ten que transformarse.