Maxina ou a filla espúrea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 121:
 
— Arriba, arriba —prosigueu Inés—, qu'a enfermiña ha de querer descanso, e aquí siquiera ten ustés onde sentarse. Caitan, acende ese candil, e abre a porta d'o sobrado.
 
(Continuará.)<ref>[http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/en/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1081885&interno=S&posicion=10&presentacion=pagina ''La Ilustración Gallega y Asturiana''] tomo II, n.º 21, Madrid, 28 de xullo de 1880.</ref>
 
----
 
Caitan acendeu o candil o golpe, abreu a porta e dend'a cima d'a escaleira alumeou as señoras pra que non caisen. Subiron estas pouco á pouco, sobre todo Otilia, e Caitan presentoulles seguidamente taboletes, mentras Inés, gavejando n'unha hucha, sacando d'ela un candelero de metal, un cabo largo de cera e unha espabiladeira de ferro sin estrenar: meteu o cabo n'o candelero, acendeu aquel, e puxo este co-a espabiladeira enriba d'un bufete.
Liña 311 ⟶ 315:
 
Bén quixéramos falar ahora d'a quinta, pró nosos leutores e leutoras, sobre todo, han de querer digamos primeiramente que clase de señoras eran as qu'en casa d'Inés e Caitan pousaron a noite de nacer Majina. Satisfarémo-l-a sua curiosidá, e fiados sempre n'a indulgencia que d'as unhas e d'os outros esperamos, iremos contando logo o que mais o caso veña, non solo pra a millor inteligencia d'a narracion, si que tamen pr'ameniza-l-a.
 
<br />