Axuda:Rexistro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Como acceder ao sistema: traduzo algúns problemas de acceso
Liña 21:
 
A caixa "''Lembrar o meu contrasinal neste ordenador''" é útil para non ter que dar o contrasinal cada vez que accedas a un wiki [[MediaWiki]] desde o mesmo ordenador. Non obstante, esta característica só funciona se o teu contrasinal non foi xerado polo software de MediaWiki. Ten en conta tamén que as ''cookies'' co teu nome de usuario e contrasinal caducan aos 30 días do acceso, a menos que saias do sistema manualmente.
 
===Problemas de acceso ao sistema===
Se non es capaz de acceder ao sistema, é probable que sexa por mor dalgún dos seguintes problemas. Se non estivese aquí respondido, solicita axuda na [[Wikipedia:A Taberna (axuda)|na Taberna]].
 
;A ligazón do rexistro está agochada
:Se non podes premer sobre a ligazón de acceso ao formulario de rexistro, sexa porque está agochada por outro texto, usa esta [http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Especial:Rexistro ligazón directa]. Este problema pódese deber ao uso dun tamaño de fonte mínimo.
 
;Rexéitanme o nome de usuario e contrasinal
:Os nomes de usuario e contrasinais distinguen entre maiúsculas e minúsculas na Wikipedia. Non é o mesmo ''NomeDeUsuario'' ca ''Nomedeusuario''. E o mesmo acontece cos contrasinais. A única excepción é o primeiro carácter, que sempre vai en maiúscula por defecto.
 
;Saín ao anonimato xusto despois de acceder ao sistema:
Hai varias posibles razóns para que se dea este problema:
* Pode suceder por causa das ''cookies''. Bótalle unha ollada a [http://www.google.com/cookies.html esta pequena guía] para descubrir como se activan as ''cookies'' no teu navegador.
* Asegúrate de que a data e hora do teu ordenador son correctas; se non é así, as ''cookies'' puideron caducar antes de tempo. Ten en conta tamén que algúns software ''[[firewall]]'' e de loita contra a publicidade poden interferir a ''cookie'' que a Wikipedia usa para manter o acceso dunha persoa.
* Algúns ISPs empregan [[Proxy#Proxies transparentes|''proxies'' transparentes]] que dan problemas. Intenta utilizar o [https://secure.wikimedia.org/wikipedia/gl/wiki/Portada servidor seguro] (máis lento) para esquivar o ''proxy''.
* Nalgunhas ocasións, un usuario pode atoparse fóra do sistema automaticamente entre o comezo dunha edición e o gardado da mesma. As máis das veces ocorre debido a unha sobrecarga do servidor, provocando que o sistema ''estrague'' e perda a información do teu rexistro, botándote ata o anonimato.
 
===Que fago se esquezo o contrasinal?===