Ensaios e poesías/O que precisa a nosa juventude: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
 
<div class=prose>
OJE{{Espazos|3}} {{Versaleta|Oje}} os homes novos que podían ser unha esperanza háchanse ñas mais das veces n'un triste estado. Os uns atópanse sumidos n'un grosei-ro materialismo; están só para aquelo que eles chaman práctico. Os ou-tros encontranse domiados por un neurotismo egoísta entre rayólas de lúa, Colombines e Pierrots! Eu sinto pena, eu sinto un dór fondo ante o espectáculo de nosa mocidade!
 
{{Espazos|3}} Para regenerarse as novas geracións deben encherse de idealismo, de romantismo, de entusiasmo pol-as grandes cuestiós humanas. Non quero eu un idealismo tolo como o de D. Quixote; quero un idealismo práctico da vida. Este exige que ñas cousas mais pequeñas da nosa existencia penetre a ideia e as aloumiñe.
 
{{Espazos|3}} Un exemplo d'este idealismo vol-o ofrece o zapateiro-poeta santiagués, un grande representante da nosa raza, que facendo zapatos n'un modesto taller compostelán, creaba un dos dramas millores d'España. Na sua alma iban surgindo, mentres realizaba o seu traballo de humilde artista, verbes que
traducían todas as arelas da nosa raza.
 
{{Espazos|3}} Cando a nosa juventude seja romántica, idealista, volverá a ser galega, porqu'o romanticismo e o idealismo é esencial a nosa raza. Nos fumos os grandes soñadores d'España; nos ainda na decadencia da Edade-meia produxemos tipos como Macías de Padrón, cuya morte romántica chorou o Marqués de Santillana.
 
{{Espazos|3}} N'este esforzó pol-a sua generación que eu pido â nosa juventude nada lle pode ser tan proveitoso como a lectura dos verdadeíros poetas galegos, e non sô dos modernos, senon tamén dos medioevaes, d'aqueles trovadores da nosa edade de ouro. Fáganme caso: ¿gueren os jóvenes ser grandes, queren ser prácticos, queren ser felices? ¡Enchanse, fártense de poesía!
 
{{Espazos|3}} Juventude galega, non teñas vergoña de sentir, de chorar as grandes coitas da raza, da patria e dos homes, non renegues d'elas. Juventude galega, faite idealista, romántica, poetízate. ¡O mundo será teu!
 
 
{{Espazos|3}} Publicado na revista "A Nosa Terra" da Coruña o 10 de Febreiro de 1918.
</div>
<br />&nbsp;
 
[[Categoría:Xoán Vicente Viqueira]]
[[Categoría:A Nosa Terra]]
[[Categoría:1918]]