Normativa oficial do galego - Grupos consonánticos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Category->Categoría
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 16:
Con todo, algúns préstamos estranxeiros manteñen excepcionalmente as dúas consoantes en final de sílaba, polo menos graficamente: ''zinc, hínterland, round, lord, golf, windsurf,búmerang, cámping, iceberg, kirsch, sketch, folk, sprint, test''. Da mesma maneira,escríbense con consoante dobre final palabras como ''full, jazz''.
 
== Grupos ''bl, cl, fl, gl, pl, tl'' ==
 
Estes grupos mantéñense inalterados nos cultismos e nos préstamos recentes: ''ablativo, ablegado, ablución, aclarar, atlántico, atlas, atleta, blasfemar, blindar, bloque, bloquear, bloqueo, clamar, clan, claridade, clarificar, clarín, clarividente, claro, clase, clasificar, cláusula, clemencia, clero, clima, cloro, club, exemplo, explicar, flamante, flan, flexión, flor, fluxo, glaciar, gladiador, glándula, glicerina, globo, gloria, glosa, incluír, influír, oblación, oblata, oblicuo, oblongo, obliterar, placa, plano, planta, plasma, plástico, plátano, platino, plaxio, plenario, pluma, plumaxe, plural, problema, proclamar, proclítico, publicar, público, reflexión, subliminar, sublingual, subliñar, templo, troglodita''.
Liña 24:
As palabras latinas semicultas e algúns préstamos antigos doutros idiomas mudaron o ''l'' en ''r'': ''aprazar, branco,brancura, brando, brasón, compracer, cravar, cravo, cravuñar, cumprir, dobrar, emprazar,empregar, escravo, fraco, fraqueza, frauta, frecha, fretar, frota, frouxo,igrexa, nobre, obrigar, pracer, praga, praia, prata, prato, praza, prazo,preamar, pregar, preito, etc''.
 
== Grupos ''bc, bd, bm, bn, bs, bt, bv e bx'' ==
 
Mantéñense sempre sen alteración: ''abdicación, abdicar,abdome, abdominal, abnegación, abnegar, absentismo, ábsida, absolutismo, absoluto, absolver, absorber, absorción, absorto,absurdo, abxurar, insubmisión, obcecar, obnubilar, obsequiar, obsequio,observar, obsesión, obsoleto, obter, obturar, obtuso, obviar, obvio,obxección, obxectividade, obxectivo, obxecto, subcomisión, subconsciente, subdirector, súbdito, submersión, subministrar, subsección, subsidio, subsistir, subsumir, subtítulo, subxectivo, subxugar''. ''Sutil'' e a súa familia léxica (''sutileza, sutilidade, sutilmente, sutilizar'') perderon o ''b'' desde as orixes do idioma.
Liña 32:
Aínda que existe a tendencia popular a eliminar a primeira consoantenas palabras con moito uso (suscrición, sustantivo, sustituto,etc.), na escrita débese manter a solución culta con conservación do grupo: abstemio, abstención, absterse, absterxente, abstinencia,abstracción, abstracto, abstraer, obsceno, obstáculo, obstinado,obstruír, subscrición, subscrito, subscritor, substancia, substancial, substantivación, substantivar, substantivo, substitución, substituír, substituto,substrato. Deben evitarse as formas *substraer,*substracción, *substraendo, tomadas do castelán.
 
== Grupos ''-ct-'' e ''-cc-'' ==
 
Os grupos ''ct'' e ''cc'' mantéñense nos vocábulos cultos cando os preceden as vogais ''a, e, o'': ''abstracción, abstracto, abxección, abxecto, acción, accionar, acta, activo, acto, actor, actual, actualidade, actuar, adxectivo, afección, afectar, afectivo, afecto, arquitecto, arquitectura, artefacto, aspecto, atracción, autóctono, cacto, calefacción, calefactor, carácter, caracterizar, circunspección, circunspecto, coacción,cocción, colección, colecta, colectivo, compacto, confección, contacto, contracción, conxectura, conxecturar, corrección, corrector, defectivo, desinfección, desinfectar, detección, detectar, detractor, dialecto, didáctico, dilección, dilecto, dirección, directo, director, distracción, ecléctico, eclecticismo, elección, electricidade, electricista, equinoccial, equinoccio, estupefacción, estupefacto, exacción, exactitude, exacto, extracción, extracto, facción, fracción, impacto, imperfección, incorrección, incorrecto, indirecto, infección, infectar, insecticida, insecto, inspección, inspector, insurrección, insurrecto, intacto, intelecto, intersección, inxección, inxectar, lactante, lácteo, lección, lectivo, lector, lectura, manufactura, néctar, noctámbulo, nocturno, obxección, obxectivo, obxecto, occidente, octaedro, octosílabo, olfactivo, olfacto, pacto, perfección, perfecto, perspectiva, práctica, practicar, predilecto, prospecto, protección, protector, proxectar, proxecto, proxector, putrefacción, putrefacto, reacción, reactivo, recto, rectitude, redacción, redactor, reflector, refracción, respectar, respecto, resurrección, retrospección, satisfacción, sección, sector, selección, selectivo, sintáctico, táctica, táctil, tacto,tracción, tractor, traxecto, traxectoria, tumefacto, vector''.
Liña 46:
Con respecto a estes grupos cultos, non se debe esquecer que hai algúns semicultismos con vocalización da consoante implosiva en ''u'' ou en ''i'', todos eles con documentación antiga: ''doutor, doutoramento, doutrina; reitor, reitorado, reitoral, reitoría; seita'' (pero s''ectario, sectarismo''); ''suxeitar e suxeito''. Ás veces, ao lado destas formas existe a culta correspondente, cun significado menos restrinxido, como ocorre, por ex., en ''pauto'' / ''pacto''.
 
== Grupo ''-cn-'' ==
 
Consérvase en todos os casos: ''acne, arácnido, cnidarios, cnitosporídeos, pícnico, picnómetro, picnose, pirotécnico, politécnico, radiotécnico, técnica, tecnicismo, tecnocracia, tecnoloxía, zootécnico''.
 
== Grupo -cd- ==
 
Mantense o grupo en todos os casos: ''anécdota, anecdotario, anecdótico, sinécdoque''.
Liña 62:
Un caso especial dáse cando na mesma palabra, non composta, aparece dúas veces ''x'' en posición intervocálica, a primeira vez co valor de [ksÁ] e a segunda co de [S]. Nestas palabras pódese optar por substituír oprimeiro ''x'' por ''s'' (''esaxeración, esaxerar, esaxero, esexese, esexético, esixencia, esixente, esixir'', etc.) ou ben por manter inalterado o grupo etimolóxico (''exaxeración, exaxerar, exaxero, exexese, exexético, exixencia, exixente, exixir'', etc). Esta posibilidade de elección non afecta aos prefixos do tipo ''ex-'' seguidos de consoante nin ás palabras compostas, en que só cabe manter o grupo: ''expunxir, lexicoloxía, toxicoloxía'', etc.
 
== Grupos ''-gm-, gn- e -gn-'' ==
 
Mantéñense sempre nos cultismos: ''agnosticismo, agnóstico, apotegma, benignidade, benigno, bregma, cognitivo, cognoscitivo, consignación, consignar, consignatario, designar, diafragma, diagnosticar, diagnóstico, dignar, dignidade, digno, dogma, dogmático, dogmatismo, estigma, expugnar, flegmón, fragmento, gnómico, gnomo, gnomoloxía, gnomólogo, gnose, gnoseoloxía, gnosticismo, gnóstico, ígneo, ignominia, ignorante, ignorar, ignoto, impregnar, impugnar, incógnito, indignar, indigno, insignificante, lignito, magnesio, magnífico, magnolia, persignar, pigmentar, pigmento, pigmeo, pragmática, prognose, prognóstico, pugna, repugnante, repugnar, resignar,segmento, sigma, significado, significar, signo''.
Liña 68:
Por seren semicultismos presentan só ''-n-'' ''asinar, ensinanza, ensinar, ensino, sinalar, sinatura, sino'' ‘campá’ e outras palabras da mesma familia léxica.
 
== Grupos ''mn-, -mn- e-nm-'' ==
 
Mantéñense as dúas consoantes nos cultismos: ''alumnado, alumno, amnesia, amnistía, anamnese, autumnal, calumnia, columna, columnata, damnificar, himno, indemne, indemnizar, inmaculado, inmanencia, inmanente, inmaterial, inmaturo, inmediato, inmemorial, inmensidade, inmenso, inmensurable, inmerecido, inmersión, inmerso, inmigración, inmigrante, inmigrar, inminente, inmiscirse, inmóbil, inmobilizar, inmoderado, inmodestia, inmodificable, inmolar, inmoral, inmorredoiro, inmortal, inmune, mnemónica, mnemónico, mnemonizar, mnemotécnica, ómnibus, omnímodo, omnipotente, omnipresente, omnívoro, solemne, solemnidade, ximnasio, ximnasta, ximnástico, ximnocarpo, ximnospermas''.
 
== Grupos ''-mm- e-nn-'' ==
 
O grupo -MM- simplificouse historicamente en ''-m-'': ''coma, comendatario, cominación, cominar, cominatorio, comisario, gama, xema,xemación, xemíparo'', etc.
Liña 86:
Cando non é transparente a base sobre a que se formou o derivado, prodúcese a simplificación en -''n''-: ''inocuo'', ''inocencia''.
 
== Grupo -''ns''- anteconsonántico ==
 
Nas palabras cultas mantense sen reducir: ''circunscrición, circunspección, circunspecto, circunstancia, circunstancial, consciente,conspicuo, conspiración, conspirador, conspirar, constancia, constante, constar, constelación, consternar, constipado, constitución, constituír, construción, construír, construtor, inconsciente, inspección, inspector, inspiración, inspirar, instalación, instalar, instancia, instante, instar, instaurar, institución, instituír, instituto, instrución, instruír, instrumento, instrutor''.
Liña 94:
Este sufixo reduciuse a ''tras''- en palabras populares como: ''trasfegar, trasladar, trasler, trasnoitar, traspasar, traspoñer, trastornar''.
 
== Grupos ''-pc-, -pn-, -ps- e -pt-'' ==
 
Como norma xeral mantéñense estes grupos nos cultismos: ''abrupto, acepción, aceptar, adaptar, adepto, adopción, adoptar, adoptivo, anticonceptivo, aptitude, apto, baptista, cápsula, captar, captura, catalepsia, cataléptico, coleóptero, concepción, concepto, conceptual, copto, corrupción, corruptivo, corrupto, corruptor, cripta, críptico, decepción, eclipse, elipse, epiléptico, erupción, eruptivo, escepticismo, estreptomicina, eucalipto, excepción, excepto, exceptuar,exipcíaco, exipcio, Exipto, exiptoloxía, hemoptise, hepta-, hipnose, hipnoterapia, hipnotismo, hipnotizar, imperceptible, inepcia, inepto, interceptar, interrupción, interruptor, irrupción, Neptuno, nupcial, nupcias, opción, optar, optativo, óptica, optimismo, optimista, óptimo, percepción, precepto, preceptor, rapsodia, rapto, raptor, recepción, receptor, réptil, ruptura, sinopse, susceptible, tríptico, voluptuosidade, voluptuoso''.
Liña 106:
Cando se trata dos grupos latinos cons. + ''pc'' ou cons. + ''pt'' pérdese sempre a consoante intermedia -''p''- en galego: ''absorción, aprontar, asunción, asunto, escultor, escultura, exento, inscultura, irredento, perención, perentoriamente, perentorio, presunción, prontuario, redención, redentor, redentorista, suntuosidade, suntuoso''.
 
== Grupos ''pn''-, ''ps''- e ''pt''- ==
 
Aparecen en posición inicial en palabras cultas e, segundo a regra xeral, consérvanse na lingua escrita, a pesar de que na fala existe a tendencia a eliminar a primeira consoante: ''pneuma, pneumático, pneumonía, pneumopatía, pneumoscopio, pneumoterapia, pneumotórax'', etc.; ''pseudo-, pseudociencia, pseudónimo'', etc.; ''psicanálise, psicanalista, psicodiagnóstico, psicofísica, psicoloxía, psicolóxico, psicometría,psicopatoloxía, psique, psiquiatra, psiquiatría, psíquico'', etc.; ''pterobranquiado, pterodáctilo, pterópodo'', etc.
Liña 112:
Xa non se escriben con ''p''-: ''salterio, salmista, salmo'' e ''salmodiar''.
 
== Grupo -''sc''- medial ==
 
Nas palabras cultas consérvase o grupo: ''adolescencia, adolescente,ascender, ascensor, condescendencia, condescender, consciencia'' (ao lado de ''conciencia''), ''delicuescencia, delicuescente, descendencia, descender, discente, discernir, disciplina, discípulo, escindir, fluorescente, imprescindible, incandescente, inflorescencia, piscina, plebiscito, prescindir, proscenio, rescindir, rescisión, suscitar'', etc.
 
== Grupo ''sc''- inicial ==
 
O grupo latino ''sc'' + ''e, i'' simplificouse en ''c''- en palabras de entrada antiga: ''ciencia'' (e familia léxica), ''cetro, ciática, cirro, cirrose, cisma'' (e ''cismar, cismático'', etc.). Nas de entrada máis recente o grupo mantense apoiado nun e protético: ''escena'', ''escenario, escenografía, escepticismo, escéptico, escindir, escintilar, escisión, esciúrido'', etc. O mesmo ocorre sempre que ao grupo sigan ''a, o, u'' ou consoante: ''escándalo, escola, escorpión, escribir, escrúpulo, escultura'', etc.
 
== Grupo -''st''- ==
 
Este grupo consonántico é frecuente nas palabras patrimoniais, e non adoita presentar problemas na escrita do galego. Un caso especial é a alternancia de formas do prefixo ''post''-/''pos''-: escríbese ''post''- cando vai seguido dunha base que comeza por vogal (''postelectoral, postoperatorio''); úsase ''pos''- cando vai seguido dunha base que comeza por consoante (''posclásico, posguerra, pospoñer'').