Normativa oficial do galego - Sufixos e terminacións: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 4:
No referente a sufixos e terminacións o galego adopta solucións propias, que unhas veces son específicas e outras veces coinciden, en xeral, co portugués e, parcialmente, co castelán e con outras linguas románicas. A continuación faise referencia aos sufixos e terminacións que poden presentar algún problema.
 
== ''-ancia, -encia,-iencia, -uencia, -cia, -cio, -za, -zo'' ==
 
Nas palabras cultas, en xeral as de entrada máis recente, coincide o galego co castelán e co portugués, pois nos tres idiomas consérvanse estas terminacións sen alteración na forma.
Liña 20:
Moitas palabras introducidas por vía popular teñen a terminación patrimonial -''zo/-za'' (port. -''ço/-ça'') nos tres idiomas. Por exemplo, ''finanza'' (port. ''finança'',cast. ''finanza''), ''preguiza'' (port. ''preguiça'', cast. ''pereza''), ''postizo'' (port. ''postiço'', cast. ''postizo'').
 
== -''ción, -sión'' ==
 
Mantéñense os dous sufixos nas palabras cultas: ''acción, admiración, aliteración, atención, bendición'' (ao lado da forma patrimonial ''beizón''), ''canción, codificación, composición, condenación, disolución, edición, educación, emigración, emoción, indicación, lección, manipulación, nación, perturbación, restauración, vacación'', etc.; ''admisión, concesión, confesión, división, evasión, excursión, expansión, invasión, lesión, previsión, revisión, televisión, versión'', etc.
Liña 26:
Levan ''-zón'' palabras patrimoniais como ''doazón,razón, sazón, torzón, traizón'', etc.
 
== ''-nte'' ==
 
Esta terminación permite formar adxectivos ou substantivos sobre a base dun verbo. Os que o fan sobre verbos da primeira e da segunda conxugacións manteñen inalterada a vogal temática correspondente: ''cantante, camiñante; valente, crente, nacente, crecente''.
Liña 34:
Sobre os verbos ''durmir'' e ''servir'' os derivados esperados deberían presentar -''ie''- (como cultismos) ou -''i''- (como derivados romances). En lugar destas formas rexístranse como patrimoniais ''dormente'' (adx. e subst.) e ''servente'' (subst.).
 
== -''mento'' ==
 
Os substantivos formados con este sufixo manteñen en todos os casos a vogal temática do verbo que lles serve de base: ''acabamento, regulamento; esquecemento, coñecemento; revestimento, resentimento''.
 
== -''se'' ==
 
As voces cultas con orixe nos nomes gregos en –''sis'' adoptan a terminación -''se'' e son todas do xénero feminino: ''análise, antítese, apoteose, arteriosclerose, base, catálise, catequese, crase, crise, diagnose, diátese, diérese, diocese, dose, eclipse, electrólise, elipse, énfase, cirrose, esclerose, esexese, éxtase, fase, fotosíntese, frase, hemoptise, hidrólise, hipnose, hipótese, metamorfose, metástase, narcose, neurose, osmose, paráfrase, paréntese, perífrase, prolepse, prótase, prótese, psicose, simbiose, sindérese, sinopse, síntese, tese, tuberculose, xénese''.
Liña 44:
Non pertencen a este grupo as palabras ''oasis'' e ''chasis''.
 
== -''ite'' e -''te'' ==
 
En correspondencia coas palabras do grupo anterior, e por razóns similares, esta é tamén a adaptación das palabras coasterminacións gregas -''itis'' e -''tis'', todas elas femininas: ''amigdalite, apendicite, artrite, bronquite,c ardite, colite, conxuntivite, diabete, encefalite, endocardite, enterite, estomatite, farinxite, gastrite, glote, hepatite, larinxite, meninxite, miocardite, nefrite, neurite, otite, pancreatite, peritonite, pleurite,tendinite'', etc. Nótese que ''gratis'' non pertence a este grupo.
Liña 68:
Rematan en –''au'': ''bacallau'' e ''pau''.
 
== -''ea'' ==
 
O feminino correspondente ás palabras rematadas en -''eo'', tónico ou átono, é -''ea'': ''allea, chea, fea; aérea, arbórea, arxéntea; atea, europea, hebrea, rea''. Esta mesma terminación figura en substantivos femininos, de orixe popular ou culta: ''aldea, avea, azotea, balea, cadea, candea, cea, correa, diarrea, idea, lamprea, manchea, melopea, morea, panacea, prea, rea, serea, tea, urea, vea, verborrea''. Tamén nos galicismos: ''cheminea, librea, marea,platea, polea, ralea''.
 
== -''oa'' ==
 
O galego coñece unha terminación -''oa'', pronunciada ['oa] ou ['ɔa] segundo a súa procedencia (''boa, lagoa; avoa, filloa''). Mentres que no caso de ''boa, lagoa'' se manteñen sempre as dúas vogais en todo o territorio galego, en ''avoa, filloa'', etc. prodúcese redución a [‘ɔ] en zonas da Galicia sudoccidental (''avó, filló'', etc.). Mesmo nestes casos debe ser escollida a solución tradicional e absolutamente maioritaria -''oa'' (''avoa, filloa, moa, soa'' -e ''soamente''-, ''teiroa'', etc.).
 
== -''us, -um, -''o ==
 
Hai algunhas palabras que escapan á regra xeral de acomodación de cultismos e manteñen as terminacións latinas -US, -UM: ''campus, corpus, humus, ómnibus, Venus, virus; álbum, factótum; médium, presídium, parabéllum, súmmum, contínuum, cinefórum, quórum, desiderátum''. En xeral son palabras que aínda se senten como non plenamente incorporadas ao idioma.
Liña 88:
Os préstamos, latinos ou non, adoptan a terminación -''ino/-ina'': ''albino, anilina, anxina, aquilino, asasino, aspirina, bencina, bizantino, bobina, bovino, brillantina, buguina, canino, cantina, capuchino, carabina, cartolina, casino, clandestino, cocaína, codeína, coralino, cortina, cristalino, destino, disciplina, divino, doutrina,ensino, escarlatina, esquina, estricnina, estudantina, felino, feminino, gabardina, gasolina, glicerina, granadino, guillotina, heroína, interino, intestino, ladino, latino, mandolina, margarina, masculino, matutino, medicina, morfina, muselina, nicotina, nitroglicerina, oficina,ondina, palatino, parafina, penicilina, peregrino, piscina, plastilina, porcino, propina, proteína, rabino, repentino, resina, retina, ruína, sacarina, sibilino,sonatina, supino, taurino, toxina, turbina, ultramarino, vaselina, vespertino, vitamina, vitrina, xacobino, xelatina, xenuíno''...
 
== -''e'' ==
 
Rematan en -''e'' as palabras patrimoniais procedentes de étimos latinos en -INEM (''home, virxe, orde, imaxe, chantaxe'' 'planta', ''feluxe''); os continuadores dos neutros en –MEN (''crime, exame, lume, costume'', etc.), e os galicismos en -''axe'' (''chantaxe'' 'extorsión'), ''homenaxe'', ''liñaxe'', ''viaxe'', etc.
Liña 131:
Existe ademais un grupo de palabras cultas coa terminación -''on'' átona: ''canon, colon, corion, décathlon, épsilon, ípsilon, micron, epíploon, cripton, isquion, necton, neon, newton, ómicron, párkinson, radon, taxon, telson''. O anglicismo ''nylon'' adáptase ao galego como ''nailon''.
 
== ''-de'' ==
 
A terminación latina vogal + TEM resólvese en galego, tanto en palabras cultas coma populares, en -''de'': ''almude, alude, ataúde, calamidade, céspede, hóspede, laúde, parede, rede, saúde, sede, soidade, verdade, virtude'', etc.
 
== -''dade, -tade'' ==
 
O sufixo latino -TATEM resolveuse en –''tade'' en posición posconsonántica (''maxestade, potestade, tempestade, vontade'') e en –dade en posición posvocálica (''enfermidade, novidade, puridade, realidade''). Ás veces unha síncope vocálica antiga provocou que ''–dade'' poida aparecer en posición posconsonántica (BONITATEM > ''bondade'', CRUDELITATEM > ''crueldade'', HEREDITATEM > ''herdade'', LEGALITATEM > ''lealdade'', MORTALITATEM > ''mortaldade'', TRINITATEM > ''trindade'', VERITATEM > ''verdade'', VIRGINITATEM > ''virxindade'', etc.). A partir destas formas –''dade'' estendeuse a bases non sincopadas rematadas enconsoante líquida ([r]: ''liberdade, puberdade''.