Cantares gallegos/Mais ó que ben quixo un dia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
 
Liña 9:
 
 
:::::<big>'''20.'''</big>
 
 
''Mais ó que ben quixo un dia,''
''Si á querer ten aficion''
''Sempre lle queda un-ha magoa''
''Dentro do seu coraçon.''
 
 
l.
 
Aló nas tardes serenas,
Aló nas tardes caladas,
Fanse mais duras as penas,
Que nas brandas alboradas.
 
Aló nas tardes sombrisas
Aló nas tardes escuras,
Fanse mais cortas as risas
Mais negras as desventuras.
 
Que non hay sera tranquila
Para quen remorsos garda,
E mais presto s'aniquila
Canto mais á noite agarda.
 
 
II.
 
Eu ben sei d'estos secretos
Que s'esconden nas entrañas,
Que rebolen sempre inquietos
Baixo mil formas estrañas.
 
Eu ben sei d' estes tormentos
Que consomen e devoran
Dos que fan xemer os ventos
Dos que morden cando choran.
 
 
Y anqu'hora sorrindo canto
Anqu'hora canto con brio,
Tanto chorey, chorey tanto,
Com'as auguiñas d'un rio.
 
Tiben en pasados dias,
Fondas penas é pesares,
E chorey vagoas tan frias
Com'as auguiñas dos mares.
 
Tiben tan fondos amores,
E tan fondas amarguras,
Qu'era fonte de dolores
Nacida entre penas duras.
 
 
III.
 
Hora rio, hora contento,
Vóu pó las eiras cantando,
Vendo d'onda ven ó vento
Cando vóu levar ó gando.
 
Hora con grande sosiego
Durmo na veira d'as fontes,
Durmo na veira d'os regos.
Durmo na punta d'os montes.
 
''Mais ó que ben quixo un dia,''
''Si á querer ten aficion''
''Sempre lle queda un-ha magoa''
''Dentro do seu coraçon.''