Proezas de Galicia, explicadas baxo la conversación rústica de los dos compadres Chinto y Mingote: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 51:
 
 
''Chinto''. ¡Dame meu querido Mingote, dame ese abrazo para min tan
deseado nestos cinco meses que fai que nonos bimos!
 
''Mingote''. ¿Como che podrei negar amado compadre ese abrazo, si
pensei que entoda à miña vida para min abia consolo hasta que te non vise?
 
''Ch.'' ¿E cómo che foi por acá con esos diabros de esos Gabachos?
 
''Ming.'' Ome nonme fales deso, porque se me encrechan os pelos da
cabeza solo en pensar nas cousas que fixseron. As de saber que carta feira
da primeira semana de Frebeiro chegaronche á este lugar vinte è catro ¿qué
Liña 68:
escapeiche para ò monte, aunque despois bolbin.
 
''Ch.'' Pero....
 
''Ming.'' Agarda un pouco que che bou á decer ò que fixseron. Dempois
que rexsistraron todo, colleronche as galiñas que puideron, repelaronchas,
derreteronche nùn-a caldeira canta graxsa è pingo encontraron, è
Liña 86:
beberon da quelo hasta que ò dexsaron de sobro.
 
''Ch.'' E ti non....
 
''Ming.'' Ome cala, que eu che contarei por punto è coma ò que pasou.
Cando pensei que se deitasen, bexso que me agarran, è que xsuro à Dios lles
abia de traer ali Piculinas: amin que me abian comido todas as galiñas (que
Liña 103:
cortando as cabezas ¿que tal non fixsemos ben?
 
''Ch.'' O mesmo que si un Anxsel bolo dexsera, ¿è os cabalos?
 
''Ming.'' Eses coma seus compañeiros, tamen lebaron ò mesmo camiño:
desque acabamos, collemosche todo, è poñemolos en carros para lebar ò rio.
Cando che estabamos celebrando esto, oimosche ùn-a bocina, ou trompeta;
Liña 141:
Patron.” ¿Pero non sabes ò que fixso Cristobo?
 
''Ch.'' ¿E que fixso?
 
''Ming.'' Como nonche tiña na casa si non aquelo mas preciso, foise à
eira, trouxsoche para facerlles as camas toda à palla que tiña, è dempois que
estaban durmindo, pegouche fogo à palla, è él escapou deixsandos fechados.
Liña 178:
anque fixseron fogo, arroxsámonos con tal furia à eles, que nin un escapou.
 
''Ch.'' ¿E donde tiñades as municions para todo eso?
 
''Ming.'' Un-as sacabamolas os Franceses, è outras dabannolas nos Portos
de mar aquelas boas almas dos Ingreses, que Dios lles faga tanto ben como eles
nos fixseron. Dempois que dimos en reunirnos à catro mil omes, è mais, porque
Liña 209:
na quelas que son coma as bacenicas dos Barbeiros.
 
''Ch.'' Esos chamanse Morrions.
 
''Ming.'' Non quero saber como se chaman, porque para min non teñen
mais nome que bacenicas. Pero antes de que eu checonte todo ò de S. Payo,
dime ti que biche è fixseches por alá.
 
''Ch.'' Eu, como ti sabes, teño dos fillos no Exsercito, è que me
acababa de morrer à miña muller, por non estar nesta escrabitud dos
Franceses, tratei de irme xsunta eles, que tuben noticia estaban en Ourense,
Liña 234:
toda à madeira das divisions, deixsàndo rasa à casa.
 
''Ming.'' Eso nono estrañès, que segun dempois soupen, era porque ò
fume non marchitase aquelas pelras asquerosas.
 
''Ch.'' Como digo de mi cuento, desque se emborracharon, deitaronse
á larga, e nosoutros fumonos para fora à falar destas cousas, è das
felecedades que nos prometian, cando bimos baixsar un soldado disperso
Liña 256:
neles ùn-a fieiteira tremenda.
 
''Ming.'' ¿E ti logo non siguiche?
 
Chint. Si, ome, tomei ò camiño de Monterey, è ò chegar cerca dali
Liña 289:
non, foron andando para Asturias, à embarcarse prá ó Ingres.
 
''Ming.'' Ti as de saber como foi ò conto da bolta dos Diputados.
 
''Ch.'' ¿Toma si osey? como que me encontrei nela, ó principio è este:
Cando biñeron acá (que nunca chegaran esos enemigos) deron en irse
esparcindo hasta à Pobra de Sanabria, Fonsagrada, Buron è outras partes, è
Liña 312:
reliquias algus cádaveres, è outras cousiñas.
 
''Ming.'' ¿E ali tocaban as campanas para saber cando eles biñan?
 
''Ch.'' Non, que ali trazaronche outra cousa millor. Comoche abia
abanzadas de paisanos en todas partes as alturas, cando sabian cos diabrillos
biñan, encendianche us fachucos de palla, è erguianchos nus paus altos,
Liña 334:
con moito escrupulo co eles, sin respetar charreteras nin galons.
 
''Ming.'' Eso tamen por acá faciámolo ò mesmo, è foinos mui bo, que
por moitos papeis, è correos que pescamos soupemos os seus prans.
 
''Ch.'' Chegueiche por fin ó Riveyro, è acheiche naquel campo do
Carballiño ¿tanto paisano reunido que non podo figurarche? è todos xsuntos
alegres coma cucos, guiados por Cachamoiña, Munin è outros particulares, è
Liña 354:
Aqui tratey de deixsalos.
 
''Ming.'' ¿E adonde te fuches?
 
''Ch.'' Bolbinche xsunta os fillos, è ò chegar aun lugar soupen que abendose aloxsado na casa dum Crego dous Dragós entraron nela ò tempo
que ò patron non estaba ¿pero baya que non adiviñas ò que fixseron? bironche ùn-a paxsareira con canarios, abrironche á porteliña, esdentonces
escaparonseche todos, è tan pronto beu ò Crego dixseronlle “Pastor le petit
Liña 418:
pais, hermanos &c.
 
''Ming.'' ¿E que preparativos abia ántes de entrar ali os Franceses para
armar à xsente?
 
''Ch.'' Cando eu cheguei todos os dias biñan mozos da queles contornos
è ùs poucos de Oficias que ali abia eran os que enseñaban ò exsercicio, è para
mantelos xsunto cosque tiña ò Sr. Martinengo, recolliase diñeiro de todas
Liña 515:
noticia de San Payo, que quero que me contes.
 
''Ming.'' Bou à eso; pero pirmeiro tomemos un polvo que ainda puiden
gardar con outro pouco nun promo con que socorrin ò meu Crego en algun-as
ocasions, porque os diabrillos cando lle rexsistraron à casa lebaronlle canto tiña,
como facian en todas partes.
 
''Ch.'' Tibeches fortuna, que eu sinon que fose us poucos de cigarrillos
que me tocaron na refrega dos que ceibamos ò Rio Miño xsunta
Ourense, que partin cos meus fillos, adoecia; pero volvamos ò conto, que ò
teu polvo alvendoume,
 
''Ming.'' Dempois, que como xsa me dixseches, te marchaches de Vigo,
deronse en ir formando Rexsimentos, è recollendo todos os soldados que abia
dispersos; logo presentouse ali un Comisionado po la Xsunta Central, que lle
Liña 535:
que fosen miles, è trouxsesen moitos cañons, è metralla.
 
''Ch.'' Non eso creocho ben, porque estando coma oitocentos durmin-do nun Convento de frades Bernardos, oiron ala de noite tocar ùn-as
bocinas (que xsa sabes ti se tocan os porcos bravos para que fuxsan) é tal
pavor lles entrou, que se levantaron á media noite, colleron os fusis, è botaron á correr; ven que á verdad esto non debia estrañarse, pois poucos dias abia
Liña 546:
despacharon non pararon.
 
''Ming.'' ¿Eso supo entendela? fixso coma ò meu veciño Fuco, que
abendolle embargado à Xsusticia ó seu carro para bagaxse, foi co él ò
sitio señalado, è ali achou ùn-a caterba de ladrois Franceses que lle facian
Liña 564:
nela abia.
 
''Ch.'' Pois ne se mesmo tempo que tomastes à pirmeira vez à Santiago
era cando nos tiñamos encerrados os de Lugo ¿mira como andaba à festa?
 
''Ming.'' Como beu Sul de Portugal è Ney de Asturias desque se
reforzaron è uniron à xsente, tiñan tramado ò vir à collernos; pero nos que ò
chegamos à oler, retiramochenos para S. Payo, è eles tras nos, è de todas as
Liña 592:
cando hay tempestad, hasta que se encerraron na Cruña.
 
''Ch.'' ¿E vosoutros porque nos seguiches para collelos à todos?
 
''Ming.'' Hay home que nos dixseron lles biña reforzo atras, è que
volvian à atacarnos, è asi non quixsemos perder à posicion, nin espoñernos;
è as de saber que os que nos atacaron eran mais de dez mil, è nosoutros
Liña 608:
que lebaron?
 
''Ch.'' Cando ò Señor Romana estaba combinando ò pran para eso (que
meu amor ben traballou) foi ó picaro de Sul, è tomou as alturas de Larouco è Baldeorras, único paso que tiñamos, è de tal forma che son que un ome que
estéa no alto ceibandoche ùn-a pedra derriba ùn-a ducia: ¿è á vista desto
Liña 620:
Lugo? ¡desta pilleite!
 
''Ming.'' Ome non seas burro, è perdona, si foi no mentras que tomamos
à pirmeira vez à Santiago, è non sabiamos que tal ome viña ¿como abiamos de
ir batirnos con èl, è mais traendo à tropa que se decia?
 
''Ch.'' Si eso era asi, non digo nada; pero non sey coma os da que-
las cercanías nos saludaron nos tránsitos.
''Ming.'' ¿E logo ti inda estás neso? desde á salida de Portugal hasta
chegar cerca de Lugo donde lles volveron á pasar revista, faltaronlles mais de
tres mil homes ¡considera ò camiño que levarian!
 
''Ch.'' Pode ser verdad, porque po la beira da quel Rio Miño, que pasa
por Ourense, non se via outra cousa mais que cavalos mortos, pedazos de
sillas, morrions, è hosos, era tal ò cheirume que abia que che bastaba para
matar à xsente.
 
''Ming.'' Con todo eso gana de volver acá pareceme que nona han de ter.
 
''Ch.'' ¡Do demo! pois si de cerca de setenta mil que entraron, non
foron mais que vinte mil en tan pouco tempo, è eso que non tiñamos aquel
valor que agora, porque estabamos amilanados è sin armas ¿cantos eran
necesarios desque nos adorna todo? ò menos doscentos mil.
 
''Ming.'' Pero baya que non sabes ùn-a cousa.
 
''Ch.'' Sabrey sima contas.
 
''Ming.'' Que he tal à tristeza que teño desque estou imposibritado de
matar franceses, que apenas como nin durmo, è pareceme que si agora tibera
diante anque fose un exsercito de les, iba alá decontado.
 
''Ch.'' ¡Mira que adefecio! à moitos lles sucede ò mismo, è eu sò un
deles; pero por non ver os destragos que fixseron, vale mais que se estean por
alà que siquera non sementan aquelas xsudiadas de meter os Cavalos nas
Liña 659:
duda non pode menos que deixsar escomulgada toda á terra que trepen.
 
''Ming.'' Ome è verdad, pero ò acordarme de semexsantes cousas, ò ver
os Lugares enteiros è Vilas que queimaron cos demais destragos ¿como queres
que me conteña? Con decirche que na Vila de Cé entraron na Igresia,
Liña 668:
porque temos por feitos infernales as cousas de les.
 
''Ch.'' Por todas partes estan todos do mismo modo de pensar. Queira
Dios conservémos os mismos sentimentos, è que sinembargo de que estamos
libres non desmayémos, sinon sempre ánimo, ánimo, ¿y à eles que son de Pavía? Agora meu compadriño xsa que tiben à felecedad de que te
Liña 681:
nunca acabar; memorias à miña comadre Xsacota è Martiño.
 
''Ming.'' Pois logo à Dios astra mais ver.
 
</poem>