Follas novas/Miña casiña, meu lar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Miña casiña, meu lar, ¡Cantas onciñas De ouro me vals! Vin de Santiago a Padrón Un chover que era arroiar Descalciña de pé e perna, Sin comer nin almorzar. Polo camiño..."
 
Sen resumo de edición
Liña 5:
Vin de Santiago a Padrón
Un chover que era arroiar
 
Descalciña de pé e perna,
 
Sin comer nin almorzar.
 
Polo camiño atopaba
 
Ricas cousas que mercar,
 
I anque ganas tiña delas,
 
Non tiña para as pagar.
 
Nos mesóns arrecendia
 
A cousas de bon gustar,
 
Mais o que non tén diñeiro
 
Sin elas tén que pasar.
 
Fun chegando á miña casa
 
Toda rendida de andar,
 
Non tiña nela frangulla
 
Con que poidera cear,
 
A vista se me barría,
 
Que era aquel moito aunar.
 
Fun á porta dun veciño
 
Que tiña todo a fartar,
 
Pedinlle unha pouca broa
 
E non ma quixo emprestar.
 
As bagullas me caían,
 
Que me fora a avergonzar
 
Volvinme á miña casiña
 
Alumada do luar;
 
Rexistrei cada burato
 
Para ver de algo atopar;
 
Atopei fariña munda,
 
Un puniño a todo dar.
 
Vino no fondo da artesa.
 
Púxenme a Dios a alabar,
 
Quixen alcende-lo lume,
 
Non tiña pau que queimar;
 
Funlle a pedir a unha vella;
 
Tampouco mo quixo dar,
 
Sinón era un toxo verde
 
Para me facer rabiar.