Estatutos da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
axeito ó documento firmado
axeito ó documento firmado
Liña 11:
===Artigo 1. Denominación e natureza===
 
Coa denominación Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e coñecementoCoñecemento libreLibre ({{versaleta|A<sup>3</sup>Gal}}) constitúese unha organización de natureza asociativa e sen ánimo de lucro, ao amparo do disposto no artigo 22 da Constitución Española, na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e demais lexislación aplicable.
 
===Artigo 2. Fins===
Liña 115:
2. Non satisfacer as cotas fixadas.
 
3. Non cumprir os deberes estatutariosestatutarias.(sic)
 
===Artigo 8. Outros membros ===
Liña 178:
3. As reunións da Asemblea Xeral estarán presididas polo presidente ou presidenta da asociación. Se non estivese presente, será substituído ou substituída, sucesivamente, polo tesoureiro ou tesoureira ou polo vogal de máis idade da Xunta. Actuará como secretario ou secretaria quen ocupe dito cargo na Xunta Directiva.
 
4. O secretario ou a secretaria redactará a acta de cada reunión, que debe asinar xunto co presidente ou presidenta, cun resumo das deliberacións, o texto dos acordos adoptados, o resultado numérico das votacións e o número de asistentes.
 
En calquera caso, como mínimo 7 días antes da celebración da asemblea, a acta anterior e calquera outra documentación relevante para o desenvolvemento da reunión, ha de estar a disposición das persoas asociadas, a través do envío do arquivo por correo electrónico, ou ben a través da súa dispoñibilidade en páxina web.
Liña 184:
===Artigo 13. Constitución da Asemblea ===
 
1. A Asemblea Xeral constitúese validamente na primeira convocatoria coa presenza da metade máis un das persoas asociadas ou con calquera número en segunda convocatoria transcorridatranscurrida (sic) media hora.
 
2. O 10 % das persoas asociadas poden solicitarlle á Xunta Directiva a inclusión na orde do día dun ou máis asuntos a tratar. No caso de que xa se convocase a asemblea, poden facelo antes dos oito días previos á data da reunión.
Liña 210:
2. A elección dos membros da Xunta Directiva, que han de ser persoas asociadas, faise por votación da Asemblea Xeral. As persoas elixidas entran en funcións logo de aceptaren o cargo.
 
3. Os membros da Xunta Directiva exercen o cargo de forma altruista. (sic)
 
4. Os membros da Xunta Directiva exercen o cargo durante un período de dous anos, sen prexuízo de que poidan ser reelixidos.
Liña 312:
===Artigo 23. Comisións e grupos de traballo===
 
A creación e composición de calquera comisión ou grupo de traballo ha de ser formulada polos membros da asociación que queiran formalos, explicando as actividades que se pretendan levar a cabo á Xunta Directiva, que será a encargada de as aproabar. (sic)
 
A Xunta Directiva debe preocuparse de analizar as diferentes comisións ou grupos de traballo, mentres que as persoas encargadas destas deben presentar regularmente un informe detallado das súas actuacións.
Liña 320:
=== Artigo 24. Patrimonio inicial e disposición de fondos ===
 
Esta asociación non ten patrimonio fundacional. O exercicio económico coincide co ano natural e queda pechado o 31 de decembro. Nas contas correntes ou cartillas de aforros abertas en entidades financeiras han de figurar as sinaturas da Presidencia, a Tesoureiría (sic) e Secretaría. Para poder dispoñer dos fondos serán precisas dúas das sinaturas.
 
===Artigo 25. Recursos económicos===