Conversa:Estatutos da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 136:
==Comentarios ó artigo 15==
En canto á elección da xunta directiva, no punto 2 só se menciona que se "fai por votación da Asemblea Xeral". Por experiencia na asociación na que estou, aconsello especificar un chisquiño máis (ou está noutro apartado?). Máis ca nada por indicar cando se candidata a xente aos postos (e sabelo con antelación) ou como se procede á elección (sistema de votación). Para o primeiro suxiro que os/as interesados/as se candidaten un mes antes. Sobre da votación, unha opción é votar cargo por cargo con elección por minoría simple. Outra é elixir un/unha presidente, e que este/a elixa aos demais membros da súa directiva. A asemblea deberíaos ratificar a posteriori, iso si. Coméntoo para evitar problemas elixindo a directiva por falta de asistencia, ter que decidir en cada momento como votar, resolver empates etc. Na súa hora fixemos un sistema de votación electrónico para esa asociación na que estou, pero igual é demasiado revirado :P [http://trasno.gal/download/asociacion/estatuto.pdf Déixoo aquí por se serve para comparar ou reciclar (PDF)] :) [[Usuario:Mgl.branco|Mgl.branco]] ([[Conversa usuario:Mgl.branco|conversa]]) 21 de setembro de 2018 ás 07:44 (UTC)
:[[Usuario:Mgl.branco|Mgl.branco]], estes detalles irán no regulamento de réxime interno para simplificar os estatutos, ademais así calquera modificación que se queira facer nese apartado non terá que rexistrarse de novo, só terá que ser aprobado en Asemblea, aforrando as taxas asociadas. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 23 de setembro de 2018 ás 12:11 (UTC)
 
==Comentarios ó artigo 17. Facultades da Xunta==
Volver á páxina "Estatutos da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre".