¡Cereixas, boas cereixas!: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{encabezar |nome= |autor= Luís de Outeiro, '''' |dataano= }} {{Prose}} <center>___</center> {{Espazos|3}} </div> == Véxase tamén ==..."
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{encabezar
|nome= {{PAGENAME}}
|autor= [[Autor:Luís Otero Pimentel|Luís de Outeiro]], [[w:Follas Novas (A Habana)|''Follas Novas'' (A Habana)]] n.º 489.
|dataano= 1906
}}
{{Prose}}
<center>___</center>
 
{{Espazos|3}}Cheguei á miña terra no tempo delas, e toleo véndoas. ¡Que ramiños
{{Espazos|3}}
tan roxos e tan cargados! ¡Canto dera por poder arrincar e mandarvos unha
cereixeira!
 
{{Espazos|3}}De Cades á Cruña, vin embarcado, dando un brinco onde descansei e
comín unha pescada. ¡Que boa estaba!
 
{{Espazos|3}}Despois din outro brinquiño, asta Villagarcía, onde comín medio
lacón con caldo de crego; millor que aquel que nos deron a Álvaro da Igrexa,
a min e outros amigos, no restaurant “Suízo”...
 
{{Espazos|3}}Antes de volver pró barco, cheguei a Carril, que está pretiño daquela
vila, e alí merendei como un frade, dos que teñen boas gorxas.
 
{{Espazos|3}}Villagarcía e Carril son dúas irmás moi bonitas, que teñen gracia na
cara e alegría no peito. Medraron algo, desque eu as vira, aló polo ano de
1861... Xa vedes que non falo de onte. Pero, decíndovos a verdade, aínda pensaba
velas máis medradas.
 
{{Espazos|3}}En poucas horas o barco chegou a Marín, onde comín unha cunca de
grelos e catro sardiñas, servidas por unha nena moi garrida que, entre outras
palabriñas moi doces, díxome: – Que pouco come, señor; ¿non lle gusta o que
lle trouxen?
 
{{Espazos|3}}—Si, está moi bo, –respondille– pero desque te vin penso na imaxen
da primeira rosiña que froleou ó meu camiño.
 
{{Espazos|3}}—Non o entendo, señor, –dixo ela coa maior inocencia.
 
{{Espazos|3}}—Ese é o meu sentemento. Antes entendíanme todas, aunque non
falase: agora os meus ollos e as miñas palabras pérdense no mar das soedades.
 
{{Espazos|3}}—¿Quere que chame a miña nai, por si o entende?
 
{{Espazos|3}}—Non; non a chames, Rosiña... que pra vello basto eu...
 
{{Espazos|3}}Botou o barco outra carreira, e chegamos á Cruña. Cando eu poñía os
meus pés naquela terra que, si non me chamasen tolo, baixaríame pra bicala,
como a testa coroada da nosa Galicia; vendo que ninguén me agasallaba, non
puden menos de decirlle:
 
<poem>
{{Espazos|12}}Terra de María Pita,
{{Espazos|12}}de Marola e do Orzán,
{{Espazos|12}}bota as campanas ó vento
{{Espazos|12}}que non chega ningún can...
 
{{Espazos|12}}¡Que toleada! ¡As campanas ó vento!...
</poem>
 
{{Espazos|3}}¿E que demos fixen pra merecerlo?
 
{{Espazos|3}}¿Que diñeiro teño, a cantos esfolei e que preitos ganei pra que me
agasallen?
 
{{Espazos|3}}Correr mundo, traballar, sufrir, pensar, amar, chorar e morrer polo
nome, polo ben e pola honra da patria querida, non son cousas de tanta monta
que merezan os agarimos da misma...
 
{{Espazos|3}}—¡Cereiras, boas cereixas!
 
{{Espazos|3}}—¿De donde son, rapaza?
 
{{Espazos|3}}—Sonlle de Meirás.
 
{{Espazos|3}}—¿Canto queres por elas?
 
{{Espazos|3}}—Por todas, seis reás.
 
{{Espazos|3}}—Toma: lévamas á fonda.
 
{{Espazos|3}}—Espere toma a volta.
 
{{Espazos|3}}—Non tes que volverme nada: as cereixas valen eso.
 
{{Espazos|3}}—Non señor: eu non pido limosnas...
 
{{Espazos|3}}—Non seas orgullosa, nena; este vello non te ofende.
 
{{Espazos|3}}—Moitas gracias, señor.
 
{{Espazos|3}}—¿Que pasou?
 
{{Espazos|3}}—Este señor que me dou veinte reás polas cereixas.
 
{{Espazos|3}}—Será moi rico.
 
{{Espazos|3}}—Non son rico: é unha promesa.
 
</div>
Liña 19 ⟶ 106:
[[Categoría:GL-C]]
[[Category:Luís Otero Pimentel]]
[[Category:Follas Novas (A Habana)]]
[[Category:1906]]