Lei de símbolos de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Desfixéronse as edicións de 213.177.196.107 (conversa); cambiado á última versión feita por One2
Etiqueta: Desfacer
Liña 17:
2. Galicia ten himno e escudo de seu.»
 
Da lectura deghxhshjsdhsdhashsnsn nsnsstadesta disposición, que non se remite a un desenvolvemento lexislativo, cabe doadamente pensar que os redactores da nosa Lei estatutaria tiñan ben presente que xa existían no ánimo e no pensar do pobo galego o himno e o escudo, e que, polo tanto, non cabían sobre a súa regulación máis dúbidas cás que veñen impostas pola necesidade de oficializa-la letra e a música que Pondal e Veiga puxeron na memoria e na boca dos galegos e pola conveniencia de describir coa exactitude que a heráldica demanda o símbolo que foi nacendo en pedras e en bandeiras co paso das idades.
 
Polo que se refire á bandeira, que vén descrita no Estatuto como seña de identidade e co rango que precisaba, a Lei limítase a fixa-las súas proporcións, a regula-la bandeira oficial, isto é, a que vai cargada co Escudo, e a face-las previsións precisas no que toca ó seu uso e ás súas precedencias.