Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Disposicións adicionais: Segunda e Terceira
Liña 694:
 
No suposto de ficheiros e tratamentos non automatizados, a súa adecuación a esta lei orgánica, e a obriga prevista no parágrafo anterior deberán realizarse no prazo de doce anos contados desde o 24 de outubro de 1995, sen prexuízo do exercicio dos dereitos de acceso, rectificación e cancelación por parte dos afectados.
 
:Segunda ''Ficheiros e rexistro de poboación das administracións públicas''
 
1. A Administración xeral do Estado e as administracións das comunidades autónomas poderanlle solicitar ó Instituto Nacional de Estatística, sen consentimento do interesado, unha copia actualizada do ficheiro formado cos datos do nome, apelidos, domicilio, sexo e data de nacemento que constan nos padróns municipais de habitantes e no censo electoral correspondente ós territorios en que exerzan as súas competencias, para a creación de ficheiros ou rexistros de poboación.
 
2. Os ficheiros ou rexistros de poboación terán como finalidade a comunicación dos distintos órganos de cada Administración pública cos interesados residentes nos respectivos territorios, respecto ás relacións xurídico-administrativas derivadas das competencias repectivas das administracións públicas.
 
:Terceira ''Tratamento dos expedientes das derrogadas leis de vagos e maleantes, e de perigosidade e rehabilitación social''
 
Os expedientes específicamente instruídos ó abeiro das derrogadas leis de vagos e maleantes, e de perigosidade e rehabilitación social, que conteñan datos de calquera índole susceptibles de afectaren a seguridade, o honor, a intimidade ou a imaxe das persoas, non poderán ser consultados sen que medie consentimento expreso dos afectados, ou sen transcorreren cincuenta anos desde a data daqueles.
 
Neste último suposto, a Administración Xeral do Estado, agás que haxa constancia expresa do falecemento dos afectados, porá a disposición do solicitante a documentación, suprimindo dela os datos aludidos no parágrafo anterior, mediante a utilización dos procedementos técnicos pertinentes para o caso.
 
[[Category:documentos legais]]