Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 1:
Lei 4/1995, de 24 de maio
== Exposición de motivos (Lei derogada pola Lei 2/2006 de dereito civil de Galicia)==
O dereito civil de Galicia é unha creación xenuína do pobo galego. Como dereito regulador de relación entre suxeitos privados, xorde ó longo dos séculos na medida en que a súa necesidade se fai patente fronte a un dereito que, por ser común, negaba as nosas peculiaridades xurídicas emanadas do mais fondo sentir do noso pobo. É por iso un froito da realidade social e, como tal, cambiante ó longo do tempo, de xeito que mentres unhas institucións per den vixencia aparecen outras que tratan de acomodarse á nova situación. Esta tensión entre a realidade e a supervivencia de formas xurídicas que van sendo superada foi dando, así mesmo, novo sentido a novas institucións, xa que poucas veces poderá atoparse unha relación funcional tan estreita entre esas necesidades que as institucións xurídicas tentan acadar e a realidades de cada momento histórico.
 
Liña 14:
 
Se vivo e expresivo dun dereito propio é o sinalado no parágrafo anterior, complétase a súa riqueza co aquelas institucións constitutivas dun réxime económico familiar con fórmulas específicas de dereito sucesorio, integradoras dunhas relacións xurídico-privadas de gran alcance, pois definen as forma familiares e o papel da casa no desenvolvemento non só do dereito galego, senón tamén de grande elementos explicativos da cultura galega. Institucións como o vitalicio, tan vivo na realidade socia galega, acadan agora un estatuto xurídico que as circunstancias do noso tempo reclaman Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente promulgo en nome de El-rei, a Lei de dereito civil de Galicia.
 
 
==Título Preliminar ==