Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6. Aplicación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "As palabras introducidas desde o árabe correspóndense con moi diversas temáticas desde antigo. Aínda así, os termos que se precisan na actualidade pertencen principalmente a cer..."
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
As palabras introducidas desde o árabe correspóndense con moi diversas temáticas desde antigo. Aínda así, os termos que se precisan na actualidade pertencen principalmente a certos campos temáticos concretos. Xa que logo, consideramos interesante clasificar os termos nos tecnolectos aos que pertencen: a nosa aproximación abordará algúns termos relativos á lingüística e literatura propia do árabe, á vestimenta e á xeografía física.
 
Xustificamos a creación das seguintes adaptacións principalmente por dous motivos: pola imposibilidade de recuperar un termo patrimonial creando un neoloxismo semántico e pola necesidade de tratar como calcos estes conceptos que representan aspectos dunha cultura tan diferente da nosa. É certo que nada impide referirse ao patio central dunha mezquita coa denominación ''patio'' ou utilizar ''camposanto'' ou ''cemiterio'' para os específicos da relixión árabe, pero consideramos que o uso do xenérico en funcións divulgativas non impide a necesidade de que exista un termo específico para contextos nos que se pretenda unha maior aproximación terminolóxica ao orixinal. Con todo, existen palabras que consideramos xa asumidas como dentro do sistema ortográfico e fonolóxico galego que comentaremos onde corresponda.
 
{{Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. Índice}}