Cantares gallegos/Prólogo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
O contido da páxina foi substituído por "{{encabezar |nome=Cantares gallegos |autor=Rosalía de Castro |data=1863 }} <pages index="Cantares Gallegos 1863 Rosalía Castro de Murguía.pd..."
Liña 1:
{{encabezar
[[Cantares gallegos]]
|nome=[[Cantares gallegos]]
 
|autor=[[Rosalía de Castro]]
----
|data=1863
 
}}
{{Espazos|2}} Grande atrevemento é, sin duda, par' un probe
<pages index="Cantares Gallegos 1863 Rosalía Castro de Murguía.pdf" from=9 to=12/>
 
inxenio com' o que me cadrou en sorte, dar á
 
luz un libro cuyas páxinas debían estar cheyas
 
de sol, d'armonía, e d'quela naturafidade que
 
unida á un-ha fonda ternura, á un arrulo ince-
 
sante de palabriñas mimosas e sentidas, forman
 
á maior belleza d' os nosos cantos populares.
 
A poesía gallega toda música e vaguedade, toda
 
queixas, sospiros e doces sonrisiñas, mormu-
 
xando un-has veces c'os ventos misteriosos d'os
 
bosques, briland' outras c' ó rayo de sol que cai
 
sereniño por enriba d' as auguas d'un río farto
 
e grave, que corre baixo as ramas d'os salguei-
 
ros en frol, compríalle para ser cantada, un
 
sprito subrime e cristaiño si asi ó podemos de-
 
cir, un-ha inspiración fecunda, com' á vexeta,
 
ción que hermosea esta nosa privilexiada terra
 
e sobre todo un sentimento delicado e penetran-
 
te prá dar á conocer tantas bellezas de pirmeiro
 
----
 
<center>'''VIII'''</center>
 
orden, tanto fuxitivo rayo d' hermosura, como
 
se desprende de cada costume, de cada pensa-
 
ento escapado á este pobo á quen moitos cha-
 
an estúpido, e á quen quisais xuzguen insen-
 
sibre, estraño á devina poesia. Mais naide ten
 
menos qu'eu teño, as grandes cualidades que son
 
precisas prá levar á cabo obra tan dificile, anque
 
naide tampouco se pudo achar animado d'un mais
 
bon deseo, prá cantar as bellezas da nosa terra
 
naquel dialecto soave e mimoso, que queren fa-
 
cer bárbaro, os que non saben que aventaxa ás
 
demais linguas en dozura e armonia. Por esto,
 
inda achándome débil en forzas e nabendo de-
 
prendido en mais escola qu' á d' os nosos probes
 
aldeans, guiada solo por aqueles cantares, aque-
 
las palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvi-
 
dados que tan doçemente resoaron nos meus
 
oídos desd' á cuna, e que foran recollidos
 
po-lo meu corazón como harencia propia, atre-
 
vinme á escribir estos cantares, esforzándome
 
en dar á conocer como algun-has d' as nosas
 
poeticas costumes, inda conservan certa frescu-
 
ra patriarcal e primitiva, e com'o ó noso dialecto
 
doce e sonoro, é tan aproposito com'ó o pirmeiro,
 
para toda clase de versificación.
 
----
 
As miñas forzas é certo quedaron moito mais abaixo d' ó que alcançaran os meus deseyos, e por eso comprendendo canto poidera facer nesto un gran poeta, dóyome inda mais da miña insuficença. Ó libro d' os Cantares de D. Antonio Trueba, que m' inspirara e der' alento prá levar á cabo este traballo, pasa pó-Io meu pensamento com' un-hun remorso, e casi asoman as vagoas ôs meus ollos ô pensar como Galicia se levantaria hastr'ó lugar que lle corresponde, si un poeta como Anton ó d' os Cantares, fose o destinado prá dar á conocer as suas bellezas e ás suas costumes. Mais á míña infeliz patria, tan desventurada nesto como en todo ó mais, tense que contentar c' un-has páxinas frias e insulsas, qu' á penas serian dinas d' achegarse de lonxe âs portas dó Parnaso, como non fosse pó-lo nobre sentimento c' as creou. Qu' esto mesmo me sirva de disculpa, prá os que xustamente quirtiquen as miñas faltas, pois penso que ó que s' esforça por desvanecer os errores que manchan e ofenden inxustamente á sua patria, é acreedore á algun-ha indulxencia.<br>
Cantos, vagoas, queixas, sospiros, serans, romerias, paisaxes, debesas, pinares, soidades, ribeiras, costumes, tod' aquelo en fin que pó-la sua forma e colorido e dino de ser cantado, todo ó que tuvo un eco, un-ha voz, un runxido por leve que fosse, que chegase á conmoverme, tod' esto m' atrevin á cantar neste homilde libro prá desir un-ha vez siquera, y anque sea torpemente, ôs que sin razon nin conocement' algun nos despreçan, qu' a nosa terra é dina d' alabanzas, e qu' a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nás mais ilustradisimas províncias, c' un-ha risa de mofa, qu' á desir verdade (por mais qu' esta sea dura), demostra á iñorancia mais crasa y á mais imperdoable inxusticia, que pode facer un-ha provincia á outra provincia hirman por probe qu' esta sea. Mais he aqui qu' ó mais triste nesta cuestion, é á falsedade con que fora d' aqui pintan así ôs fillos de Galicia com' á Galicia mesma, á quen xeneralmente xuzgan ó mais despreciable e feyo d' España, cando acaso sea ó mais hermoso e dino d' alabanza.<br>
Non quero ferír con esto á susceptibilidade de naide, anque á decir verdade, ben poidera perdonarsell' este pequeno desafogo á quen tan ferida foy de todos. Mais eu qu' atravesei repetidas veces aquelas soledades de Castilla, que dan idea d' ó deserto; eu que recorrin á feraz Estremadura y á estensa Mancha, dond' ó sol cai á plomo alomeando monotonos campos, dond' ó cor d' á palla seca prest' un tono cansado ô paisaxe que rinde e entristece ó esprito, sin un-ha herbiña que distraya á mirada que vai perderse nun ceo sin nubes, tan igual e tan cansado com' á terra que crobe; eu que visitei os celebrados arredores d' Alicante dond' os olivos, có seu verd' escuro, sembrados en fila e de raro en raro parecen chorar de verse tan solitarios, e vin aquela famosa horta de Murcia, tan nomeada, e tan alabada, e que, cansada e monotona com' ó resto d' aquel paise, amostra á sua vexetacion tal como paisaxes pintados nún carton con árbores postos simetricamente y en carreiriños para divertision d' os nenos, eu non podo menos d' indignarme cand' os fillos d' esas provincias que Dios favoreceu en fartura, pero non ná belleza d' os campos, bulranse d' esta Galicia competidora en clima e galanura c'os paises mais encantadores da terra, esta Galicia donde todo é espontaneo na natureza y en donde á man do home, cede o seu posto á man de Dios.<br>
Lagos, cascadas, torrentes, veigas froridas, valles, montañas, ceos azues e serenos com' os d' Italia, horizontes nubrados e malenconicos anque sempre hermosos com' os tan alabados da Suiza, ribeiras apacibres e sereniñas, cabos tempestuosos qu' aterran e adimiran po-la sua xigantesca e xorda cólera... mares imensos... que direi mais? non hay pruma que poida enumerar tanto encanto reunido. A terra cuberta en tóda-las estacions de herviñas e de frores, os montes cheyos de pinos, de robres e salgueiros, os lixeiros ventos que pasan, as fontes y os torrentes derramándose fervedores e cristaiños, bran e inverno, xa po-los risoños campos, xa en profundas e sombrisas ondanadas... Galicia é sempre un xardin donde se respiran aromas puros, frescura e poesia... E á pesar d' esto chega á tanto á fatuidade d' os iñorantes, á tanto á indina preocupacion que contra á nosa terra existe, qu' inda os mesmos que poideron contemprar tanta hermosura (xa non falamos d' os que se bulran de nos sin que xamais nos hayan visto nin ainda de lonxe, que son os mais) inda os que penetraron en Galicia e gozaron d' as delicias qu' ofrece, atreveronse á decir que Galicia era... un cortello inmundo!!... Y estos eran quisais fillos... de aquelas terras abrasadas d' onde hastra os paxariños foxen!... que diremos á esto? Nada mais sinon, que taes fatuidades, respecto do noso pais, teñen algun-ha comparanza c' as d' os franceses ô falar d' as suas eternas vitorias ganadas ôs españoles. España, nunca, nunca os venceu, po-lo contrario sempre saleu vencida, derrotada, homillada, e ó mais triste d' esto é que vale antr' eles tan infame mentira, así como vale prá á seca Castilla, prá á deserta Mancha e prá tóda-las demais provincias d' España, —ningun-ha comparada en verdadeira belleza de paisaxe, có á nosa,— que Galicia é ó rincon mais despreciable da terra. Ben din que todo neste mundo está compensado, e ven asi á sofrir España d' un-ha nacion veciña que sempre á ofendeu á misma inxusticia qu' ela, inda mais culpabre, comete c' un-ha provincia homillada de quen nunca s' acorda, como non sea prá homillala índa mais. Moito sinto as inxusticias con que nos favorecen os franceses, pró neste momento casi lles estou agradecida, pois que me proporcionan un medio de facerlle mais palpabre á España á inxusticia qu' ela á sua vez conosco comete.<br>
Foy este ó movil principal que m' impeleu á pubricar este libro, que mais que nadie, conoço que necesita á indulxencia de todos. Sin gramatica, nin regras de ningun-ha clás, ó lector topará moitas veces faltas d' ortografia, xiros que disoarán ôs oidos d' un purista, pró ô menos, e prá disculpar en algo estes defectos, puxen o mayor coidado, en reprodusir ó verdadeiro esprito d' ó noso pobo, e penso qu' ó conseguin en algo... si ben de un-ha maneira débil e froxa. ¡Queira ó ceo qu' outro mais afertunado qu' eu, poida describir c' ó seus cores verdadeiros, os cuadros encantadores que por aquí s' atopan, inda no rincon mais escondído e olvidado! prá qu' asi ô menos en fama, xa que non en proveito, gane e se vexa c' o respeto e adimiracion merecidas esta infortunada Galicia.
 
[[Categoría:GL-C]]