Fatalismo
Fatalismo (Con anacos do meu interior) Manuel Antonio 1920
Pra que os pinos falasen
unha dor ten o vento
Quen sabe o que dixeron
ó cruzarse co morto...!
Pra que os pinos falasen
unha dor ten o vento
Quen sabe o que dixeron
Foi pra non voltar máis
polo camiño torto.
As cruces dos camiños
teñen remordemento
Foise a pousar un corvo
na cruz dun camiñante
As cruces dos camiños
teñen remordemento
Foise a pór un mascato
na cruz dun navegante.
Hai camiños que van
e hai camiños que volven
Agora non vai auga
na canle do muíño
Hai camiños que van
e hai camiños que volven
O neno
está xogando
cun mundo pequeniño....
<<<< | >>>> |