Abrir o menú principal



Follas novas 1880 Rosalía Castro de Murguía.pdf
A XUSTICIA PÓ-L-A MAN


   Aquês que tên fama d'honrados n'a vila
Roubaronme tanta brancura qu'eu tiña,
Botáronme estrume n'as galas d'un dia,
A roupa de cote puñéronma en tiras.
   Nin pedra deiẍaron, en dond'eu vivira;
Sin lar, sin abrigo, morey n'as curtiñas;
Ô raso c'as lebres dormín n'as campías;
Meus fillos..., ¡meus anẍos!..., que tant'eu queria
¡Morreron, morreron, c'a fame que tiñan!
   Quedei deshonrada, mucharonm'a vida,
Fiẍronme un leito de toẍos e silvas;
Y-en tanto, os raposos de sangre maldita,
Tranquilos n'un leito de rosas dormian.

___


   -Salvademe ¡ou, xueces!, berrey..., ¡toleria!
De min se mofaron, vendeum'a ẍusticia.
- Bon Dios, axudaime, berrey, berrey inda...
Tan alto qu'estaba, bon Dios non m'oira,
   Estonces cal loba doente ou ferida,

D'un salto con rabia pillei a fouciña,
Rondei paseniño...¡Ne-as herbas sentian!
Y-a lua escondiase, y á fera dormia
Cos seus compañeiros en cama mullida.

   Mireinos con calma, y as mans estendidas
D'un golpe, ¡d'un soio!, deiẍeinos sin vida.
Y-ô lado contenta, senteime d'as vítimas,
Tranquila, esperando po-l'a alba d'o día.

   Y-estonces... estonces, cumpreuse a ẍustiza,
Eu, n'eles; y as leises, n'a man qu'os ferira