Froles e espiñas


Froles e espiñas       Luís Otero Pimentel, Follas Novas (A Habana) n.º 497.       9/12/1906
 


___

                              A la ilustre escritora,

                                                  señora Pardo Bazán.

   ¡Dichosos os que non viron máis mundo que a súa aldea! Volvín a ela sendo mociño, pra perdela nuovamente nun abrir e cerrar de ollos.

   ¿Por que pasades tan presto ¡ah días de mocedades! ¿Por que deixades no peito recordos tan mamorabres? ¿Por que, crecriades amores que non deixan más que espiñas? ¿Volveremos a nacer? ¿Aí nos conoceremos?

   ¡Noite crara e prasenteira! Os campos, agros e fontes, marmuraban cántigas, muñeiras e alboradas de groria. Os luceiros do ceo, ilumeaban os carreiros das nosas aldeas, os cans ladraban nas eiras; os lobos fuxían prás súas covas; os mozos de Outeiro –eu mociño entre eles– armados de paus, balocos, picachos e fouces gatas, camiñabamos prá gran fiada de Cortegada...

                    Estreliña que relumbras
                    con amor e craridade,
                    vaise a noite, vaise o día
                    vaise a nosa mocedade...

   Así cantabamos polo camiño; e así, cantando e atruxando, como quen non conoce o medo, chegamos á gran fiada.

   ¡Que sorte, chegar os primeiros!...

   A quen madruga, Dios o axuda...

   Despois foron chegando os de Santomé, Loño, Piloña, Cameiro, Ameigo, Merza, Reboredo, e non sei cántos máis de outras partes.

   ¡Que gallardía nos mozos! ¡Que variedad de paus!

   ¡Que riqueza de traxes!

   Alí había calzós repunteados, monteiras piruleiras, paraguas e chapeaos portugueses, i sombreiros calañeses, como niños de pega.

   Eu nunca vira cousa como ela.

   ¿E da fiada?... A fiada cegaba.

   ¡Cantas mozas! ¡Que xuntiñas! ¡Que trenzas de pelo! ¡Que ollos! Aquel era un xardín de rosas e craveles, abertos e sin abrir. Era un semilleiro de estrelas que alumeaban máis que as do ceo. ¡Cantas froles!

   Fóra das de Outeiro, eu non conocía a ningunha. Aunque noviño, fun atrevido e metinme no medio do xardín. Mirei pra todas do millor modo que puden... As vellas miráronme de frente; as mozas de reollo... Unha nena moi dalga, botoume unha ollada que me matou; e despois mirou pró chao... ¿Que facer? Non perder tempo.

   Ferido por aquela ollada, saquei forzas de fraqueza, e, tan dilixente como vergonzoso, funme ó pé da miña enemiga, antes que outros se me adiantasen.

   Canto máis presto me vin dela, máis espantado quedei de súa hermosura e fidalguía. ¡Que sinxela! ¡Que branca! ¡Que cara de etrela!

   —Boas noites, rosiña, –díxenlle.

   —Boas noites, galán –pero eu non me chamo Rosiña –respondeu.

   —Si non te chamas, é o menos que debían chamarte.

   —¡O menos! ¡Arrenégote demo! ¿E como sería o máis?

   —O máis sería chamarte reina das rosas.

   ¡Que risotada botaron as que estaban alí xuntas!

   Unha dixo: “Este mociño non é tolo”. Outras dixeron: “Criouse na Vila”.

   Rosiña, moi encarnada, como unha cereixa, dixo:

   —Falas como un mestre Luís: ¿como che vai por Outeiro? ¿Non te acordas do que deixaches na Vila?

   —¡Luís me chamo!... ¡Sabes o meu nome! ¿Logo si conócesme? No Outeiro vaime ben... Da Vila acordábame algo; pero xa non me acordo nada.

   —Si, sabía que viñeras; sin conocerte parecíame como es... ¡Xa non te acordas da Vila!... ¡Que esquencido! ¿Desde cando?

   —Desde o mesmo momento que te vin.

   —¡Que xuncras de rapas!... O teu falar mete medo... Pero séntate, que virás cansado.

   Fíxome sitio ó seu lado, apretándose cas outras, e recollendo a roupiña: ¡Senteime acaronciño dela!

   ¡Reixes coroados! ¡Nobres emperadores! ¡Grandes califas dos grandes palazos!

   ¿Que son as vosas cadeiras de ouro, seda e marfil, comparadas do tallo de castiñeira daquela reina da festa?

   Pois, as rosas cadeiras son asentos de espiñas, douradas cos sudores e bágoas dos pobos, que traballan, sufren e choran, mortos de fame, cheos de inxustizas e desprezos, dos que máis se arrastran na lama máis baixa; mentras que o noso tallo, era sento de froles; trono de ánxeles; tempro de amores...

   ¡Cantos envidosos me miraban con ollos de lagarteiros!...

   Daquela xa comencei a conocer que o verdugo máis temibre da humanidad é a envidia. Despois esta herba venenosa, atopeina por todo los camiños da miña vida.

   Fuxide, da envidia, meus fillos, como si fora un can doente.

   ¡Que ben fiaba, rosiña! ¡Que ben facía baila-lo furo!

   ¡Que ben visaba a manela, namentras que eu rebullía as noces que ela tiña na faltriqueira!... ¡Coidado, neno! –decía ela.

   ¡Que parrafeos! ¡Que contos! ¡Que xogos!

   Non teño vagar pra contarvos todo o que alí pasou. ¡Noite longa do inverno, fuxeu como un lóitrego!

   Bástame deciros que pra se-la primeira é a última fiada de que eu poida dar conta foi boa.

   Cantando os galos ó día, acabouse a ruada, con moitos cántigos e moitos atruxos, que tiñan tanto de pas, como de guerra.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar


  Tódalas obras orixinais deste autor atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 80 anos.
As traducións poden non estar en dominio público.