Grande Himno a Atón
Adoración de Ra-Horakhti, que aparece glorioso no horizonte, no seu nome de Chu que é Atón, que vive para sempre; o grande Atón vivente que está no seu xubileu, o señor de todo o que o disco abarca, señor do ceo, señor da terra, señor da morada de Atón en Akhetatón; (e do) rei do Alto e do Baixo Exipto, que vive pola maet [1] , o señor das Dúas Terras [2] , Neferkheperuré-Uaenré; o fillo de Ra que vive pola maet, o señor das coroas, Akhenatón, grande na duración da súa vida; e a súa amada, a grande esposa real, a señora das Dúas Terras, Neferneferuaton Nefertiti, que viva con saúde e xuventude eterna.
O visir, o porta abanos á dereita do rei, Ai, di:
Ti xordes belo no horizonte do ceo
Oh Atón vivo, creador da vida!
Cando te ergues no horizonte oriental,
Todas as terras enches coa túa beleza.
Es belo, grande, resplandecente,
Excelso sobre todas as terras;
Os teus raios abrazan as terras,
Ata o limite de todo o que creaches.
Sendo Ra conquistas ata aos o seu limites,
Ti os dominas para teu amado fillo.
A pesar de estares lonxe, os teus raios brillan sobre a terra,
A pesar de estares diante das persoas, os teus camiños permanecen ocultos.
Cando te pos no horizonte occidental,
A terra fica na escuridade, como morta.
Todos dormen nos cuartos, as cabezas cubertas,
Un ollo non ve o outro.
Se roubasen os seus bens que se achan debaixo das súas cabezas,
Eles non apercibirían.
Todos os leóns saen dos seus cubís,
Todas as serpentes morden;
A escuridade envolve, xace a terra en silencio,
Pois o seu criador repousa no horizonte.
Mais a terra brilla cando apareces no horizonte,
E resplandeces como Atón durante o día.
Ti eliminas as tebras,
E lanzas os teus raios,
As Dúas Terras están en festa,
Acordadas e atentas sobre os seus dous pés.
Ti as fixeches levantar;
Os corpos están limpos e vestidos,
Os brazos en posición de adoración perante a túa aparición.
A terra enteira ponse a traballar.
Todo animal goza do seu pasto.
As árbores e as herbas verdean.
Os paxaros voan dos seus niños,
As súas ás adoran o teu ka,
Os animais salvaxes pulan nos seus pés,
Aqueles que voan e aqueles que pousan,
Viven cando ti te ergues cara eles.
As barcas soben e baixan a corrente,
Todos os camiños se abren cando ti xordes.
Os peixes do río saltan perante a súa presenza,
Os teus raios chegan ao fondo do gran Mar Verde. [3]
Ti que fas crecer a semente nas mulleres,
Que crías as persoas do esperma,
Que alimentas o fillo no ventre da súa nai,
Que o acalmas para que non chore.
Ti nutrinte de quen aínda está no ventre,
Que concedes o alento para facer vivir todo o que creas.
Cando sae do ventre para respirar,
No día do seu nacemento,
Ti lle abres a boca para falar
E provés as súas necesidades.
Cando o pitiño está no ovo, piando na casca,
Ti alí dentro lle dás o alento para vivir.
Ti o completas para que quebre a casca
E dela sae para piar e completarse
Camiñando coas súas dúas patas cando sae del.
Que numerosas son as túas obras!
Aínda que misteriosas aos ollos dos homes,
Oh, Deus único, para alén de ti ningún outro existe!
Ti creaches a terra conforme ao teu desexo, cando estabas só:
Os homes, o gando, e todos os animais salvaxes,
Todo o que existe sobre a terra que anda sobre os seus pés
E todo aquilo que está no ceo e voa coas súas asas,
As terras de Khor e Kuch [4], e a terra do Exipto.
Ti colocaches todo home no seu lugar
Satisfás as súas necesidades.
Cada un co seu alimento e coa duración do seu tempo de vida.
As súas linguas son diferentes,
E tamén as súas naturezas
As súas peles son distintas,
Para distinguir as persoas.
Ti creaches o Nilo na Duat [5]
Que levas a onde queres
Para dar vida ás persoas,
Que creaches para ti.
Ti, señor de todas elas, que traballas para elas,
Señor das todas as terras que brillas para elas
Oh Atón do día, grande na túa gloria!
A todas as distantes terras estranxeiras concediches a vida,
Porque puxeches un Nilo no ceo que baixa para elas
E que fai ondas sobre os montes
Como o Mar Verde
Para bañar os seus campos e as súas cidades.
Que perfectas son as túas obras, Oh Señor da eternidade!
Un Nilo no ceo é o teu presente para os estranxeiros
E para todas as criaturas da terra que camiñan sobre as súas patas,
Mais para o Exipto o Nilo ven da Duat.
Os teus raios alimentan todos os campos;
Cando brillas, eles viven e prosperan para ti.
Ti creaches as estacións para que se desenvolva toda a túa obra:
O inverno para refrescalos, o calor para que te saboreen.
Ti creaches o ceo distante para brillares nel
E para contemplares a túa obra;
Ti único, que resplandeces na forma de Atón,
Alto, luminoso, distante, veciño.
Creas a partir de ti mesmo millóns de formas,
Cidades, poboados, campos, o curso do río.
Todos os ollos te observan
Pois ti es o Atón do día no alto.
Ti estás no meu corazón,
Non hai ningún outro que te coñeza,
Excepto o teu fillo, Neferkheperuré-Uaenré,
A que revelaches os teus camiños e o teu poder.
Ti creaches as criaturas da terra coa túa man,
Se resplandeces, elas viven,
Se te pos no horizonte, elas morren;
Ti es a propia duración da vida, todos viven grazas a ti.
Todos os ollos ven a túa beleza, en canto non te pos.
Deixase todo traballo cando ti te póns no occidente;
Cando ti resplandeces, dás vigor ao rei,
E axilidade para todos
Desde cando fundaches a terra
E a erguiches para o teu fillo, que saíu do teu corpo,
O rei que vive pola maet, o Señor das Dúas Terras,
Neferkheperuré-Uaenré,
O fillo de Ra, que vive pola maet, o Señor das coroas,
Akhenatón, grande na duración da súa vida;
E a grande esposa real que el ama,
A señora das Dúas Terras,
Neferneferuaton Nefertiti, que viva novo para sempre na eternidade.
Notas
editarVexa o artigo da Galipedia acerca de Atón |