Abrir o menú principal

Grilos e ralos, rans albariñas


Grilos e ralos, rans albariñas,

Sapos e bichos de todas cras,

Mentras ó lonxe cantan os carros,

¡Que serenatas tan amorosas

Nos nosos campos sempre nos dan!

Tan só acordarme delas,

Non sei o que me fai;

Nin sei se é ben,

Nin sei se é mal.