Ir por lan...


Ir por lan...       Bernardo Rodríguez       1904     publicado no Almanaque Gallego para 1905.
 



Ir por lan... Almanaque Gallego para 1905.pdf


HOUBO n-a miña parroquia un cura de eses que toman á peito que os demáis non fagan o que eles fan, ou que non vexan as cousas como eles as ven. Pol-o demáis, era un santo varón, e tan pouco dado ó mundo que, según contan, ainda a terra non se atreven co seu corpo. Padricaba co a palabra, e daba enxempro c-os feitos. N-a sua casa había letreiros por todas partes pra que os seus freigueses mais parvos non se trabucasen n-o camiño do ceo. N-o soborlume da porta da escaleira estaba o pirmeiro, que dicía: Specta paulisper (espera un pouco). Alí, antes de pasar adiante, facían a siñal da crus cantas sacometeiras iban á ver ó siñor abade. N-o comedor fixera pintar dous: un frente á cabeceira da mesa onde él se sentaba pra comer, que encargaba pouco barullo cando se facía ben pol-o corpo: Dum manducas, siles (mentres comes, calas); o outro quedaba mesmo por detrás d-él cando se puña á mesa, como feito adrede solasmente pr-ós d-afora. Este era un aviso macuco: Fratres, sobrii estote et vigilate (hirmaos, comede pouco e dormide menos). Non lle importaba ó cura que os seus convidados larpeasen canto lles pidise o estámago e ainda mais, pero doíalle a concencia se por ser tan farto n-a sua casa algún gulusmeiro se condanaba. E esto fixoo cavilar tanto que, aconsellándose co a familia, detrimiñou non Ile dar mais de comer ós cregos anque os vise langrear de fame. E, meu dito meu feito, o día de San Antón despachounos á todos con soilo os cartos da misa. encargándolles que pr-ó domingo viñesen o mais cedo que poidesen, porque a misa sería as once.

   Cando os cregos viron que os despachaba co a barriga baldeira, foron saíndo da sancristía trinando contra él. N-o adra esperaron uns ós outros, e fixeron o manipodio de non vir ningún o domingo, deixando así sin función á parroquia e á Virxen da Conceución por culpa do seu cura, que líes negaba hastra unha cunca de caldo pra poder chegar con folgo as suas casas.

   Veo o domingo, pero os cregos... ¡Vaiche boa! ¡quen-os vira! Sorte que o da misa e outro compañeiro non estaban n-o contumelio, e non faltaron, xuntándose así tres. Pero ¿quén cantaba no sobrado? O cura, apelando ás do saco, mandou á buscar un de eses renegados que volven de Buenos Aires pra que o sacase d-aquel apuro. Foy lixeiro o americano, e collendo o misal debaixo do brazo, alá se vay moy foncho á lucir a sua palleta.

   Comezou a misa: e o cura, que n-as tiña todas consigo, escramou: ¡Sit in nomine Domini benedictum! (vaya todo por Dios). Conforme adiantaba o santo sacreficio íbase tamén dexergando a alma do cura que saía de penas. Cardo chegou o Credo e o cantor botou moy ripinicado o seu factus est, revíase tanto o cura que mesmo saltaba de alegría n-o banco onde estaba sentado. ¡Qué crego nin qué frade o había de facer millor que ese americano que n-América non pensara mais que en traballar, hencher as maos de talos c a faltiqueira de... ilusións, sin acordarse de ir á misa, nin de cumprir c-os mandamentos da Santa Ilesia! Así dicían os tres de sotana cando tornaban a parva.

   D'ahí en diante o cura valeuse de cregos d'afora, sin ter que lles render bandeira ós que lle fixeran á figa.

   Pr-ó preceuto veuse n-elas: tivo que ir hastra Santiago en busca de un amigo que le axudase. Doulle palabra de asistir e non faltou: pol-a miñán cedo chegou n-un cabaliño que lle alquilara á Roxa de Pítelos, con un espolista lareto pra coidal-o cabalo.

   Puxéronse todos con ansia á fregar, barrer e sacudir a concencia dos pecadores hastra que os deixaron como corales. Despois d-este trafego fóronse á xantar.

   Alá pol-as tres da tarde chamou o de Santiago ó alquilador pra que arrease o cabalo. Cando se presentou o espolista, dixo moito o crego: aquí vos presento á un hirmao do Arcebispo... Todos quedaron suspensos ó oir tal cousa. Algúns dos mais labercos non aturaban co a risa.

   —¿Hirmao do Arcebispo un alquilador da Roxa? ¡Ar-négote!

   —Así m-o asegurou él baixando Cacheiras, dixo o santiagués.

   —Eso é tan certo e tan craro coma auga que me dou a sua ama ó xantar. Eu tampouco o sabía hastra que o mesmo Arcebispo m-o dixo.

   —Boeno, toma un vaso e cóntanos eso do parentesco; porque á min non me fas tragar que, sendo alquilador, seas hirmao do Perlado.

   —¡Qué quer, siñor: se vosté poidera ser canónego, non sería cura de aldea!

   —Xa se ve que non.

   —Pois á min pásamelle o mesmo.

   —Vamos ó conto.

   —Vaya estonces pol-a salú de vostés todos.

   —Que che aporveite.

   —Un día viña su eminencia da Ilesia de Nosa Siñora do Camiño, cando eu atravesaba a praza de Cervantes todo escalazado e cheo de fame e frío. Miroume con tanta bondá que me atrevín á botarme de rodillas ós seus pes dicindolle: ¡Unha limosna, siñor!... E él contestoume, parece que con moita pena: ¡Perdone, hermano!...

   Todos se botaron á rir á mais non poder.

   O meu cura, que era moy chusco, non se dando por vencido, chamouno pra mais preto de sí, e enseñándolle o letreiro que tiña detrás do seu tabolete, díxolle: o hirmao d-un Arcebispo debe de saber un cacho de latín.

   —En Santiago, siñor, saben latín hastra os cabalos da fonte das Preterías; pero á min nunca me lle entrou n-a cabeza..

   —E vergonzoso pra un santiagués hirmao do Arcebispo non saber siquera traducir estas palabras tan fáceles.

   —Boeno, siñor, se vosté me da outro vaso pra tomar folgo, verey se podo facerlle ese gusto.

   —¡Vaya, vaya, este eixo non canta se non lle dan touciño!! Pois toma.

   —Que por moitos anos. (¡Intellectus apretatus discurrit!) ¿Querme o siñor dicir palabra por palabra das que están escritas á ver se eu llas podo traducir?

   —Sí, hom, sí. Empecemos:

   Fratres.

   —Os frades.

   Sobrii estote.

   —Están de sobra.

   Et vigilate.

   —E moito ollo con eles.


                                                  Bernardo RODRÍGUEZ

Buenos Aires, 1904.

      

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


  Tódalas obras orixinais deste autor atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 70 anos.
As traducións poden non estar en dominio público.