Lamento da Frouseira
"Pranto da Frouxeira" descoñecido finais do s. XV ou comezos do XVI
Pranto da Frouxeira
A min chaman Teodomira,
señora do gran tesouro,
por estrela esclarecida
xago neste Valedouro
Máis tredor que un mour
o vilán que me vendeu
que de Lugo a Ribadeu
todos me tiñan temour.
De min a triste Frouseira
que por treizón son vendida,
derribada na ribeira
ca xamais se veu vencida.
Per treizón tamén vendido
Jesús, nosso Redentor,
e por aquestes treidores,
Pero Pardo, meu Señor.
Vinte e dous foron chamados
os que vendido o han,
non por fame de sustento,
de carne, viño nin pan.
Nin por outro minister
que falezcan de bondad
senón por súa vilancia
e mais por má intenzón.
Eles quedan por tredores
e seu amo por leal,
pois os Reis á súa filla
suas terras mandan dar.
A Deus darán conta delo
que lles queira perdonar
co que acabou a Frouseira
e a vida do Mariscal.