O Pintureiro       Eugenio Carré Aldao       1911
 


DE FOLK-LORE

___

O PINTUREIRO [1]

___

    Erase que se era un fidalgo dos mais pobres, d'aqueles que dixo
Cervantes «de lanza en astillero, adarga antigua, rocin flaco y galgo
corredor»
    A facenda era pouca: as trampas moitas; mais, así e todo, tan pa-
gado estaba dos seus pergaminos e executorias que inda non os trocara
po-las minas do Potosí. Baixal-o lombo ao traballo non ó baixaba; se-
gun él, por non luxal-a sua nobreza; segun as malas lingoas (quen as
pode acamallar) por tere moito de folgazanería.
    Vivía no lugarete na casa petrucial, que solo tiña de bô o dibuxado
escudo riba da porta. O vento e a cluvia colabanse pol-as desvencilla-
das ventás, onda os vidros non se vían facía moitos anos, e pol-as pou-
cas tellas que cubrían a ripa do tellado, que era unha bendición. Os
caneiros, pontonaxe e as táboas do piso, tan tramadas da traza es-
taban que, para andar pol-o sobrado, tíñanse de facer mais equilibrios
que para bailar na corda floxa. As paredes sostíñanse en pé sabe Dios
como, pois solo a providencia podía termar d'elas, nos días de treboa-
da, pol-ó landreadas que estaban.
    A roupa do fidalgo corría parexas c'o bon estado da casa. Recor-
dar, recordaba as modas do tempo do rei Perico; mais, en de por eso'
tan límpo do poo e palla andaba á forza do se acepillar, quo ao se pa-
seare c'o sombreiro â teima e c'o seu pau de carballo na man, mália o
lustroso do traxe, que de tan gastado deixaba vel-os fios da tea, pa-
recía todo un cabaleiro.
    Como diñeiro, non había de qué, tiña un modo de vivir apretadi-
ño. O seu xantar era ben cativo; non pasaba fame, gracias á que o pan
non iba caro, e comíao reseso para que lle rindera mais. O viño, Diol-o
dera: prestaballe mais a augoa fresca, pois para matal-a sede tiña un
pozo no curral que daba xenio.
    ¿Criados? servíase él que non estaba para manter folgazás, e nin-
guen fai as cousas mais xeitosas que o que as precisa.
    Así e todo, como tiña moita crianza, andaba sempre na compaña
dos veciños mais ricos e de mais nota da sua parroquia e das da bisbarra.
As visitas facías âs xeiras, boxe aquí manan ali, sendo ben recibido
onde queira que fora. Non tiña outro defecto mais que o da grandeza
e, á docotío, non falaba se non das rendas que cobraba; que se eran
tantos ou cantos ferrados: dos empregos que tiña dados á parcería ou
âs ganancias e outras cen e cen escochas que encaixaba á pote. Minti-
reiro cal era, onde mais se corría, era ao falar das suas comidas, que,
solo ao decil-ó que aparellaba para unha sola, podía darse por farto un
batallón.
    Ríase toda a xente do que argallaba o pobretón do fidalgo e, como
hai quen de todo se moca e moitos son o demo n-esto de poñeren alcu-
mes, deron en chamarlle O Pintureiro, non ó conocendo ninguen por
outro nome.
    Non faltou quen, vendo que ao bon do fidalgo non lle gustaba de-
ber favores sin pagalos (dos que non custan cartos, hay que entendela),
quixo facer modo de reducilo á xantar fora da casa, poñendoo no
apreto de ter que paga-la convidada. Mais non houbo de que. Ninguen
puido facerlle aceptal-o agasallo.
    O demo, que non durme, quixo que un día ao xantar das doce ti-
vera que sair á un pequeno viaxe e tanta presa tivo o bon do fidalgo
para facel-o mandado, que, casi sen lle dar romate â comida, ergueuse
da táboa. Tan cego saíu e tanto bulíu, pol-a conta que lle tiña, que non
se coidou de ben se limpal-a roupa.
    A sua mala fertuna fíxolle atopar n-unha corredoira c'un dos seus
veciños quen lle tivo o pé. Ben criado, cal era o fidalgo, non lle quedou
mais vivo remedio que ter un rato de leria c'o seu amigo, e, non se co-
rreu pouco, cando o veciño ollandoo ã niña dos ollos preguntoulle:
    - ¿El, qué tal hoxe de xantar?
    Afeito á botar por ela respondeu o fidalgo:
    - Mui ben: comin unhas perdices que……
    E sin deixalo arromatar díxolle o veciño, ríndoselle na sua mesma
cara:
    - Ben ó vexo, que inda trai vosté as prumas no chaleque.
    E ó que traía eran as pingotas das papas que co a presa non se
coidara de se as limpar, facendo certo o dito do refrán de que mais
axiña se pilla un mentireiro que un coxo.

                                                             Eugenio Carré Aldao
   A Cruña.
___

  1. Cuento recogido en Sergude, Ayuntamiento de Carral (Coruña).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar