O Infinido       Antón Losada Diéguez       sen data
 


Manuscrito den data.


O Infinido


Sempre deume pracer este ermo outeiro
Y-esta gándara qu'a unha veira y -outra
D'o leixano orizonte a vista cerran.
Mais sentado y-ollando o interminabre
Espazo que s'extende, o sobumano
Silenzo, e profondisima quietude
O pensamento ferve y eu maxino
Qu'o curazón ten medo. E como o vento
Oyo bruar o meu redor, eu este
Infinido silenzo, y-estas voces
Vou comparando: e lémbrome d'o eterno,
E dos pasados tempos, y-o presente
E vivo, y-o seu son. No medeo d'esta
Imensidade afonda o pensamento:
Y-o solagarse e dôce n'este mar.

      Leopardi (1819)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Beramendi, Justo, ed. (1985). Obra completa. Edicións Xerais. ISBN 84-7507-181-3. [1]
  • Marchisio, C., ed. (1999). Traduccións poéticas de Antón Losada Diéguez. Bibliófilos Gallegos. ISBN 84-605-9791-1. [2]

Orixinal

editar