O sono do emigrado

(Redirección desde «O soño do emigrado»)


Fume de palla: O SONO DO EMIGRADO       Alfredo Nan de Allariz       1909
 


Fume de palla, Imprenta y fotograbado Ferrer: A Coruña, 1909, pp. 19-21.


(A meu amigo D. Manuel Castro López, direutor do Eco de Galicia de Buenos Aires, onde pubriquei istes versiños que foron os primeiros que escribín).

Pensando n-a fertuna
que soña o emigrado
un día… ¡mali´á sorte!
pr´América embarquei,
y-ó zarpal-o buque
chorei, si, ¡malpocado!
pasaron vinte días,
y-â América cheguei.

Fai d´esto moitos anos,
mais, á fertuna aquela
con qu´eu soñei un día,
non vexo aparescer,
pois entran eiquí uns poucos,
é certo, con boa estrela,
pro, os mais can estrelados…
¡e non ll´ai que facer!

Si algún (d-os da boa estrela),
logrou en poucos anos
topar o maldecido,
metal de Belcebú,
eu só atopei tristuras
e croeles desinganos
que, á mais d-a doce calma,
roubaronm´á salú.

Y-ó verme así tan lonxe,
soliño, abandonado,
sin ter un alma amiga
qu´eiquí coide de min,
non soño co´a fertuna,
non quer´o ouro soñado,
só soño c-o retorno
â terra onde nacín.

Alí terei ó menos
ó fin da miña vida
quén un amante bico
me poida ó morrer dar,
terei alí unha foxa,
n-a terra tan querida
en donde o sono eterno
eu poida descansar.

Buenos Aires, 1897.


Tódalas obras orixinais deste autor atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 80 anos.
As traducións poden non estar en dominio público.