Orde do 11 de febreiro de 1994 do Ministerio de Asuntos Sociais

Orde do 11 de febreiro de 1994 sobre creación de ficheiro automatizado de datos de carácter persoal. [1][2]

O artigo 18 da Lei Orgánica 5/1992, do 29 de outubro, de Regulación de tratamento automatizado dos datos de carácter persoal,[3] impón a publicación de disposición xeral para a creación, modificación ou supresión das fichas automatizadas das Administracións Públicas.

A súa vez, o artigo 24.1.a), do Real Decreto 428/1993, do 26 de marzo, polo que se aproba o Estatuto da Axencia de Protección de Datos, establece a inscripción no Rexistro Xeral de Protección de Datos, recollido no artigo 23 do mesmo Real Decreto, dos ficheiros automatizados que conteñan datos persoais e dos cales sexan titulares a Administración Xeral do Estado.

Sendo a información un instrumento técnico de fundamental importancia no sector de servizos sociais, considérase necesaria a colaboración entre as distintas Administracións Públicas nas que se xera a mesma.

A evaluación e análise da demanda dos usuarios á un instrumento técnico de fundamental importancia no sector dos servizos sociais para adecua-los recursos existentes ás necesidades prantexadas e deseñar futuros programas de actuación e o establecemento dun sistema homoxéneo de información que mellore a evaluación e planificación dos programas, é un elemento fundamental dentro do proceso de canalización do sistema público de servizos sociais.

En colaboración cas Comunidades Autónomas, diseñouse un Sistema de Información sobre os Ususarios de Servizos Sociais (SIUSS), comunmente chamado «Ficha Social». Para a explotación do mencionado sistema de rexistro, o Ministerio de Asuntos Sociais elaborou un soporte informático.

Na súa virtude, previo informe da Axencia de Protección de Datos, este Ministerio de Asuntos Sociais tivo a ben disponer:

Primeiro.-

O Ministerio de Asuntos Sociais, en colaboración cas Comunidades Autónomas que suscriban o oportuno convenio, constituirá un sistema de información sobre os ususarios de servizos sociais no que se recollan, mediante soporte informático, os datos básicos dos ususarios dos servizos sociais xerais dependentes das Corporacións Locais.

Segundo.-

Ós efectos previstos no apartado anterior, o Ministerio de Asuntos Sociais porá a disposición das Comunidades Autónomas que así o conveñan un paquete informático para a súa aplicación por éstas e polas Corporacións Locais do seu territorio.

A estructura básica do mesmo estará constituida polos seguintes grandes bloques de información:

I. Datos de identificación de usuarios.

II. Datos sociofamiliares.

III. Datos do hábitat.

IV. Datos de interés social.

Terceiro.-

Os ficheiros automatizados que se establezan nas Corporacións Locais referiranse ós colectivos constituidos polos usuarios de servizos sociais xerais, denominados tamén comunitarios ou básicos, que demandan asistencia e sobre os que se realiza algún proceso de intervención social. Estes ficheiros quedarán baixo a responsabilidade exclusiva das correspondentes Corporacións Locais.

Os datos de carácter persoal que fagan referencia á orixe racial, á saúde e á vida sexual só poderán ser recabados e tratados automatizadamente cando o afectado consinta expresamente.

No convenio a suscribir cas Comunidades Autónomas deberán figura-los requisitos e condicións de seguridade que deben reuni-los ficheiros automatizados e as persoas que interveñan no tratamento automatizado dos datos persoais. Asimesmo deberá especificarse no convenio o sistema de información en que se procesen os ficheiros para obter información agregada e os requisitos esixidos para a inscripción dos citados ficheiros automatizados no Rexistro Xeral de Protección de Datos.

Cuarto.-

O Ministerio de Asuntos Sociais recibirá anualmente das Comunidades Autónomas suscriptoras dos correspondentes convenios de colaboración, os datos que lle remitan as Corporacións Locais do seu territorio dos que, en todo caso, deben quedar excluidos os de indentificación persoal dos usuarios.

A explotación dos referidos datos polo Ministerio de Asuntos Sociais efectuarase de acordo cos seguintes usos:

I. Utilización interna para planificación.

II. Realización de análises de demanda.

III. Realización de perfís de usuarios.

IV. Realización de calquera estudo con datos agregados que permitan mellora-la adecuación dos recursos existentes ás necesidades e demandas prantexadas polos cidadáns.

V. Elaboración dunha memoria interna que será posta a disposición das Comunidades Autónomas suministradoras de datos. Esta memoria conterá datos agregados a nivel provincial como mínimo.

Quinto.-

O ficheiro automatizado que se constitúa no Ministerio de Asuntos Sociais no que, en todo caso, quedan excluidos os datos de identificación persoal, quedará adscrito ós servizos dependentes da Dirección Xeral de Acción Social.

Disposición adicional

editar
Única

Os ficheiros automatizados previstos na presente Orde, así como a explotación estatística dos seus datos, deberán someterse na súa creación e funcionamento ás obrigacións derivadas do disposto nas Leis 5/1992, do 29 de outubro, sobre Regulación de tratamento autorizado dos datos de carácter persoal e 12/1989, do 9 de maio, da Función Estatística Pública.

Disposicións derradeiras

editar
Primeira

Autorízase á Dirección Xeral de Acción Social para dictar no ámbito das súas competencias as disposicións necesarias para a execución do disposto na presente Orde.

Segunda

A presente Orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado».

Madrid, 11 de febreiro de 1994.

ALBERDI ALONSO

  1. ^  Esta Orde continua en vigor en canto non se opoña á Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro. Calquera referencia á Lei Orgánica 5/1992, do 29 de outubro entenderase feita á Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro.
  2. ^  Modificada, en canto que as referencias á Axencia de Protección de Datos deberanse entender realizadas á Axencia Española de Protección de Datos, polo Artigo 79 da Lei 62/2003, do 30 de decembro.
  3. ^  O artigo 18 da Lei Orgánica 5/1992, do 29 de outubro é equivalente ó artigo 20 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro.