Páxina:Cantares Gallegos 1863 Rosalía Castro de Murguía.pdf/28

Esta páxina foi corrixida
—10—

Con ese teu pedir tolo
Que non sei que quer de min,
Pois dinche canto dar puden
Avariciosa de ti,
O meu corason che mando
C unha chave par' ó abrir,
Nin eu teño mais que darche,
Nin ti mais que me pedir.